DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 01 de xuño de 2004 Páx. 7.748

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de maio de 2004 pola que se modifica a oferta modular de ciclos formativos, polo réxime de persoas adultas, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2004-2005.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de educación, recoñécenlle á nosa Comunidade Autónoma as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en todos os niveis e graos, modalidades e especialidades, de acordo cos preceptos emanados da Constitución e das leis que lle sexan de aplicación, competencias que foron asumidas polo Decreto 114/1982, do 1 de setembro, e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no seu artigo 2.

No marco destas competencias e da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co propósito de actualizar a cualificación dos cidadáns, persegue como un dos obxectivos básicos para a formación profesional o de lles dar unha resposta puntual e axeitada aos requirimentos de formación profesional provenientes do mundo produtivo.

A Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, establece no seu artigo 7.6º que o sistema educativo garantirá que as persoas

adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 5 que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas de formación profesional ás peculiaridades e características das persoas adultas.

Así mesmo, o Plan Galego de Formación Profesional considera a cualificación profesional dos cidadáns como unha medida esencial para lles dar resposta ás necesidades do tecido produtivo, o que redundará nun aumento da empregabilidade e facilitará a libre circulación das persoas nas mesmas condicións de competitividade profesional que as dos países máis avanzados do noso contorno.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria presenta a oferta de ciclos formativos para as persoas adultas, por módulos soltos, sendo consciente de que esta modalidade facilita a cualificación profesional, xa que ofrece a posibilidade de abordar a realización dun ciclo formativo en máis tempo e cun horario vespertino, e permite dar resposta ás demandas que suscitan o mercado laboral ou os colectivos específicos. Para realizalo, dunha maneira máis áxil e eficaz, en función das necesidades que vaian xurdindo, é aconsellable que a autorización dos ciclos formativos, por módulos soltos, se realice con carácter anual para cada curso académico.

Con base no anterior, e de acordo co Decreto 454/2003, do 26 de decembro (DOG do 19 de xaneiro de 2004), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e de conformidade coa proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Suprimir a oferta modular de ciclos formativos, polo réxime de adultos, autorizada a partir do curso 2002-2003 ata a data actual.

Segundo.-Autorizar a oferta modular de ciclos formativos, polo réxime de adultos, para o curso 2004-2005, nos módulos e centros que se ralacionan no anexo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse as direccións xerais de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, de Centros e Ordenación Educativa e de Persoal para adoptar as medidas precisas para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

ConcelloCódigoCentroCódigoCicloMódulos

A Coruña15027800IES Imaxe e SonZS07001CS Realización de audiovisuais e espectáculosRepresentacións escénicas e espectáculos

Realización en multimedia

ZS07003CS ImaxeIluminación de espazos escénicos

Imaxe fotográfica

15027770IES A SardiñeiraZS18004CS Industrias de proceso químicoOrganización e xestión en industrias de procesos

Relacións no contorno de traballo

Formación en centros de traballo

Proxecto integrado

Formación e orientación laboral

15005269IES Urbano LugrísZM09001CM Equipamentos electrónicos de consumoInstalacións básicas

Electrónica dixital

Sistemas electrónicos de información

Calidade

Ferrol15006754IES Marqués de SuanzesZM09002CM Equipamentos e instalacións electrotécnicasCalidade

Seguridade nas instalacións eléctricas

Instalacións singulares en vivendas e edificios

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

Formación en centros de traballo

ZM09001CM Equipamentos electrónicos de consumoEquipamentos de son

Equipamentos de imaxe

Formación en centros de traballo

ZM10001CM Soldadura e caldeiraríaSeguridade na industria de construcións metálicas

Montaxe en construcións metálicas

Soldadura en atmosfera protexida

Formación en centros de traballo

15006778IES Rodolfo Ucha PiñeiroZM04001CM Xestión admistrativaComunicación, arquivo e operación de teclado

Aplicacións informáticas

Principios de xestión

Contabilidade xeral e tesouraría

Santiago de Compostela15032391Centro Nacional de Formación Ocupacional de SantiagoZS15002CS Produción de madeira e mobleXestión de almacén en industrias da madeira e moble

Procesos en industrias da madeira

Transformación de madeira e cortiza

Fabricación e instalación de carpintaría e moble

Acabamento industrial en carpintaría e moble

Plans de seguridade en industrias da madeira e moble

Castro de Rei27015891IES da Terra Chá José Trapero PardoZM13001CM Elaboración de produtos lácteosEnvasado e embalaxe

Operacións e control de almacén

Sistemas de control e auxiliares dos procesos

Leites, produtos lácteos e procesos

Formación en centros de traballo

Formación e orientación laboral

Chantada27003175IES Val do AsmaZM16002CM Electromecánica de vehículosMotores

ZS04001CS Administración e finanzasContabilidade e fiscalidade

Aplicacións informáticas e operatoria de teclado

Lugo27006528IES As MercedesZM06001CM ComercioAdministración e xestión dun pequeno establecemento comercial

Operacións de almacenaxe

Aplicacións informáticas de propósito xeral

Formación e orientación laboral

Relacións no equipamento de traballo

Operacións de venda

Animación do punto de venda

Inglés

ConcelloCódigoCentroCódigoCicloMódulos

27015773IES A PiringallaZS04001CS Administración e finanzasXestión de aprovisionamento

Aplicacións informáticas e operatoria de teclado

Contabilidade e fiscalidade

Xestión comercial e servizos de atención ao cliente

Administración pública

Xestión financeira

Auditoría

Recursos humanos

Monforte de Lemos27007260CFEA de Monforte de LemosZM13002CM Elaboración de viños e outras bebidasHixiene e seguridade na industria alimentaria

Operacións e control de almacén

Materias primas, produtos e procesos na industria de bebidas

Formación e orientación laboral

27015311IES A PinguelaZM06001CM ComercioAplicacións informáticas

Animación do punto de venda

Operacións de venda

Inglés

ZS04001CS Administración e finanzasRecursos humanos

Aplicacións informáticas e operacións de teclado

Contabilidade e fiscalidade

Xestión de aprovisionamento

Xestión financeira

Auditoría

Administración pública

Produtos e servizos financeiros e de seguros

Proxecto empresarial

Proxecto integrado

Xestión comercial e servizos de atención ao cliente

Formación e orientación laboral

Formación en centros de traballo

Ribadeo27010945IES Porta da AugaZM08001CM Acabamentos de construciónPinturas e vernices

Paneis prefabricados

ZM08004CM Operacións e mantemento de maquinaria de construciónExcavacións e demolicións

Viveiro27013636IES María SarmientoZM04001CM Xestión administrativaAplicacións informáticas

Xestión administrativa da compravenda

Xestión administrativa de persoal

Contabilidade xeral e tesouraría

Comunicación, arquivo da información e operacións de teclado

Formación e orientación laboral

Principios de xestión administrativa pública

Produtos e servizos financeiros e de seguros básicos

Illa de Arousa, A36020209Instituto Galego de Formación en AcuiculturaZM03002CM Operacións de cultivo acuícolaTécnicas de cultivo de crustáceos

Técnica de cultivos auxiliares

Parámetros e condicións de cultivo

Instalacións e equipamentos de cultivo

Formación e orientación laboral

Relacións no equipamento de traballo

Formación en centros de traballo

Marín36015159IES Chan do MonteZM04001CM Xestión administrativaContabilidade xeral e tesouraría

Comunicación, arquivo de información e operacións de teclado

Xestión administrativa de persoal

Produtos e servizos financeiros e de seguros públicos

Principios de xestión administrativa pública

Formación e orientación laboral

Formación en centros de traballo

Nigrán36015184IES Escolas ProvalZM09001CM Equipamentos electrónicos de consumoInstalacións básicas

Sistemas electrónicos de información

Sanxenxo36019256IES VilalongaZM04001CM Xestión administrativaComunicación, arquivo de información e operacións de teclado

Aplicacións informáticas

Xestión administrativa de persoal

Contabilidade

Xestión administrativa da compravenda

ZS04001CS Administración e finanzasRecursos humanos

Contabilidade e fiscalidade

Aplicacións informáticas e operacións de teclado

Xestión financeira

Xestión comercial e atención ao cliente

Xestión de aprovisionamento

Redondela36019566IES de ChapelaZS19003CS DietéticaMicrobioloxía e hixiene alimentaria

Control alimentario

Dietoterapia

Educación sanitaria e promoción da saúde

Relacións no contorno de traballo

Proxecto integrado

Formación en centros de traballo

ConcelloCódigoCentroCódigoCicloMódulos

36016656IES Pedro FlorianiZM04001CM Xestión administrativaAplicacións informáticas

Xestión administrativa da compravenda

Xestión administrativa de persoal

Tui36014544IES Francisco SánchezZM06001CM ComercioAdministración dun pequeno establecemento comercial

Aplicacións informáticas de propósito xeral

Operacións de almacenaxe

ZM09002CM Equipamentos e instalacións electrotécnicasInstalacións eléctricas de interior

Automatismos e cadros eléctricos

Vigo36017430IES Ricardo MellaZS04001CS Administración e finanzasContabilidade e fiscalidade

36024525CFO de CoiaZS17002CS Mantemento de equipamento industrialMontaxe e mantemento do sistema mecánico

Montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónico

Técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxe

Representación gráfica en maquinaria

Elementos de máquinas

Plans de seguridade no mantemento e a montaxe de equipamentos e instalacións

Relacións no contorno de traballo

Formación e orientación laboral

Vilagarcía de Arousa36019669IES Armando Cotarelo ValledorZM04001CM Xestión administrativaComunicación, arquivo de información e operacións de teclado

Principios de xestión administrativa pública

Aplicacións informáticas

Formación e orientación laboral

ZS14002CS Administración de sistemas informáticosSistemas informáticos monousuario e multiusuario

Redes de área local

Relacións no contorno de traballo