DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 23 de xuño de 2004 Páx. 8.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 16 de xuño de 2004 pola que se amplía o importe global máximo para a concesión de axudas a investimentos no ámbito da acuicultura para o exercicio 2004, publicada por Orde do 4 de decembro de 2003.

A Orde do 4 de decembro de 2003 pola que se establece o prazo para a presentación de solicitudes de axudas a investimentos no ámbito da acuicultura para o exercicio 2004 e se particulariza o seu importe global máximo, tramitada como expediente anticipado de gasto, dispón no seu artigo 2 que as axudas a que se refire se outorgarán con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.721B.771.1 do proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2004 ata un importe máximo de 4.439.609,50 euros.

Con motivo dunha posterior incorporación de créditos resultou ampliada a dotación da aplicación orzamentaria destinada á citada finalidade, o que permitirá achegar as axudas a un maior número de beneficiarios.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se concedan no exercicio 2004 ao abeiro da Orde do 26 de xullo de 2000 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión de axudas a investimentos no ámbito da acuicultura (DOG nº 150, do 3 de agosto), modificada polas ordes do 1 de decembro de 2000 (DOG nº 49, do 9 de marzo de 2001) e do 26 de novembro de 2002 (DOG nº 231, do 29 de novembro), na cantidade de 2.307.354,10 A con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.721B.771.1, que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2004.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na Orde do 4 de decembro de 2003 para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2004.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos