DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 08 de xuño de 2004 Páx. 8.147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 1 de xuño de 2004 pola que se resolve a cesión de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), para misións de protección civil.

Por Orde do 20 de febreiro de 2004 (DOG nº 48, do 9 de marzo), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local ditou normas para a cesión en propiedade de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), para misións de protección civil, aos concellos e mancomunidades de concellos galegos.

Visto o informe técnico emitido polos delegados provinciais de protección civil e a proposta de resolución da Comisión Avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde do 20 de febreiro,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.03.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, a

cesión en propiedade de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), aos concellos da provincia da Coruña: Ares, Arteixo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cariño, Cedeira, Cee, Corcubión, A Coruña, Dumbría, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Miño, Muros, Muxía, Noia, Ortigueira, Outes, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada e Valdoviño; da provincia de Lugo: Barreiros, Burela, Cervo, Chantada, Foz, Ribadeo, O Vicedo, Viveiro e Xove; da provincia de Ourense: Avión, O Carballiño, Coles, Muíños, Ourense e A Veiga; e da provincia de Pontevedra: Bueu, Cambados, Cangas, Catoira, O Grove, A Guarda, Marín, Moaña, Mondariz, Pontecesures, Portas, Redondela, Sanxenxo, Tui e Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, Vigo e Vilaboa.

Segundo.-Notificarlles o contido desta resolución os concellos e mancomunidades beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizará mediante acta na que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2004.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local