DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 01 de xuño de 2004 Páx. 7.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de maio de 2004 pola que se autoriza o cambio de denominación do CEIP de Rubiá (Ourense).

Tendo en conta o artigo 8 punto 1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do colexio que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Rubiá.

Localidade: Rubiá.

Código do centro: 32011901.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Rubiá.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Virxe do Camiño.