DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 25 de xuño de 2004 Páx. 9.042

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 115/2004, do 3 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda.

Advertidos erros no Decreto 115/2004, do 3 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 113, do 14 de xuño, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 8.389, na letra f) do artigo 6º, onde di: «f) Apoio ás actuacións do Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia», debe dicir: «f) Apoio ás actuacións da Xunta Superior de Facenda».

Na páxina 8.397, no punto 1 do artigo 14º, onde di: «O Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Lei 13/1991, do 9 de decembro, e regulado polo Decreto 4/1997, do 20 de febreiro, que modificou a súa denominación en virtude do exposto na disposición adicional primeira da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, pola de Xunta Superior de Facenda», debe dicir: «A Xunta Superior de Facenda, creada coa denominación de Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia pola Lei 13/1991, do 9 de decembro, e regulada polo Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, que modificou a súa denominación en virtude do exposto na disposición adicional primeira da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA