DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 15 de xuño de 2004 Páx. 8.480

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2004 pola que se fan públicas as taxas para aboar pola inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Universidade de Santiago de Compostela (USC), de conformidade coa Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia do 11 de decembro de 2003 publicouse a Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta norma, aplicable á USC en virtude do seu artigo 3 establece as taxas por servizos administrativos.

Este reitorado,

RESOLVEU:

Primeiro.-As taxas para aboar pola inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da USC, de conformidade coa Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, actualizadas pola Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, serán:

Para acceder a un posto de traballo do grupo A ou grupo I do convenio: 36,72 A.

Para acceder a un posto de traballo do grupo B ou grupo II do convenio: 31,62 A.

Para acceder a un posto de traballo do grupo C ou grupo III do convenio: 27,54 A.

Para acceder a un posto de traballo do grupo D ou grupo IV do convenio: 22,44 A.

Segundo.-A Universidade poderá determinar para a inscrición en listas de espera o pagamento da taxa establecida na devandita lei.

Terceiro.-A taxa aboarase no momento en que se presente a solicitude para participar no proceso selectivo ou para inscribirse nunha lista.

Cuarto.-O pagamento das taxas poderá exixirse no momento da solicitude por coincidir este co devengo.

Quinto.-Gozarán de exención na inscrición nas convocatorias para a selección de persoal as persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33%, logo de xustificación documental.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2004.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA