DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 16 de xuño de 2004 Páx. 8.591

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 109/2004, do 27 de maio, de modificación do Decreto 56/2000, do 3 de maio, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia.

Publicado o devandito decreto no Diario Oficial de Galicia nº 108, do 7 de xuño de 2004, advírtese un erro no seu artigo 8.2º do mesmo, polo que cómpre a súa corrección.

Onde di:

«Artigo 8.2º:

2. O Pleno da Comisión Galega de Protección civil estará composto por:

c) Vogais:

-Representantes da Xunta de Galicia: os directores xerais de Interior e Protección Civil, de Organización e Sistemas Informáticos; de Obras Públicas; de Transportes; de Centros e Inspección Educativa; de Industria, Enerxía e Minas; de Comunicación Social e Audiovisual; de Saúde Pública; da División de Asistencia Sanitaria; de Administración Local; de Relacións Laborais; de Montes e Industrias Forestais; de Voluntariado, do organismo autónomo Augas de Galicia e o subdirector xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación».

Debe dicir:

«Artigo 8.2º:

2. O Pleno da Comisión Galega de Protección civil estará composto por:

c) Vogais:

-Representantes da Xunta de Galicia: os directores xerais de Interior e Protección Civil; de Organización e Sistemas Informáticos; de Obras Públicas; de Transportes; de Centros e Inspección Educativa; de Industria, Enerxía e Minas; de Comunicación Social e Audiovisual; de Saúde Pública; da División de Asistencia Sanitaria; de Administración Local; de Relacións Laborais; de Montes e Industrias Forestais; de Voluntariado, da Academia Galega de Seguridade, do organismo autónomo Augas de Galicia e o subdirector xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA