DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 21 de xuño de 2004 Páx. 8.781

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 122/2004, do 17 de xuño, polo que se dispón o cesamento do secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 10 a) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e no artigo 44 do seu Regulamento de réxime interno (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), por proposta conxunta dos conselleiros de Economía e Facenda e de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia Carlos Monclús Díez de Ulzurrun.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública