Examinado o expediente presentado polo centro privado Santiago Apóstol do concello de Narón (A Coruña), en que solicita a ampliación de dúas unidades de educación infantil.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24 de decembro); o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro (BOE do 10 de decembro), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,
DISPÓN:
Autorizarlle a ampliación de dúas unidades de educación infantil ao centro privado Santiago Apóstol de Narón (A Coruña), segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia nas unidades que se amplían.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2004.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Narón.
Localidade: Narón.
Enderezo: r/ Ferrol, s/n, A Gándara.
Denominación: centro privado Santiago Apóstol.
Titular: Sociedad Docente Santiago Apóstol.
Código do centro: 15010204.
Nivel: educación infantil.
Unidades de que constaba: 4.
Unidades novas autorizadas: 2.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 6 unidades.
b) Centro de educación primaria: 12 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.
d) Centro de formación profesional específica: 1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 20 postos escolares).