DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 27 de maio de 2004 Páx. 7.458

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2004, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle dá publicidade ao acordo da Comisión Paritaria de Acción Social sobre os criterios de repartición do fondo de acción social para o ano 2004 do persoal ao servizo da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co acordado pola Comisión Paritaria de Acción Social, dependente da Mesa Sectorial

de Negociación do persoal ao servizo da Administración de xustiza, en reunión celebrada o día 6 de maio de 2004 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais presentes na negociación, sobre os criterios de repartición do fondo de acción social para o ano 2004 do referido persoal, e segundo o establecido nestes, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer público o programa de acción social de 2004 e darlle a máxima difusión entre os órganos xudiciais, quedando exposto nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servizo de Xerencia na Coruña.

Segundo.-O prazo de presentación de instancias será o abranguido entre o día 1 de xuño e o 31 de xullo, ámbos os dous incluídos.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2004.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO