DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 02 de xuño de 2004 Páx. 7.837

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2004 pola que se convoca un seminario sobre policía e sociedade.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun seminario sobre policía e sociedade, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer os fundamentos e principios nos que se basa a filosofía da policía comunitaria.

-Dominar unha serie de técnicas de comunicación e organización de reunións, que faciliten o traballo dos policías.

-Coñecer o Manual de Policía Comunitario como ferramenta de traballo que inclúe conceptos, orientacións e métodos de traballo.

Destinatarios.

O seminario vai dirixido aos xefes dos corpos das policías locais de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

40.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste seminario deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo. Terán preferencia os xefes dos corpos, e no seu defecto, os mandos destes.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de xuño de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O seminario desenvolverase durante os días 21, 22 e 23 de xuño de 2004.

O horario será das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 horas, excepto o día 23, que só será en xornada de mañá.

Contido.

No seminario desenvolveranse os seguintes temas:

-Técnicas e métodos de traballo para análise básica socio-policial.

-Técnicas e procedementos de relación policía-comunidade.

-Planificación e organización de unidades de policía comunitaria.

-Técnicas e procedementos operativos de policía comunitaria.

-Programas e campañas de relación coa comunidade.

Recepción de comunicacións.

Todos aqueles que queiran participar neste seminario como relatores deberán poñerse en contacto co servizo de formación da AGS, no teléfono 986 59 00 21.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 17 de xuño a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do seminario entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modificar o desenvolvemento normal do seminario para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 24 de maio de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA