DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 01 de xuño de 2004 Páx. 7.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de maio de 2004 pola que se modifica a oferta de ciclos formativos, por ciclo completo, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécenlle á nosa Comunidade Autónoma as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en todos os niveis e graos, modalidades e especialidades, de acordo cos preceptos emanados da Constitución e das leis que lle sexan de aplicación, competencias que foron asumidas polo Decreto 114/1982, do 1 de setembro e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no seu artigo 2.

No marco destas competencias e da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co propósito de actualizar a cualificación dos cidadáns, persegue como un dos obxectivos básicos para a formación profesional e as artes aplicadas e deseño o de lles dar unha resposta puntual e axeitada aos requirimentos de formación profesional provenientes do mundo productivo.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 5 que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas de formación profesional ás peculiaridades e características das persoas adultas.

Así mesmo, o Plan Galego de Formación Profesional, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 27 de xuño de 2001, considera a cualificación profesional dos cidadáns como unha medida esencial para darlles resposta ás necesidades do tecido produtivo, o que redundará nun aumento da empregabilidade e facilitará a libre circulación das persoas nas mesmas condicións de competitividade profesional que as dos países máis avanzados do noso contorno.

Neste contexto, a necesidade de manter en todo momento actualizada a oferta educativa dos centros xustifica a súa revisión periódica de xeito que o alumnado que remata o ensino secundario obrigatorio e as diferentes modalidades de bacharelato, así como as persoas adultas, posúan unha oferta de ciclos formativos de graos medio e superior diversificada e adaptada as súas necesidades e ás demandas do mercado laboral.

De acordo co Decreto 454/2003, do 26 de decembro (DOG do 19 de xaneiro de 2004), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e de conformidade

coa proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a implantación dos ciclos formativos en réxime ordinario, por ciclo completo, nos centros relacionados no anexo I, a partir do curso 2004-2005.

Segundo.-Suprimir os ciclos formativos polo réxime ordinario e para as persoas adultas, por ciclo completo, nos centros relacionados no anexo II, a partir do curso 2004-2005.

Terceiro.-Requirirase un mínimo de 10 alumnos para poder impartir os ditos ciclos formativos, non contabilizándose para estes efectos o alumnado repetidor. Un número menor de alumnos exixe a autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para poñer en funcionamento esta ensinanza, non podendo, mentres tanto, formalizar ningunha matrícula. Esta condición do número mínimo de alumnos debe ser posto en coñecemento dos interesados no momento da súa preinscrición.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse as direccións xerais de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, de Centros e Ordenación Educativa e de Persoal para tomar as medidas precisas para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

ConcelloCódigoCentroCódigoCiclo

Cariño15021755 IES Cabo OrtegalCM14001CM Explotación de sistemas informáticos

Coruña, A15005397 IES Fernando Wirtz SuárezCM14001CM Explotación de sistemas informáticos

A Coruña15024513 IES SomesoCS08001CS Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción

A Coruña15024513 IES SomesoCS08002CS Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas

A Coruña15024513 IES SomesoCS08003CS Realización e plans de obra

Coruña, A15022607IES Ánxel Casal-Monte AltoCM20001CM Atención sociosanitaria

Coruña, A15022607IES Ánxel Casal-Monte AltoCS19011CS Audioprótese

Coruña, A15027770IES A SardiñeiraCS18006CS Industrias de proceso químico

Ferrol15006778IES Rodolfo Ucha PiñeiroCM14001CM Explotación de sistemas informáticos

Rianxo15026807IES Félix MurielCS06002CS Xestión comercial e márketing

Santiago de C.15015767IES Monte de ConxoCS10001CS Construcións metálicas

Santiago de C.15021482IES San ClementeCM14001CM Explotación de sistemas informáticos

Zas15027368IES Maximino Romero de LemaCM14001CM Explotación de sistemas informáticos

Guitiriz27016200IES de GuitirizCS04001CS Administración e finanzas

Monforte de Lemos27007260CFEA de Monforte de LemosCM01005CM Explotacións gandeiras

Ribadeo27010921CFEA Pedro MuriasCM01005CM Explotacións gandeiras

Ourense32008902IES A CarballeiraCM14001CM Explotación de sistemas informáticos

Ourense32009131IES Universidade LaboralCS17002CS Mantemento de equipamento industrial

Cangas36019475IES de RodeiraCS09004CS Sistemas de telecomunicación e informáticos

ConcelloCódigoCentroCódigoCiclo

Gondomar36020261IES Terra de TuronioCM02001CM Condución de actividades físicodeportivas no medio natural

Lalín36013758IES LaxeiroCS17002CS Mantemento de equipamento industrial

Marín36015159IES Chan do MonteCM14001CM Explotación de sistemas informáticos

Neves, As36019402IES Pazo da MercéCM14001CM Explotación de sistemas informáticos

Redondela36019566IES de ChapelaCM20001CM Atención sociosanitaria

Vigo36011634IES PolitécnicoCS08003CS Realización e plans de obra

Vigo36011634IES PolitécnicoCS17002CS Mantemento de equipamento industrial

Vigo36011634IES PolitécnicoCS17004CS Prevención de riscos profesionais

ANEXO II

ConcelloCódigoCentroRéximeCódigoCiclo

Cee15003224IES Fernando BlancoOrdinarioCS09001CS Instalacións electrotécnicas

Coruña, A15022607IES Ánxel Casal-Monte AltoOrdinarioCS08003CS Realización e plans de obra

Coruña, A15005397 IES Fernando Wirtz SuárezOrdinarioCS08001CS Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción

Coruña, A15005397IES Fernando Wirtz SuárezOrdinarioCS08002CS Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas

Ferrol15006778IES Rodolfo Ucha PiñeiroAdultosDM04001DM Xestión administrativa

Rianxo15026807IES Félix MurielOrdinarioCM06001CM Comercio

Zas15027368IES Maximino Romero de LemaOrdinarioCM06001CM Comercio

Mondoñedo27006966IES San RosendoOrdinarioCM15001CM Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble

Monforte de Lemos27015311IES A PinguelaOrdinarioCM06001CM Comercio