DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 01 de xuño de 2004 Páx. 7.785

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2004 pola que se modifica a delegación de sinatura da postestade certificante do secretario xeral en determinados órganos.

Por Resolución do 14 de xullo de 2003 (DOG do 18 de agosto e 17 de outubro), aprobouse a delegación de sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos.

Producida unha reorganización administrativa no ámbito da xestión académica que supuxo a integración da xestión do terceiro ciclo no Servizo de Xestión Académica, cómpre adaptar a delegación á nova estrutura administrativa.

Por outra banda, e co obxecto de obter unha mellor eficacia na facultade certificante do secretario xeral no ámbito do campus de Lugo, procede modificar tamén a delegación de determinados asuntos na Vicexerencia de Lugo.

Por todo o anterior, resolvo modificar a Resolución do 14 de xullo de 2003 (DOG do 18 de agosto e 17 de outubro), sobre delegación de sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, do seguinte xeito:

Primeiro.-Modifícase o punto noveno da Resolución do 14 de xullo de 2003, que debe dicir:

Noveno.-Delégase no vicexerente do campus de Lugo a sinatura da facultade certificante do secretario xeral da universidade nos seguintes supostos:

1. Certificar a condición de persoal contratado no ámbito do campus de Lugo para os efectos de solicitar a concesión das subvencións de matrícula nos centros de ensino, ou para que produza efectos en calquera acto da vida administrativa dos interesados, unicamente no ámbito da Universidade de Santiago de Compostela.

2. Certificar os servizos prestados por persoal contratado temporal no campus de Lugo.

Segundo.- Modifícase o punto décimo terceiro da Resolución do 14 de xullo de 2003 sobre delegación de sinatura no xefe da Sección do Terceiro Ciclo, que debe dicir:

Décimo terceiro.-Delégase no xefe da Sección de Terceiro Ciclo, sen prexuízo do disposto no punto terceiro, a sinatura da facultade certificante do secretario xeral en materia de estudos do terceiro ciclo, posgrao e formación continua, no tocante ás seguintes certificacións:

a. As dos datos dos alumnos de terceiro ciclo, posgrao e formación continua.

b. As certificacións académicas persoais de materias totais ou parciais.

c. As que soliciten os interesados ou deban expedirse de oficio referidas exclusivamente aos datos administrativos que constan nos expedientes tramitados pola devandita sección.

d. As que fagan referencia á data de iniciación dos procedementos de matrícula ordinaria ou extraordinaria que formalicen os interesados.

e. As que acrediten o pagamento ou exención dos prezos de matrícula.

f. As que se refiran á presentación dos documentos exixidos para formalizar a matrícula.

Disposición derrogatoria

Esta resolución derroga parcialmente e nos termos indicados a Resolución do 14 de xullo de 2003 (DOG do 18 de agosto e 17 de outubro), pola que se delega a sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, así como calquera outra que se opoña ao contido desta delegación de sinatura.

Disposición derradeira

Esta resolución terá eficacia o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2004.

Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz

Secretario xeral

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA