DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 31 de maio de 2004 Páx. 7.674

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 99/2004, do 21 de maio, polo que se regula a organización e o funcionamento da Inspección Educativa e o acceso ao corpo de inspectores de educación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no decreto de referencia, publicado no DOG nº 99, do 25 de maio de 2004, cómpre efectuar as oportunas correccións:

Na páxina 7.315, columna primeira, liña 50, onde di: «Lei 1/1993», debe dicir: «Lei 1/1983».

Na páxina 7.319, columna primeira, artigo 21º, punto 3, liña 3, onde di: «Exceptúanse os concellos das sete cidades que son sede da Inspección», debe dicir: «Exceptúanse os concellos que sexan sede da Inspección».

Na páxina 7.325, columna segunda, disposición adicional primeira, liña 1, onde di: «Os funcionarios docentes que accedan...», debe dicir: «Os funcionarios que accedan...».

Na páxina 7.326, columna primeira, despois da puntuación máxima dos bloques de méritos, deberá engadirse: «Os aspirantes non poderán acadar máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos».