DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 08 de xuño de 2004 Páx. 8.148

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (Nigrán UTE).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (Nigrán UTE), con nº de código 3603883, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 30-4-2004, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 28-4-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de maio de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo

Anos 2004, 2005, 2006 e 2007

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da empresa Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (Nigrán UTE), concesionaria do servizo municipal de abastecemento e saneamento de auga de Nigrán.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro do 2004 sexa cal fose a data da súa publicación. Terá unha vixencia de catro anos, que rematará o 31 de decembro de 2007.

Artigo 3º.-Denuncia.

Ambas as partes consideran automaticamente denunciado o presente convenio ao final da súa vixencia, 31 de decembro de 2007, comprometéndose a iniciar a negociación do próximo convenio un mes antes da finalización da vixencia do actual.

Artigo 4º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base do convenio e os complementos que para cada actividade e categoría se determinan no articulado do convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5º.-Salario base.

Ano 2004: o salario base de convenio é o fixado na táboa anexa I.

Ano 2005: os salarios para o ano 2005 fixaranse tomando como base os salarios do ano 2004, incrementados no IPC real do ano 2004.

Ano 2006: os salarios para o ano 2006 fixaranse tomando como base os salarios do ano 2005, incrementados no IPC real de 2005 máis un punto.

Ano 2007: os salarios para o ano 2007 fixaranse tomando como base os salarios do ano 2006, incrementados no IPC real do ano 2006.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Todos os traballadores afectados por este convenio percibirán en concepto de antigüidade as cantidades fixadas na táboa anexa nº II.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise no primeiro ou no segundo semestre do ano.

Artigo 7º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá, por este concepto, o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexa I.

A participación en beneficios percibirase mensualmente.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe cada unha delas dunha mensualidade, calculada sobre o salario base máis a antigüidade, que serán efectivas o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte xeito:

TrimestreAboamento

Xaneiro, febreiro, marzoMarzo

Abril, maio, xuñoXuño

Xuño, agosto, setembroSetembro

Outubro, novembro, decembroDecembro

O persoal de novo ingreso, ou que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo e xuño, que corresponda ao tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio aplicarase para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 9º.-Complemento de toxicidade.

O complemento por traballos tóxicos fíxase en 15 A/mensuais por mes efectivamente traballado para toda a vixencia do convenio.

Aplicarase cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, ao persoal implicado nos devanditos traballos, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento ou saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de 114 A/mes para o ano 2004, 120 A/mes para o ano 2005, 123 A/mes para o ano 2006 e 126 A/mes para o ano 2007 por este concepto, entendéndose, en todo caso, absorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de complemento de distancia. O complemento de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realizar as horas extraordinarias necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estrutural, por mor da natureza do traballo para executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa III.

Artigo 12º.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa percibirá a cantidade de 0,23 A/km. Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Enténdese que as melloras pactadas serán de aplicación a partir da data da sinatura do convenio colectivo.

Artigo 13º.-Persoal de dispoñibilidade/garda semanal.

O personal operario dividirase en dous grupos: os responsables das redes e os responsables dos equipos. Ambos os dous disporán dun buscapersoas cada un, para realizar as respectivas gardas.

O persoal de equipos é o responsable da parte eléctrica e mecánica dos equipos instalados, así como da supervisión do telemando e telecontrol. Ademais encargarase do correcto funcionamento da ETAP e vixilancia do nivel dos depósitos.

O persoal de rede é o responsable do resto.

O luns, ao principio de cada semana, entrarán de garda un traballador de rede e outro de equipos para atender as tarefas respectivas, prolongándose a garda ata o luns seguinte. Os devanditos traballadores portarán o buscapersoas correspondente fóra do horario laboral e atenderán debidamente os avisos que reciban durante toda a semana.

En ningún caso o mesmo traballador permanecerá de dispoñibilidade máis de dúas semanas ao mes.

As roldas de control de fin de semana e días festivos dependerán das necesidades de cada momento, e a súa oportunidade será decidida previamente pola xefatura do servizo, quen llo comunicará ao traballador encargado, sinalándolle as tarefas para desenvolver durante o seu percorrido.

Estas roldas serán obrigatorias e rotativas para todos os operarios do cadro de persoal.

As roldas realizaranse en cómputo anual, a metade por persoal de equipos e a outra metade por persoal de rede.

O traballador ou traballadores de dispoñibilidade semanal percibirán en concepto de dispoñibilidade para a garda, segundo sexa día laborable ou non laborable, as cantidades que se sinalan:

AnosDía laborableDía non laborable

2004 9,25 A16,50 A

200510,00 A17,50 A

200610,60 A18,00 A

200711,50 A18,70 A

Se fose necesario a realización de roldas durante a fin de semana ou días festivos, encomendadas as tarefas correspondentes, estas retribuiranse como horas extraordinarias efectivamente traballadas. Do mesmo xeito a atención dos avisos de avarías nas

redes ou equipos, recibidos a través do buscapersoas durante a garda, retribuiranse como horas extraordinarias efectivamente traballadas.

No caso de avarías dunha grande entidade ou que poidan causar unha importante deterioración na imaxe do servizo, a xefatura deste poderá determinar, se fose preciso, a localización de persoas de apoio para axudar á súa reparación, no suposto de que o persoal de garda non fose suficiente para iso.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais distribuídas segundo o seguinte horario:

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Meses de xullo e agosto:

Persoal de administración: de 8.00 a 15.00 horas.

Persoal de explotación: de 7.00 a 14.00 horas.

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e fin de ano (31 de decembro) serán non laborables.

A xornada anual de traballo durante os catro anos de vixencia será de 1752 horas anuais.

Artigo 15º.-Vacacións.

Todos os traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta (30) días naturais, que se gozarán preferentemente no período comprendido entre o primeiro de abril e o 31 de outubro, quedando excluído o seu desfrute nos meses de xornada intensiva.

A retribución en período vacacional será: salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

Artigo 16º.-Festas.

Terán a consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da patrona. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 17º.-Licenzas e permisos.

O traballador, logo do aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

-15 días naturais en caso de matrimonio.

-3 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe, fillos, pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou cónxuxe.

-3 días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos.

-2 días naturais en caso de enfermidade grave de pais, avós, netos e irmáns do traballador ou cónxuxe.

-3 días naturais polo nacemento de fillo.

-1 día por traslado de domicilio.

-1 día por asuntos propios, logo de aviso de 72 horas.

-2 días de descanso anuais (mutuo acordo empresa/traballador mediante solicitude do traballador cunha antelación de 15 días).

As licenzas enténdense vinculadas ao feito causante, debéndose desfrutar ao producirse este.

Artigo 18º.-Anticipos reintegrables.

Todos os traballadores afectados polo convenio poderán solicitar, con cargo ao fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables que serán concedidos pola dirección da empresa.

A forma de amortización será:

Unha mensualidade para amortizar en doce meses.

Dúas mensualidades para amortizar en vinte e catro meses.

Establécense 1.202 euros como cantidade máxima para solicitar por anticipo e solicitante.

Terán prioridade para a concesión dos anticipos reintegrables aqueles traballadores que non solicitaran nunca o mesmo, ou que de facelo, deixasen transcorrer máis tempo desde o pagamento da última amortización.

A empresa destinará para este fin a cantidade de 3.606 euros.

Consideraranse incluídas no fondo de cada ano as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

Artigo 19º.-Fondo social.

O importe do fondo social para axuda de estudos, cultura, deporte, turismo social, etc., con destino a todos os traballadores será de:

-Ano 2004: 1.000 A.

-Ano 2005: 1.070 A.

-Ano 2006: 1.140 A.

-Ano 2007: 1.210 A.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución e contía para aplicar en cada caso, por proposta do delegado de persoal.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

Subministraránselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

-Camisa de manga curta: 2 ao ano.

-Camisa de manga longa: 2 ao ano.

-Pantalón: 2 ao ano.

-Calzado de seguridade: 1 par ao ano.

-Anorak: 1 cada dous anos.

-Chaqueta curta e pantalón: 2 ao ano.

-Xersei de inverno: 2 ao ano.

-Roupa de auga: cando o posto de traballo así o requira.

-Botas de seguridade: 1 par ao ano.

-Luvas de caucho: segundo necesidades.

-Botas de auga: 1 par ao ano.

-Chaleco: 2 ao ano.

-Gorra: 2 ao ano.

A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente o primeiro de outubro para a roupa de inverno e o primeiro de xuño para a roupa de verán.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) No caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 20.000 A.

b) No caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 20.000 A.

Artigo 22º.-Situación de incapacidade temporal.

A empresa aboaralles a todos os traballadores durante a situación de IT derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día a diferenza entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

Do mesmo xeito, complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade e participación en beneficios, nos casos de hospitalización e mentres dure esta. A devandita situación deberase acreditar fidedignamente para xerar o dereito a este complemento.

Artigo 23º.-Seguridade e hixiene.

Será de aplicación a lexislación vixente sobre seguridade e saúde laboral e ambas as partes velarán polo seu estrito cumprimento.

Artigo 24º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que a un traballador, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo a función que lle foi asignada, se lle retirase o permiso de conducir, a empresa acomodarao a outro posto de traballo axeitado as súas facultades e respectarase a retribución da súa categoría profesional, por un máximo de 2 anos. Ao remate da suspensión será reintegrado ao seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir se deba a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción, ou cando exista reincidencia.

Artigo 25º.-Lexislación subsidiaria.

En todo no que non está recollido no presente convenio, rexerá o que dispoña o Estatuto dos traballadores e o convenio estatal das industrias de captación, elevación, condución, tratamento, depuración y distribución de agua e demais normas vixentes aplicables.

Artigo 26º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria que estará constituída por un representante designado polos traballadores e un representante designado pola dirección da empresa, que formarán parte da comisión negociadora do convenio.

Todos os conflitos, tanto individuais como colectivos que puidesen xurdir durante a vixencia do presente convenio, deberán someterse, como trámite previo e preceptivo, a ditame desta comisión.

Artigo 27º.-Definición e categorías.

* Persoal técnico e administrativo:

Xefes de servizo.

Son os que posuíndo a capacidade e coñecementos adecuados, teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade a dirección ou inspección (ou ambas as dúas funcións) da explotación.

Oficiais de segunda administrativos.

Son os empregados que, con perfecto coñecemento do traballo da categoría inferior e ás ordes dun xefe ou oficial, desenvolven traballos de mediana responsabilidade, tales como confección de nóminas, control e liquidación de efectos ao cobramento, operacións de contabilidade, transcrición a libros ou outros medios, organización de arquivos ou ficheiros e demais traballos auxiliares.

Auxiliares administrativos.

Son os que axudan os seus superiores nos traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

* Persoal operario:

Oficiais de primeira.

Son os que posuíndo un oficio determinado o practican e aplican con tal grao de perfección que non só lle permiten levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senón aqueloutros que supoñen especial empeño e delicadeza dentro del, con coñecemento completo dos traballos de taller, das instalacións de produción ou da rede de distribución, coidan do seu cumprimento e dirixen persoalmente os traballos do persoal obreiro, con perfecto coñecemento das tarefas que estes efectúan, sendo responsables da súa disciplina, seguridade e rendemento, así como da perfecta execución do traballo.

Oficiais de segunda.

Integran esta categoría aqueles operarios que, sen chegaren á especialidade exixida para o traballo máis perfecto, executan coa suficiente corrección e eficacia, tarefas de carácter xeral ou específicas nos talleres, nas instalacións de produción ou na rede de distribución.

Este persoal poderá estar actuando ás ordes de persoal de superior categoría, ou ter ao seu cargo persoal de categoría inferior, cando o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

Oficiais de terceira.

Considéranse como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un oficio, executan os traballos de acordo coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun superior.

Peóns especialistas.

Son os empregados que con determinados coñecementos dunha especialidade a executan e axudan os

oficiais. Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos clientes nos rexistros da empresa e libretas ou outros medios que teñan ao seu dispor, ordenando a situación dos contadores nas rutas de lectura, así como as accións necesarias e oportunas para realizar a posterior facturación das subministracións, segundo as normas e costumes da organización da empresa; debendo dar conta aos seus superiores das anomalías que se observen con motivo da lectura dos contadores.

A retribución pola realización da lectura do servizo de Nigrán será de:

Para os anos 2004 e 2005: 60 euros por cada período de lectura.

Para os anos 2006 e 2007: 80 euros por cada período de lectura.

Peóns.

Realizan as actividades da empresa que non precisan unha capacitación específica e cantas requiran

a súa colaboración para alcanzar os obxectivos encomendados.

Os peóns con antigüidade superior a dous anos ascenderán automaticamente a peóns especialistas.

Táboa anexa I

CategoríasAno 2004

Persoal técnico e administrativo:
Xefe de servizo1.120 A/mes
Oficial 2ª administrativo925 A/mes
Auxiliar administrativo652 A/mes
Persoal operario:
Oficial 1ª operario938 A/mes
Oficial 2ª operario929 A/mes
Oficial 3ª operario724 A/mes
Peón especialista642 A/mes
Peón630 A/mes

Táboa anexa II

Antigüidade

Categoría1 bienio2 bienios2 b. e 1 q.2 b. e 2 q.2 b. e 3 q.2 b. e 4 q.

Todas10,22 A/mes20,44 A/mes45,68 A/mes72,12 A/mes96,16 A/mes120,20 A/mes

Táboa anexa III

Valor hora extra diúrna-nocturna e festiva

Anos

2004 e 2005

Anos

2006 e 2007

Persoal técnico e administrativo:

Oficial 2ª administrativo15 A/hora17 A/hora

Auxiliar administrativo13 A/hora15 A/hora

Persoal operario:

Oficial 1ª operario15 A/hora17 A/hora

Oficial 2ª operario15 A/hora17 A/hora

Oficial 3ª operario13 A/hora15 A/hora

Peón especialista13 A/hora15 A/hora

Peón13 A/hora15 A/hora

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA