DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 02 de xuño de 2004 Páx. 7.835

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo das empresas organizadoras do xogo do bingo para o ano 2003.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo das empresas organizadoras do xogo do bingo, que subscribiu a comisión paritaria do referido convenio

o 11 de marzo de 2004, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2004.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

En Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2004, os membros da comisión paritaria do convenio colectivo das empresas organizadoras do xogo do bingo acordaron asinar a revisión salarial para o ano 2003, unha vez coñecido o IPC real correspondente a ese ano. Neste sentido apróbanse as táboas salariais correspondentes a este ano, e con vixencia desde o un de xaneiro de 2003.

Táboas ano 2003 revisadas

* Salario base:

Categoría A (A)Categoría B (A)Categoría C (A)

Sala especial985,31898,95812,58

Sala 1898,95838,49769,42

Sala 2812,58769,42726,23

Sala 3747,82726,23708,96

* Complemento prolongación de xornada:

-Categoría A: 26,59 A.

-Categoría B: 25,37 A.

-Categoría C: 22,66 A.

* Quebranto de moeda: 34,42 A.

* Complemento de transporte: 55,07 A.

* Horas extraordinarias:

-Categoría A: 13,19 A.

-Categoría B: 12,42 A.

-Categoría C: 11,65 A.