DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 23 de xuño de 2004 Páx. 8.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de maio de 2004 pola que se autoriza a posta en funcionamento do conservatorio profesional de música de Redondela (Pontevedra).

O conservatorio profesional de música de Redondela vén impartindo as ensinanzas de grao elemental e medio de música, con carácter provisional, en virtude do disposto na disposición transitoria sétima do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, (BOE do 28 de abril).

Realizadas polo Concello de Redondela as obras necesarias para adaptar as instalacións aos requisitos mínimos previstos no artigo 15.1º do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), creáse o dito conservatorio polo Decreto 88/2004, do 29 de abril (DOG do 12 de maio).

Polo anteriormente exposto esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a posta en funcionamento do conservatorio profesional de música de Redondela segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-Facúltanse as direccións xerais de Centros e Ordenación Educativa e a de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as medidas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Redondela.

Localidade: Redondela.

Enderezo: Alfonso XII, 2.

Código: 36024291.

Titular: Concello de Redondela.

Denominación: conservatorio profesional de música de Redondela.

Postos escolares autorizados: 80 de grao elemental e 180 de grao medio.