DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 28 de maio de 2004 Páx. 7.580

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 19 de maio de 2004 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente. Así mesmo, a disposición adicional primeira da devandita lei orgánica ordénalles ás administracións públicas responsables de ficheiros aprobar a disposición de creación destes ou adaptar a xa existente ás previsións da mesma lei.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais creou os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal por ordes do 27 de xullo de 1994, do 14 de febreiro de 1995 e do 31 de maio de 1999, pero as alteracións producidas na estrutura orgánica da consellería, derivadas da modificación das súas competencias, así como unha maior eficacia e racionalización administrativa, motivan a creación de novos ficheiros e a modificación ou supresión dalgún dos existentes.

En consecuencia, e de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito.

Os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local son os que se relacionan no anexo desta orde, adaptándoos á Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e indicando o nivel de medidas de seguridade básico, medio ou alto correspondente

a cada un destes ficheiros, en aplicación do Real decreto 994/1999, do 25 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal.

Artigo 2º.-Creación de ficheiros.

Créanse na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local os ficheiros denominados «Rexistro de Xustiza Gratuíta de Galicia», «Rexistro de Persoal da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia», «Sistema de Xestión de Xogo», «Rexistro de Asociacións», «Rexistro de Policías Locais de Galicia» e «Catálogo de medios humanos e recursos materiais de Protección Civil», de conformidade co establecido no anexo desta orde.

Artigo 3º.-Modificación de ficheiros.

1. Modifícanse as denominacións e o contido dos ficheiros «Sancións», «Voluntarios» e «Catálogo», conforme o establecido no anexo desta orde, e que pasarán a denominarse, respectivamente, «Procedementos administrativos en materia de actividades recreativas, espectáculos e establecementos públicos», «Voluntarios de Protección Civil» e «Catálogo de recursos da central de emerxencias 112-SOS Galicia».

2. Así mesmo, modifícase o contido dos ficheiros denominados «Persoal», «Empregados», «Alumnos», «Profesores» e «Terceiros», do xeito que consta no anexo.

Artigo 4º.-Supresión de ficheiros.

Suprímense os seguintes ficheiros de datos de carácter persoal:

1. O denominado «Obxectores», creado pola Orde do 31 de maio de 1999, e regulado no anexo desta. De conformidade co artigo 20.3º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, se prevé que:

a) O destino dos datos contidos no ficheiro é a destrución deste.

b) Debido ao soporte unicamente informático dos datos contidos no ficheiro, borraranse estes á entrada en vigor desta orde.

2. Os ficheiros denominados «Individuos», «Prohibidos en Casinos» e «Prohibidos en salas de bingo», e os seus datos integraranse no novo ficheiro denominado «Sistema de Xestión de Xogo».

Artigo 5º.-Supostos especiais.

Os ficheiros denominados «Representantes elixidos», «Accidentes» e «Revistas», dependentes os dous primeiros da Dirección Xeral de Relacións Laborais e do Consello Galego de Relacións Laborais o terceiro, e a súa información, contida unicamente en soporte informático, pasan a depender da nova

Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, en virtude da nova repartición de competencias entre departamentos da Xunta de Galicia.

Artigo 6º.-Responsables dos ficheiros.

Os órganos responsables de cada ficheiro son os que se sinalan para cada ficheiro no anexo desta orde, e son igualmente responsables da seguridade destes, e adoptarán, baixo a superior dirección do conselleiro, as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade, seguridade e integridade dos datos, así como das conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal rexistrados nos ficheiros regulados nesta orde só serán utilizados polo persoal debidamente autorizado e para os fins expresamente previstos.

Artigo 8º.-Cesión de datos.

Para a cesión de datos aos servizos de estatística das administracións públicas, estarase ao disposto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estatística.

Disposición derrogatoria

Única.-Queda derrogada a Orde do 31 de maio de 1999, pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2004.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local

ANEXO

1. Ficheiro: persoal.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: a ordenación de xeito automatizado da xestión do persoal da consellería (agás o persoal pertencente a forzas e corpos de seguridade do Estado adscrito á Comunidade Autónoma); mantemento das relacións de postos de traballo, datos de nómina para orzamentar prazas e control dos permisos e ausencias do persoal.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: persoal administrativo e laboral que presta os seus servizos na consellería.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos mesmos interesados ou do seu representante legal, de administracións públi

cas; mediante declaracións ou formularios; e en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativo: (DNI/NIF; Nº de SS/mutualidade; nome e apelidos; enderezo; teléfono; nº de rexistro de persoal).

* Datos de características persoais (datos de estado civil; datos de familia; data de nacemento; sexo).

* Datos académicos e profesionais (formación/titulacións, centro de traballo; tipo de posto de traballo; extensión telefónica).

* Datos de emprego e de carreira administrativa (corpo/escala; categoría/grao; posto de traballo; datos non económicos de nómina; historial do traballador; compatibilidades).

* Datos económico-financeiros e de seguros (datos bancarios, datos económicos de nómina; datos de axudas de acción social).

e) Cesión de datos que se prevén: non se prevén cesións.

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Servizo de Xestión Económica e Persoal (edificio administrativo San Caetano; bloque 5, 3º andar; 15771 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

2. Ficheiro: procedementos administrativos en materia de actividades recreativas, espectáculos e establecementos públicos.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: control estatístico e de xestión de procedementos administrativos dos expedientes e recursos administrativos en materia de actividades recreativas, espectáculos e establecementos públicos.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: persoas físicas ou xurídicas incursas en expedientes sancionadores, que presenten recursos administrativos ou solicitudes, todo isto en materia de actividades recreativas, espectáculos e establecementos públicos.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: declaracións dos mesmos interesados ou dos seus representantes legais, doutras persoas físicas distintas do afectado ou o seu representante, e doutras administracións públicas; mediante declaracións ou formularios; e en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos relativos a infraccións (infraccións administrativas).

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo, teléfono).

* Datos de circunstancias sociais (licenzas, permisos e autorizacións).

* Datos de información comercial (actividades e negocios; licenzas comerciais).

e) Cesión de datos que se prevén: non se prevén cesións.

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Servizo Técnico Xurídico (edificio administrativo San Caetano; bloque 5, 3º andar; 15771 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

3. Ficheiro: Rexistro de Xustiza Gratuíta de Galicia.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: rexistro de solicitantes e profesionais que interveñen nos procedementos xudiciais e administrativos de xustiza gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia conforme a Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, a efectos de xestión de procedementos xudiciais, administrativos, estatísticos e prestación de servizos de certificación.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta nos termos da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, interesados no expediente, avogados, procuradores, profesionais designados para prestar asistencia e colexios profesionais de avogados e procuradores.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos mesmos interesados ou do seu representante legal, doutras persoas físicas distintas do afectado ou do seu representante e doutras administracións públicas; mediante formularios ou cupóns; e en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF; número de SS/Mutualidade; nome e apelidos; enderezo; teléfono).

* Datos de características persoais (datos de estado civil; datos de familia; data de nacemento; lugar de nacemento; idade; sexo; nacionalidade; características físicas ou antropométricas, profesión).

* Datos de circunstancias sociais (características de aloxamento, vivenda; propiedades e posesións).

* Datos de información comercial (actividades e negocios).

* Datos económico-financeiros e de seguros (ingresos e rendas; investimentos e bens patrimoniais; créditos, préstamos e avais; datos económicos de nómina; datos de deducións impositivas/impostos; hipotecas; subsidios e beneficios).

e) Cesión de datos que se prevén: ao Ministerio de Xustiza, aos órganos da Administración de Xustiza en Galicia e aos colexios profesionais de avogados e procuradores (amparadas na Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta), á Axencia Estatal de Admón. Tributaria (amparada no Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas), así como aos órganos xestores do Catastro Inmobiliario, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, entidades xestoras da Seguridade Social, concellos e deputacións provinciais de Galicia (en canto á tramitación de solicitudes de información e comprobación para coñecer a situación económica real dos solicitantes).

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Xustiza.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Servizo de Relacións coa Administración de Xustiza (praza Europa nº 5 A, 4º andar, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

4. Ficheiro: Rexistro de Persoal da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: xestión económica e administrativa do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, para efectos de xestión de nóminas, procedementos administrativos, estatísticos, control horario e prestación de servizos de certificación.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: persoal funcionario e laboral ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: do mesmo interesado ou do seu representante legal e doutras administracións públicas; mediante formularios e de documentos oficiais; en soporte papel ou informático/magnético.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos relativos a infraccións (infraccións administrativas).

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF, número da SS/Mutualidade, nome e apelidos, enderezo, número de rexistro de persoal).

* Datos de características persoais (estado civil, datos de familia, data e lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade).

* Datos académicos e profesionais (formación/titulacións, experiencia profesional).

* Datos de emprego e de carreira administrativa (corpo/escala; categoría/grao; posto de traballo; datos non económicos de nómina; historial do traballador; compatibilidades, centro de traballo; tipo de posto de traballo).

* Datos económico-financeiros e de seguros (ingresos/rendas, datos económicos de nómina e de axudas de acción social).

e) Cesión de datos que se prevén: ao Ministerio de Xustiza (amparada na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial e os seus regulamentos de desenvolvemento), e á Axencia Estatal de Administración Tributaria (amparada no Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas).

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Xustiza.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Servizo de Xestión de Persoal (praza Europa nº 5 A, 4º andar, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

5. Ficheiro: empregados.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: manter o rexistro de empregados en salóns de xogo, bingos e casinos, para os efectos de expedir o correspondente carné profesional.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: traballadores de salóns de xogo, bingos e casinos.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos mesmos interesados ou dos seus representantes legais; mediante declaracións ou formularios; e en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo).

* Datos de características persoais (data e lugar de nacemento).

* Datos académicos ou profesionais (formación/titulacións).

* Datos de detalle de emprego (categoría/grao; posto de traballo).

e) Cesión de datos que se prevén: non se prevén cesións.

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Servizo de Xogo (r/ Roma nº 25-27, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

6. Ficheiro: Sistema de Xestión de Xogo.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: rexistro de empresas operadoras e empresas fabricantes, distribuidoras e importadoras de máquinas recreativas e de azar, empresas de bingo, casinos e salóns de xogo, titulares de establecementos de hostalaría, prohibidos en casinos e salas de bingo, para os efectos de xestión de procedementos administrativos, xestión sancionadora, concesión de autorizacións, xestión de estadísticas internas e prestación de servizos de certificación.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: socios integrantes e representantes de empresas operadoras, fabricantes, distribuidoras e importadoras de máquinas recreativas e de azar, titulares de autorizacións de salóns de xogo, bingos e casinos, así como dos empregados de casinos e salas de bingo, titulares de establecementos de hostalaría, e prohibidos en casinos e salas de bingo, estes por ser incluídos por petición propia ou por decisión da autoridade administrativa do xogo.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos mesmos interesados ou dos seus representantes legais, doutras persoas físicas distintas do afectado ou do seu representante, de entidades privadas e doutras administracións públicas; mediante enquisas ou entrevistas, formularios ou cupóns; e en soporte papel ou informático/magnético.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos relativos a infraccións (infraccións administrativas).

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo, teléfono).

* Datos de características persoais (data e lugar de nacemento, idade; sexo; nacionalidade).

* Datos de circunstancias sociais (licenzas, permisos e autorizacións).

* Datos de detalle de emprego (categoría/grao; posto de traballo).

* Datos de información comercial (actividades e negocios; licenzas comerciais).

e) Cesión de datos que prevén: prevese a cesión dos datos dos prohibidos en casinos e bingos ao Ministerio do Interior e aos salóns de bingo e casinos (amparada polo artigo 4 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, e nos Regulamentos do bingo e dos casinos de xogo).

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Servizo de Xogo (r/ Roma nº 25-27, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

7. Ficheiro: Rexistro de Asociacións.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: rexistro de asociacións sen ánimo de lucro coa finalidade e efectos de publicidade, atención ao cidadán, prestación de servizos de certificación, estatística, control de legalidade e demais usos previstos na lei orgánica reguladora.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: promotores e membros das xuntas directivas de asociacións sen ánimo de lucro nos termos da Lei orgánica reguladora do dereito de asociación.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: do mesmo interesado ou do seu representante legal, mediante formularios ou cupóns, e en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono).

* Datos de características persoais (nacionalidade).

* Datos de circunstancias sociais (pertenza a clubs ou asociacións).

* Datos económico-financeiros e de seguros (bens patrimoniais).

e) Cesión de datos que se prevén: o rexistro é público para calquera persoa física ou xurídica interesada no coñecemento dos seus datos, de conformidade co disposto na súa Lei orgánica reguladora.

Expresamente, prevense cesións ao Ministerio do Interior (amparada na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación).

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Servizo de Asociacións e Espectáculos (r/ Roma nº 25-27, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

8. Ficheiro: Rexistro de Policías Locais de Galicia.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: censo de policías locais de Galicia para coñecer as circunstancias e resolucións administrativas que lles afecten en relación a tomas de posesión, cesamentos,

cambios de situación, reingresos, xubilacións, perda da condición de funcionario e cursos de formación, todo isto para os efectos de selección e formación de persoal, xestión de procedementos administrativos, prestación de servizos de certificación e función estatística.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: axentes que integran os corpos de policías locais dos concellos de Galicia.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: do mesmo interesado ou do seu representante legal e doutras administracións públicas; mediante formularios o cupóns; e en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo; número de rexistro de persoal).

* Datos de características persoais (data e lugar de nacemento; idade; sexo).

* Datos académicos ou profesionais (formación/titulacións; experiencia profesional; cursos de formación profesional).

* Datos de detalles de emprego (corpo/escala; categoría/grao).

e) Cesión de datos que se prevén: prevense cesións ás administracións locais de Galicia e aos particulares que acrediten un interese lexítimo no seu coñecemento (amparada na Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais de Galicia, e segundo os criterios establecidos no artigo 21 do Decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais).

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Subdirección Xeral de Seguridade e Réxime Interior (r/ Roma nº 25-27, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

9. Ficheiro: voluntarios de Protección Civil.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: rexistrar os voluntarios da Comunidade Autónoma galega, así como as agrupacións ás que pertencen, para os fins de protección civil e emerxencias, xestión de procedementos administrativos e de estatísticas internas.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: voluntarios de protección civil e agrupacións de voluntarios de protección civil.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos mesmos interesados ou dos seus representantes legais, doutras persoas distintas do interesado ou do seu representante legal e de rexistros públicos; mediante enquisas ou entrevistas, formularios ou cupóns, e transmisión electrónica de datos/internet; en soporte papel, soporte informático/magnético e vía telemática.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativos (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono; número de rexistro de persoal).

* Datos de características persoais (data e lugar de nacemento; idade; sexo; nacionalidade).

* Datos de circunstancias sociais (afecións e estilos de vida, pertenza a clubs/asociacións).

* Datos académicos e profesionais (formación/titulación; experiencia profesional; pertenza a colexios e asociacións profesionais).

e) Cesión de datos que se prevén: non se prevén cesións.

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior e protección civil.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Subdirección Xeral de Protección Civil (r/ Roma nº 25-27, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

10. Ficheiro: catálogo de recursos da central de emerxencias 112-SOS Galicia.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: conter datos relativos á posibilidade de localización para a intervención nos supostos en materia de protección civil e emerxencias.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: cargos públicos, funcionarios, profesionais, técnicos, asociacións e entidades que realicen funcións de protección civil.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: do mesmo interesado ou do seu representante legal, así como de fontes accesibles ao público (guías de servizos, listas de persoas pertencentes a grupos profesionais, diarios e boletíns oficiais e de medios de comunicación), mediante enquisas ou entrevistas, declaracións ou formularios, e transmisión electrónica de datos/internet, e en soporte papel, soporte informático/magnético e vía telemática.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF, nome e apelidos; enderezo; teléfono; outros -outros medios de localización-).

* Datos académicos e profesionais (formación/titulacións, experiencia profesional).

* Datos de detalle de emprego (posto de traballo, outros -responsabilidade sobre mobilización de recursos-).

e) Cesión de datos que se prevén: non se prevén cesións.

