DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 15 de xuño de 2004 Páx. 8.469

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 2004 pola que se fai pública a validación dun curso de especialidade en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), no seu artigo 2 establece que se lles validará o curso de especialidade en lingua galega aos licenciados en filoloxía e aos diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que estean en posesión dos certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Polo anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Conceder a validación dun curso de especialidade en lingua galega ás persoas que se relacionan a seguir,

por reuniren os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde de 26 de novembro de 1993:

María del Carmen López Otero: 33855123.

Adela Castro Romero: 76405447.

Mercedes Leobalde García: 32778663.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expediralles os correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria