DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 24 de xuño de 2004 Páx. 8.983

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 17 de xuño de 2004 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2003 pola que se desenvolve o Decreto 239/2002, do 27 de xuño, e se regulan en réxime de concorrencia competitiva as axudas para reparación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta a necesidade de ampliar os importes previstos na Orde do 16 de decembro de 2003 para financiar as axudas para reparación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública, debido ao volume das solicitudes presentadas e a que as comunidades de propietarios solicitantes que acadarían unha maior puntuación segundo o baremo consumirían case na súa totalidade o importe dispoñible, quedando fóra outras de menor puntuación respecto das que unicamente se podería subvencionar unha actuación parcial, cando o máis axeitado sería proceder á execución integral das obras de reparación para as que solicitan axudas e, en virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o paragrafo 1º do artigo 8 da Orde do 16 de decembro de 2003, que queda redactado nos seguintes termos:

Estas axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 06.60.331A.781.30 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia destinándose para tal fin 1.493.232 A no ano 2004 e 3.591.000 A no ano 2005.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2004.

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA