O Decreto 200/2003, do 20 de marzo, establece no seu artigo 3.3º como rexistros da Comunidade Autónoma de Galicia as oficinas de rexistro das consellerías, organismos autónomos, entidades de dereito público e demais entes públicos vinculados ou dependentes delas. Cómpre, por tanto, por esta orde proceder a completar o anexo I do mesmo incluíndo nel o rexistro da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), ente público vinculado á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Por outra banda, o Decreto 200/2003, do 20 de marzo, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. A presente orde inclúe no anexo VII do Decreto 200/2003, os novos procedementos de tramitación telemática, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.
De conformidade co disposto no artigo 2.2º, e disposicións adicional primeira, e derradeira primeira, do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á creación do rexistro telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Engádese ao anexo I, oficinas de Rexistro da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á creación do rexistro telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán e queda, pois hablilitada cos efectos previstos no artigo 3.3º deste, a seguinte oficina de rexistro:
-Rexistro da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), sito no IES Com
postela, rúa Lamas de Abade s/n, Santiago de Compostela, A Coruña, como rexistro do ente público vinculado á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ACSUG.
Artigo 2º
1. Inclúense no anexo VII do Decreto 200/2003, do 20 de marzo, (procedementos para os que está habilitado o rexistro telemático da Xunta de Galicia), e quedan pois habililitados cos efectos previstos no seu artigo 5.1º, os seguintes procedementos:
* XI 104 A Recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta.
* XI 104 B Impugnación da resolución da comisión de asistencia xurídica gratuíta.
* XI 104 C Insostenibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.
* XI 104 D Queixas e reclamacións por actuacións dos profesionais nos casos de asistencia xurídica gratuíta.
2. Os procedementos para a tramitación electrónica estarán dispoñibles no enderezo http://www.xunta.es/servicios/
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2004.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública