DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 02 de xuño de 2004 Páx. 7.834

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de maio de 2004 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorecer a aprendizaxe activa de linguas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de decembro de 2003, convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorecer a aprendizaxe activa doutras linguas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sétimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ao concepto orzamentario 07.04.322T.480.0 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, as axudas que se relacionan no anexo I, correspondentes ao segundo prazo, por un importe total de 152.350,75 euros.

Segundo.-Recoller no anexo II as axudas denegadas.

Terceiro.-De acordo co artigo noveno da orde de convocatoria as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, aboarase un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo da aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada a actividade e despois da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, xuntando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.4º e) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez finalizada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Aceptar a axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de dez días contados a partir do da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilitar a información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poda efectuar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustificar o correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

Unha vez efectuada a viaxe, o centro docente, como entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, tramitar a seguinte documentación no prazo máximo dun mes:

1. Memoria. Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúe:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles. A memoria estará acompañada por unha certificación do director do centro na que se faga constar o nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe.

2. Xustificación dos gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do consello escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados, así como unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro de 1999), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Axudas concedidas

Centro escolarTipo

acción

Título proxecto

profesores

alumnos

País

destino

Data

inicio

Data

fin

Axuda

solicitada

Axuda

concedida

CPI Manuel Padín Truiteiro, Soutomaior (Pontevedra)EAIntercambio lingüístico alumnos Blackpool-Aracade 220Reino Unido3-9-200413-9-200410.200 A7.510 A

CPI Rodeiro-Rodeiro (Pontevedra)EAGalia-Bretaña, dúas culturas mesma orixe210Francia22-3-20041-4-20043.700 A3.370 A

CEIP de Carballedo-Cotobade (Pontevedra)VEPatrimonio cultural europeo10Noruega9-4-200414-4-20041.400 A1.050 A

IES de Meaño-Dena (Pontevedra)EAUne aproche culturalle 214Francia23-3-20042-4-20045.258 A4.370 A

CEIP Santa Rita-Galdo-Viveiro (Lugo)EAXabarín en Saxonia II211Alemaña29-5-20045-6-20044.585 A4.585 A

IES Fontexería-Muros (A Coruña)EAA xuventude e a adolescencia en Europa339Francia13-5-200423-5-20048.148 A8.148 A

IES nº1 de Ribeira-Ribeira (A Coruña)EAIntercambio Galicia-Suecia226Suecia4-6-200416-6-200413.975,18 A11.560 A

Colexio María Auxiliadora-Lugo (Lugo)EAIntercambio Lugo-Arras225Francia24-3-20042-4-200410.817,50 A7.120 A

IES do Castro-Vigo (Pontevedra)EAAbrindo camiños220Reino Unido16-9-200425-9-20047.510 A7.510 A

Colexio Sta. María-A Coruña (A Coruña)EAIntercambio lingüístico-cultural215Francia1-11-200415-11-20044.060 A4.060 A

IES Porta da Auga-Ribadeo (Lugo)EAIntercambio con Francia224Francia17-9-200429-9-20046.906,40 A6.870 A

IES de Curtis-Curtis (A Coruña)VPVisita preparatoria. Estadía en Francia10Francia1-6-200410-6-2004750 A750 A

IES de Barro-Barro (Pontevedra)EAO noso instituto: Estudo comparativo ESO219Francia12-6-200422-6-20047.851 A5.620 A

IES María Sarmiento-Viveiro (Lugo)EAConnaissance d'une langue et decouverte d'un pays.113Francia26-3-20046-4-20042.728,66 A2.728,66 A

IES Ribeira do Louro-O Porriño (Pontevedra)VPO inglés como vía de comunicación no contexto internacional10Irlanda 20-6-200427-6-2004950 A950 A

IES Vilar Ponte-Viveiro (Lugo)EAConaissance d'une langue et decouverte d'un pays331Francia26-3-20046-4-20046.789,42 A6.789,42 A

IES Monte da Vila-O Grove (Pontevedra)EAO noso instituto: Estudo comparativo ESO227Francia12-6-200422-6-20048.538 A7.620 A

ACEESCA-O Porriño (Pontevedra)VPPersoas discapacitadas físicas desde a perspectiva.10Rep. Checa17-5-200422-5-2004950 A950 A

IES Río Cabe-Monforte (Lugo)EAGalia-Bretaña, tan lonxe, tan preto229Francia25-3-20044-4-20048.945 A8.120 A

Colexio La Salle-Ferrol (A Coruña)EAOs nosos costumes224Francia30-4-20046-5-20044.600 A4.600 A

IES Arzobispo Xelmírez I-Santiago de Compostela (A Coruña)EAIntercambio escolar con Francia220Francia14-5-200423-5-20045.870 A5.870 A

Colexio Apóstol Santiago, Vigo (Pontevedra)EAGalia-Kent, terras de peregrinacións115Reino Unido25-4-20047-5-20045.380 A5.380 A

IES Monte das Moas-A Coruña (A Coruña)EACulturas europeas. Geneurations217Holanda5-3-200414-3-20046.535 A6.535 A

IES Carlos Oroza-Pontevedra (Pontevedra)VEA Galician-Scottish10Reino Unido21-8-200431-8-2004872 A872 A

IES Rafael Dieste-A Coruña (A Coruña)EAA vida escolar en Suecia210Suecia 19-3-200429-3-20045.854 A5.160 A

IES de Becerreá-Becerreá (Lugo)EAAprender no diálogo228Italia16-10-200425-10-200423.976,70 A10.110 A

IES Monte Castelo-Burela (Lugo)VPVocatinal training: training periods in E.U. 10Italia31-3-20044-4-2004900 A900 A

IES Campo de San Alberto-Noia (A Coruña)EACeltic connections between Wight and Noia 224Reino Unido29-9-200410-10-200412.020 A7.185 A

Colexio La Salle-Santiago de Compostela (A Coruña)EAIntercambio cultural Santiago-Malmö225Suecia18-9-200427-9-200416.250 A6.057,67 A

ANEXO II

Axudas denegadas

Centro escolarTipo

acción

Título proxecto

profesores

alumnos

País

destino

Data

inicio

Data

fin

Axuda

solicitada

Axuda

concedida

IES Ribeira do Louro-O Porriño (Pontevedra)VPA aprendizaxe dunha lingua estranxeira10Malta20-6-200427-6-20041.050 ATen unha axuda concedida neste mesmo prazo

IES A Pinguela-Monforte (Lugo)EAGalia-Bretaña, tan lonxe, tan preto116Francia25-3-20044-4-20045.108 ATen unha axuda concedida para un intercambio de alumnos no primeiro prazo

IES Ramón Otero Pedrayo-A Coruña (A Coruña)EADo atlántico ao adriático221Italia27-9-20046-10-20047.835 ATivo axuda en anos anteriores e valoración insuficiente