DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 18 de xuño de 2004 Páx. 8.708

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de maio de 2004 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, que aproba a reorganización do seu persoal directivo.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 111, do 10 de xuño de 2004, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 8.238, onde di: «2.1.1. Subdirección de Promoción.

2.1.2. Subdirección de Difusión Tecnolóxica.

2.1.1. Subdirección de Promoción, que exercerá, baixo a dependencia directa do director da área, as seguintes funcións:»; debe dicir: «2.1.1. Subdirección de Promoción Empresarial.

2.1.2. Subdirección de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais.

2.1.1. Subdirección de Promoción Empresarial, que exercerá, baixo a dependencia directa do director da área, as seguintes funcións:»

-Na páxina 8.239, onde di: «2.1.2. Subdirección de Difusión Tecnolóxica, que exercerá, baixo a dependencia directa do director da área, as seguintes funcións:»; debe dicir: «2.1.2. Subdirección de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais, que exercerá, baixo a dependencia directa do director da área, as seguintes funcións:»