DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 21 de xuño de 2004 Páx. 8.783

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 125/2004, do 17 de xuño, polo que se dispón o nomeamento do secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 8, parágrafo segundo, da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, por proposta conxunta dos conselleiros de Economía e Facenda e de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de consulta coas organizacións empresariais e sindicais representadas no consello,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia, a Carlos Monclús Díez de Ulzurrun.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública