Tendo en conta o artigo 8 punto 1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería
DISPÓN:
Autorizar o cambio de denominación do colexio que no anexo se relaciona.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2004.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Lalín.
Localidade: Lalín.
Código do centro: 36004101.
Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Lalín.
Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Xesús Golmar.