DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 01 de xuño de 2004 Páx. 7.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de maio de 2004 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 5 de decembro de 2003, pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 93, do 14 de maio de 2004, cómpre efectuar as oportunas correccións:

Na páxina 6.825, expediente nº 2004/000452-0, onde di: «por ter escaso ou nulo contido en galego», deberá dicir: «non acadar suficiente prioridade».

Na páxina 6.835, expediente nº 2004/001197-0, onde di: «base B: actividades de dinamización sobre filatelia», deberá dicir: «base B: actividades de dinamización».