DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 08 de xuño de 2004 Páx. 8.142

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de maio de 2004 pola que se trasladan as ensinanzas da familia profesional de edificación e obra civil na cidade da Coruña.

O novo sistema de formación profesional, dentro do marco da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño (BOE do 20 de xuño), das cualificacións e da formación profesional, así como do Plan galego de Formación Profesional, caracterízase pola flexibilidade das ensinanzas e a súa adaptación permanente ás demandas de cualificación do tecido produtivo.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co ánimo de optimizar os recursos existentes, así como favorecer nun futuro a diversificación da oferta formativa da familia profesional de edificación e obra civil, incorporando novas ensinanzas que posibiliten a cualificación profesional en novos perfís profesionais, considera necesario a reorganización destas ensinanzas na cidade da Coruña.

Tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o traslado das ensinanzas da familia profesional de edificación e obra civil, tal e como aparecen recollidas no anexo I.

Segundo.

1. O profesorado do corpo de profesores de ensino secundario ou do corpo de profesores técnicos de formación profesional, das especialidades de construcións e obras civís e oficina de proxectos de contrución, con destino definitivo nos institutos de educación secundaria Ánxel Casal-Monte Alto e Fernando Wirtz Suárez da Coruña, que se relacionan no anexo II, pasan a ter destino definitivo no instituto de educación secundaria de Someso, con efectividade do 1 de setembro de 2004.

2. Asemade, terán destino definitivo no IES de Someso, coa mesma efectividade, o profesorado das especialidades anteriormente citadas que obteñan destino definitivo no IES Ánxel Casal-Monte Alto ou no IES Fernando Wirtz Suárez, na resolución definitiva do concurso de traslados actualmente en tramitación.

3. O profesorado a que se refire o punto 1 deste epígrafe contará, para todos os efectos de antigüidade na praza, coa xerada na súa praza e centro de orixe.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Autorízanse a Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as normas para a aplicación e o desenvolvemento do establecido nesta orde.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

EnsinanzasCentro de orixeCentro de destinoConcello

Familia profesional de edificación e obra civilCódigoDenominaciónCódigoDenominaciónA Coruña

CódigoDenominación

CS08001Desenvolvemento e aplicación de proxectos

de construción

15005397IES Fernando Wirtz Suárez15024513IES SomesoA Coruña

CS08002Desenvolvemento de proxectos urbanísticos

e operacións topográficas

CS08003Realizacións e plans de obra15022607IES Ánxel Casal-Monte Alto15024513IES SomesoA Coruña

ANEXO II

NomeDNI

Arenas Castro-Acuña, Carlos23761091

Villaverde López, Luis Miguel32412958

Calo Huarriz, Francisco14979782

Rodríguez Salgueiro, María Luz34242228

Seijo Casal, José M.32377131

NomeDNI

Verdejo Rodríguez, Julita35277585

Bello Llorente, Juan32764966

Chao Carreiras, Eusebio32773442

Rivera Alén, Pura32425662

Rodríguez Ferreira, José Ricardo33211631

Suárez Sánchez, Juan Ramón32419333

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO