DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 15 de xuño de 2004 Páx. 8.473

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas de Lugo.

Visto o acordo de aprobación das táboas salariais para o ano 2003 do convenio colectivo do sector edificación e obras públicas de Lugo (código 2700255), para os efectos de que sirva de base para a aplicación do incremento económico que se pacte para as táboas salariais do seguinte convenio, que foi asinado o día 30 de marzo de 2004, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC) de Lugo e das centrais sindicais MCA-UGT (48,4%), FECOMA-CC.OO. (27,7%), FCM-CIG (14,6%) e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de abril de 2004.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT co 48,4%:

Adolfo Mosteirín Turia.

Carlos García Vázquez.

José Seijas Rouco.

José Manuel Sánchez Moure.

Por FECOMA-CC.OO. co 27,7%:

José Antonio Cabo Martínez.

Jesús Varela Lodeiro.

José Manuel Brea Méndez.

Por FCM-CIG co 14,6%:

Ignacio Javier García Gómez.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Luis Vigo Lage.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

Luciano Méndez Lodos.

Manuel Sánchez Varela.

José Bouso Alvite.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo o 30 de marzo de 2004, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, e que integran

a comisión mixta deliberadora do convenio de edificación e obras públicas da provincia de Lugo, recoñecéndose lexitimación para negociar en razón da representatividade que desempeñan, adoptan os seguintes acordos:

1º Aplicación da cláusula de garantía salarial establecida no artigo 7 do convenio, aprobándose a táboa que se lle xunta, sen efecto retroactivo e para os únicos efectos de servir de base para as táboas salariais do convenio do ano seguinte.

2º Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Galicia en Lugo para o seu rexistro e envío ao DOG e ao BOP.

E en proba de conformidade asinan a acta os integrantes da comisión mixta deliberadora, no lugar e data indicados no encabezamento.

Convenio provincial de edificación e obras públicas de Lugo (ano 2003)

Táboa de retribucións (actualización)

Vixencia: 1-1-2003 ata o 31-12-2003

MensualAnual

NiveisCategoríaComplem.Complem.GratificaciónsTotal anualHoras extras

Salario baseasit./produ.

puntualidade

extrasalarialTotalVacaciónsXulloNadal

IITitulado superior634,18170,2065,97870,35840,83840,83840,8312.096,3410,48

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc. org. 1ª633,50170,2065,94869,64840,83840,83840,8312.088,539,82

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xral. de fábrica, encargado xeral632,82170,2065,89868,91840,83840,83840,8312.080,509,50

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras632,13170,2065,85868,18840,83840,83840,8312.072,479,18

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra631,67170,2065,82867,69840,83840,83840,8312.067,088,86

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz626,40162,4564,85853,70832,81832,81832,8111.889,138,63

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servizos, analista de 2ª, oficial de 1ª de oficio615,79150,8563,18829,82818,22818,22818,2211.582,688,49

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux. organiz. vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio610,35141,7362,09814,17809,62809,62809,6211.384,737,54

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio604,36128,0760,66793,09798,96798,96798,9611.120,876,99

XIEspecialista de 2ª, peón especial599,09120,3359,70779,12790,93790,93790,9310.943,116,75

XIILimpadora, peón ordinario592,54112,6858,62763,84781,67781,67781,6710.747,256,68