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Subdirección Xeral de Protección Civil (r/ Roma nº 25-27, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

11. Ficheiro: catálogo de medios humanos e recursos materiais de protección civil.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: conter datos relativos de localización de persoas e medios materiais para a intervención nos supostos de emerxencias e protección civil.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: cargos públicos, funcionarios, profesionais, técnicos, asociacións e entidades que realicen funcións en materia de protección civil.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: do mesmo interesado ou do seu representante legal, así como de fontes accesibles ao público (guías de servizos, listas de persoas pertencentes a grupos profesionais, diarios e boletíns oficiais e de medios de comunicación), mediante enquisa ou entrevistas, declaracións ou formularios, e transmisión electrónica de datos/internet, e en soporte papel e vía telemática.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativos (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono; outros -outros medios de localización-).

* Datos académicos e profesionais (formación/titulación; experiencia profesional).

* Datos de detalle de emprego (posto de traballo; outros -responsabilidade sobre mobilización de recursos- ).

e) Cesión de datos que se prevén: prevense cesións á Dirección Xeral de Protección Civil no Ministerio do Interior, así como aos concellos de Galicia que teñan elaborado o Plan de Emerxencias Municipal (amparada na Lei estatal 21/1985, do 21 de xaneiro, de Protección Civil, e no Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia).

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Subdirección Xeral de Protección Civil (r/ Roma nº 25-27, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela-A Coruña).

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

12. Ficheiro: alumnos.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: ter coñecemento dos cursos realizados polos alumnos; remitir información referente a novos cursos; establecer criterios para a súa selección, así como a elaboración de estatísticas internas de desenvolvemento dos cursos.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: membros dos corpos de policía local e bombeiros de Galicia, voluntarios de protección civil e membros da unidade adscrita a Galicia do Corpo Nacional de Policía.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos mesmos interesados ou dos seus representantes legais; mediante declaracións ou formularios; e en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono).

* Datos de características persoais (data e lugar de nacemento).

* Datos académicos e profesionais (formación/titulacións).

* Datos de detalle de emprego (corpo/escala; categoría/grao; postos de traballo).

e) Cesión de datos que se prevén: non se prevén cesións.

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Academia Galega de Seguridade.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Academia Galega de Seguridade (avda. da Cultura, s/n, 36680 A Estrada-Pontevedra).

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

13. Ficheiro: profesores.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: selección para participar como profesor colaborador, aboamento de honorarios e control do importe máximo en concepto de indemnización por razón do servizo.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: profesores colaboradores para impartir cursos de formación.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos mesmos interesados; mediante declaracións ou formularios; e en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono).

* Datos de características persoais (data e lugar de nacemento; sexo; nacionalidade).

* Datos académicos e profesionais (formación/titulacións; experiencia profesional).

* Datos de detalle de emprego (corpo/escala; categoría/grao; posto de traballo).

* Datos económico-financeiros e de seguros (datos bancarios; datos económicos de nómina).

e) Cesión de datos que se prevén: á Axencia Estatal de Administración Tributaria (amparada no Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas).

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Academia Galega de Seguridade.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Academia Galega de Seguridade (avda. de la Cultura, s/n, 36680 A Estrada-Pontevedra).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

14. Ficheiro: terceiros.

a) Finalidade do ficheiro e usos previstos: pagamento de bens subministrados e de servizos prestados.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: terceiros que subministran bens ou prestan servizos.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: de declaracións dos mesmos interesados ou dos seus representantes legais; mediante declaracións ou formularios; e en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro e tipos de datos incluídos nel:

* Datos de carácter identificativo (DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono).

* Datos económico-financeiros e de seguros (datos bancarios).

e) Cesión de datos que se prevén: á Axencia Estatal de Administración Tributaria (amparada no Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, polo que

se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas).

f) Órgano administrativo responsable do ficheiro: Academia Galega de Seguridade.

g) Servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, cando procedan: Academia Galega de Seguridade (avda. de la Cultura, s/n, 36680 A Estrada-Pontevedra).

h) Medidas de seguridade: nivel medio.