DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 26 de maio de 2004 Páx. 7.410

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2004 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro 2004-2006 ao sector transporte público por estrada de Galicia para a renovación da flota de vehículos, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades de crédito.

Con data do 14 de maio de 2004 o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 17 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiadas mediante contratos de arrendamento financeiro para as empresas do sector transporte público por estrada, someténdose ao establecido no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan ditar para o seu funcionamento operativo.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a)

do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I

Convenio de apoio financeiro 2004-2006 ao sector do transporte público por estrada de Galicia para a renovación da flota de vehículos, subscrito entre o Igape e as entidades de crédito

En Santiago de Compostela, 14 de maio de 2004.

Antecedentes

O presente convenio, asinado dunha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Xosé Antonio Orza Fernández e, doutra parte, por..., (en diante, a entidade financeira) representado por D... con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio e fomento da actividade económica emprendida pola Xunta de Galicia ao abeiro do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Conscientes da importancia que o sector do transporte público por estrada ten dentro do tecido socioeconómico de Galicia, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan; a axuda consiste na subsidiación ao tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro que se concerten coas entidades financeiras asinantes e acollidos ao presente convenio.

Para este fin, as entidades de crédito poderán subscribir contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio, ata unha contía máxima para financiar total de 5.000.000 de A para o exercicio 2004. Para 2005 e 2006, o Igape determinará e publicará no Diario Oficial de Galicia o importe máximo de contratos que se subscribiran para cada ano, condicionándose a concesión de novas operacións á dita publicación.

Estes contratos de arrendamento financeiro poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes

Cláusulas

Cláusula primeira.-Obxecto e dotación orzamentaria.

O presente convenio ten por obxecto definir os termos de colaboración entre a entidade de crédito e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e constituír as bases da convocatoria de axudas para os exercicios 2004, 2005 e 2006, co fin de establecer as liñas de financiamento subsidiadas mediante contratos de arrendamento financeiro para as empresas do sector do transporte público por estrada, some

téndose as partes na súa totalidade ao establecido no mencionado Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan ditar para o seu funcionamiento operativo.

Convócanse para o exercicio 2004 as axudas reguladas neste convenio que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 02.01 01/01/14 656700 cun crédito plurianual de 240.490,38 euros para o ano 2004 e de 224.509,62 euros para o ano 2005, e a súa concesión estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Para os exercicios futuros, se é o caso, o Igape convocará as axudas mediante a publicación no DOG do límite de crédito dispoñible para a concesión destas e a partida orzamentaria asinada ao seu financiamento, condicionándose á dita publicación a concesión das axudas.

Cláusula segunda.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas pertencentes ao sector do transporte público por estrada e que estean dadas de alta nalgún dos seguintes epígrafes do I.A.E.:

Epígrafe I.A.E.: descrición.

721.3: Transporte de viaxeiros por estrada.

722: Transporte de mercadorías por estrada.

2. As empresas que cumpran os requisitos establecidos no punto anterior e que presenten solicitudes de axuda financeira para proxectos de investimento por importe a subsidiar superior a 800.000 A deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións de estabilidade laboral en relación cos centros de traballo radicados en Galicia:

a) Empresas existentes: polo menos o 40% do cadro de persoal correspondente á data de solicitude debe ter contratos por tempo indefinido.

b) Empresas de nova creación: deberán comprometerse a acadar, como mínimo, o 40% de estabilidade laboral, á expiración do prazo de seis meses desde a resolución de concesión da axuda.

Para os efectos deste convenio, enténdese como empresa de nova creación aquela que fose constituída con posterioridade ao 1 de xaneiro do ano anterior ao da presentación da súa solicitude no Igape, ou para o caso de empresarios individuais, que teñan iniciado a súa actividade empresarial con posterioridade a tal data.

Cláusula terceira.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias deberán ter o seu domicio social ou centro de traballo permanente en Galicia e realizar o proxecto investidor nesta Comunidade Autónoma.

Cláusula cuarta.-Entrada en vigor e prazo de presentación de solicitudes.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e o prazo de presentación de solicitudes de subsidiación nas entidades financeiras finalizará de acordo co establecido a continuación:

-Para operacións solicitadas durante o ano 2004, o 30 de novembro dese ano.

-Para operacións solicitadas durante o ano 2005, o 30 de novembro dese ano.

-Para operacións solicitadas durante o ano 2006, o 30 de novembro dese ano.

Cláusula quinta.-Modalidade e destino da axuda.

A axuda consistirá na subvención dos xuros dos contratos de arrendamento financeiro concertados en virtude do presente convenio e destinados ao financiamento de proxectos de renovación da flota de vehículos co obxecto da súa modernización e mellora ambiental.

Cláusula sexta.-Conceptos de investimento subvencionables.

6.1. Os conceptos de investimento subvencionable serán, exclusivamente, os que se materialicen en:

* Inmobilizado material novo:

-Elementos de transporte destinados á substitución dun vehículo usado de similares características.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

6.2. Materialización dos investimentos. Os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a vixencia deste, e por un mínimo de 5 anos desde a formalización do contrato de arrendamento financeiro, debendo a empresa beneficiaria comprometerse a exercer a opción de compra á expiración do contrato subsidiado.

Cláusula sétima.-Características das operacións de Leasing.

7.1. Importes dos contratos e porcentaxe de financiamento.

O importe mínimo do investimento subvencionable e do contrato de arrendamento financeiro será de 60.000 A.

O importe máximo do contrato ou contratos de arrendamento financeiro subscritos ao abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 3.000.000 de A.

O importe con dereito a subsidiación dos contratos de arrendamento non poderá superar o 95% do investimento considerado subvencionable.

7.2. Duración dos contratos.

Os contratos de arrendamento financeiro terán unha duración mínima de 2 anos e máximo de 7 anos.

7.3. Orixe dos fondos.

Os fondos para a formalización dos contratos serán facilitados polas entidades de crédito, ata un importe máximo do 95% do investimento subvencionable, debendo, polo tanto, facerse unha entrega a conta do total que se vaia financiar, por parte do arrendatario, mínima do 5%.

7.4. Tipo de xuro, comisións e axuda financeira.

7.4.1. O tipo de xuro será o seguinte:

* Operacións con prazo entre 24 e 36 meses: o tipo de xuro deberá ser fixo durante toda a vida do contrato.

* Operacións con prazo entre 37 e 84 meses: o empresario pode optar entre:

-Tipo de xuro nominal fixo durante toda a vida do contrato, ou

-Tipo de xuro variable.

Para operacións a tipo fixo solicitadas durante o ano 2004, este será do 3,80%.

Para operacións a tipo fixo solicitadas durante o ano 2005 e 2006, este será comunicado polo Igape ás entidades de crédito e publicado no Diario Oficial de Galicia.

No caso de operacións de leasing a tipo de xuro variable, este determinarase de acordo co establecido a continuación:

Primeiro: o tipo de xuro nominal das operacións concertadas a través do presente convenio fíxase para o ano 2004 no 3,30%.

Segundo: para próximos exercicios, o citado tipo de xuro variará por anos naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para cada ano será a media aritmética simple dos tipos diarios do Euribor a prazo de 6 meses, correspondente ao mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder de 1,15 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadir ao tipo de referencia o tipo adicional que pactaran as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por Euribor (Euro interbank offered rate = tipo interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, como o tipo de xuro de oferta, para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado polo Banco de España, polo Ministerio de Economía e Facenda ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

No caso de que desaparecera o Euribor, o tipo de xuro variará por anos naturais, de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ao mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 0,65 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pactaran as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada ano será comunicado polo Igape ás entidades de crédito e publicado no Diario Oficial de Galicia.

7.4.2. Comisións.

As entidades de crédito que formalicen operacións ao abeiro deste convenio poderán percibir por todos os conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima do 1%. Esta comisión non será subvencionable.

7.4.3. Axuda financeira e prazo de subsidiación.

A subsidiación ao tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro será de 3,00 puntos.

7.4.4. Tipo de xuro resultante para o beneficiario e puntos de subsidiación efectivos.

Para os efectos do cálculo do importe da subsidiación, o tipo de xuro menos os puntos de subsidiación que lle corresponda segundo o establecido no punto anterior, non poderá ser inferior ao 1%. No caso de que esa diferencia sexa inferior, reducirase a subsidiación nos puntos correspondentes (puntos de subsidiación efectivos)

7.4.5. Condicións da entrega á conta e das cotas de arrendamento financeiro.

Deberá facerse unha entrega inicial á conta do total que se vai financiar, por parte do arrendatario, minima do 5%. Este importe non incorporará carga financeira ningunha.

As cotas de arrendamento serán de igual importe, terán vencemento mensual e deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 128 da Lei 43/1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades.

7.4.6. Cálculo da axuda financeira:

A axuda financeira que se conceda pagarase dunha soa vez e para o seu cálculo procederase do seguinte xeito:

a) O importe da subvención calcularase mediante a elaboración de táboas ou cadros de amortización nos que se tomará como tipo de xuro os puntos de subsidiación efectivos concedidos e como prazo o do total do contrato. Para estes efectos teranse en conta as seguintes consideracións:

1. As cotas son prepagables, é dicir, pagadas ao principio do período.

2. No momento contractual realizarase o desembolso da entrega á conta e da primeira cota, ambas constituídas soamente por capital. Non se imputarán, polo tanto, xuros á primeira cota.

3. No resto das cotas convense o aboamento anticipado de xuros, o que deixa o valor residual con capital exclusivamente.

4. O cálculo da cota, aplicando as características anteriores ao método preparable francés, vén dada pola expresión:

C - V (1+i)

a=

1-(1+i)

(1+i)

i

Onde

a = importe da cota do período.

C= capital inicial.

V = valor residual para exercer a opción de compra

i= xuro do período en tanto por un.

T.I.N.

i=

100p

T.I.N.= tipo de xuro nominal anual.

p= nº de veces que se cobra a cota durante o ano (12).

O total da columna «carga financeira» do cadro de amortización, así calculado será o montante da subsidiación para todo o período.

b) Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da presentación da solicitude no Igape.

c) Para a determinación dos puntos de subvención efectivos terase en conta o establecido na cláusula 7.4.4 e tomarase coma tipo de xuro nominal o que corresponde ao ano da presentación da solicitude no Igape.

d) No caso de que o contrato sexa cancelado, total ou parcialmente, calcularase o novo importe da subvención e o importe que debe reintegrar o beneficiario ao Igape, que deberá realizar na forma e nos prazos que se estableza na resolución de reintegro.

Cláusula oitava.-Tramitación.

8.1. Solicitudes.

As solicitudes de subsidiación presentaranse nas entidades de crédito, no cuestionario normalizado (anexo I) que se distribuirá a través destas e será publicado no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o contrato, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

8.2. Coa presentación do cuestionario de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas recollidas no presente convenio apoderan a entidade de crédito para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites en que así se prevexa no presente convenio. A este respecto o Igape considerará a actuación da entidade de crédito como se fora propia da empresa solicitante.

8.3. O impreso de solicitude constará de tres exemplares:

-Primeira copia para o Igape.

-Segunda copia para a entidade de crédito, e

-Terceira copia para o solicitante.

A entidade de crédito datará e selará os tres exemplares do impreso de solicitude, entregando ao solicitante a correspondente copia. A entidade de crédito deberá centralizar a recepción das solicitudes, unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolver a petición de leasing.

As entidades de crédito remitirán ao Igape as solicitudes mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe)

O último día hábil para a presentación das solicitudes no Igape será:

-Para operacións solicitadas durante o ano 2004, o 30 de novembro dese ano.

-Para operacións solicitadas durante o ano 2005, o 30 de novembro dese ano.

-Para operacións solicitadas durante o ano 2006, o 30 de novembro dese ano.

8.4. Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicará aos solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas polo Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

8.5. Se a solicitude non reúne os datos exixidos neste convenio, ou non está acompañada da documentación exixida, requirirase o solicitante e a entidade de crédito para que, no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao do requirimento, se emende a falta ou se presenten os documentos preceptivos, con indicación de que en caso contrario considerarase desistido da solicitude, logo de resolución declarativa de tal circunstancia. O requirimento á entidade de crédito realizarase vía fax.

8.6. Nos casos en que o Igape o considere necesario, e para efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe á consellería sectorial correspondente, en relación co cumprimento por parte dos proxectos de investimento da normativa específica que resulte aplicable.

8.7. Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figure no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

8.8. A Dirección da Área de Financiamento e a Dirección Xeral do Igape, elevarán proposta de resolución ao presidente do Igape, que incluirá os puntos de subsidiación propostos, tipo mínimo a cargo do beneficiario, importe, prazo e condicións financeiras do contrato de arrendamento financeiro, o importe do investimento subvencionable e porcentaxe de financiamento proposta. As propostas de denegación de solicitudes deberán detallar a causa.

As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

8.9. O Igape notificará ao solicitante e comunicará á entidade de crédito, a concesión ou denegación da subsidiación. O beneficiario deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ao Igape debidamente cuberta.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses desde a súa notificación. Potestativa

mente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo dun mes desde a súa notificación.

O prazo máximo para notificar a resolución do procedemento será de 6 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda. O dito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido o dito prazo sen que se teña notificado resolución expresa, poderá entenderse desestimada.

8.10. As axudas concedidas ao abeiro do presente convenio que superen os 300.000 A serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nos termos establecidos no artigo 11 do Regulamento 287/2000 de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

8.11. A entidade de crédito e o solicitante deberán formalizar o contrato de arrendamento financeiro mediante escritura pública ou póliza intervida por fedatario público, de acordo coas seguintes condicións:

8.11.1. Formalización anticipada: a partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e os requisitos establecidos nel, a entidade de crédito, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formalizar os contratos cos seus clientes. Para iso, deberá sinalar tal opción no cuestionario de solicitude co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este Instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do contrato que se vaia subsidiar. O Igape comunicará mediante fax á entidade de crédito a autorización, se é o caso, a dita formalización. A empresa solicitante requirirá a entidade de crédito copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do contrato.

A autorización á formalización do contrato antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de leasing formalizado anticipadamente, de acordo co establecido no punto anterior, deberase facer mención, polo menos, dos seguintes extremos: que se ten presentado solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto; que o Igape ten autorizada a formalización do contrato, indicando a data e as condicións establecidas na mesma; e que o contrato de leasing quedará acollido ás axudas establecidas no presente convenio nos termos e condicións sinalados na resolución de concesión da axuda que, de ser o caso, no seu día se dite.

No caso de que a resolución de concesión inclúa condicións diferentes ás que se indicaban na autorización de formalización, deberán incluír un anexo ao contrato, intervido por fedatario público, no que se fagan constar as características establecidas na dita resolución.

8.11.2. Se o contrato se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recoller a característica de estar aco

llido a este convenio, nel estableceranse claramente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios, así coma os puntos de subsidiación concedidos e o límite que corresponda para os efectos da aplicación da subsidiación establecido na cláusula 7.4.4

8.11.3. O prazo máximo para a formalización ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións deste convenio, será de 5 meses contados desde o día seguinte á data de notificacion da concesión ao beneficiario. Rematado o dito prazo sen que se formalizase, ou se é o caso adaptase, o contrato, ditarase resolución tendo o solicitante por renunciado e ordeado o arquivo do expediente, agás que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo, e acreditando a conformidade da entidade de crédito, o Igape teña autorizado a dita prórroga.

Cláusula novena.-Xustificación do proxecto e solicitude de cobramento.

Para a xustificación do proxecto de investimento e cobro da subvención, a entidade de crédito deberá remitir ao Igape a seguinte documentación: solicitude de cobro de acordo co modelo do anexo II xunto coa documentación seguinte:

* Copia cotexada pola entidade de crédito do contrato de arrendamento.

* Copias cotexadas pola entidade de crédito dos documentos xustificativos do investimento e dos medios de pagamento.

* Certificación expedida pola entidade financeira acreditativa da titularidade da empresa do nº de conta onde se deberá efectuar o pagamento da subvención.

* Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas ou obtidas polo beneficiario para o proxecto (anexo III).

* Copia cotexada do CIF/NIF.

* Alta ou último recibo pagado polo imposto de actividades económicas ou declaración censual (modelo 036).

* Certificado de baixa na empresa do vehículo usado, expedido pola Dirección Xeral de Tráfico e copia cotexada da/s tarxeta/s de transporte dos vehículos dados de baixa e alta na empresa ou ben tarxeta de transporte da empresa

* Certificacións acreditativas do cumprimento de obrigas fiscais, de estar ao día coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma galega.

A remisión ao Igape da documentación xustificativa sinalada no apartado anterior resultará necesaria para proceder ao pagamento da subsidiación aprobada, podendo o Igape solicitar calquera outra documentación que coide necesaria para a resolución da solicitude.

Cláusula décima.-Pagamento da subsidiación.

Unha vez xutificada adecuadamente a realización do proxecto a xuízo do Igape, procederase ao pagamento da subvención, dunha soa vez, a traves da conta especificada polo beneficiario na solicitude de cobro.

O importe da subvención anticipada será o correspondente, de acordo co establecido na cláusula 7.4.6

Cláusula décimo primeira.-Prórroga de prazos.

En atención ao disposto polo artigo 49 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as prórrogas de prazo establecidos neste convenio solicitaranse ao Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles ao vencemento do prazo para ampliar, co obxecto de que o instituto a poida resolver con anterioridade á súa expiración.

Cláusula décimo segunda.-Modificación.

12.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e en todo caso, a obtención concorrente de subvención ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

12.2. O presidente do Igape poderá acordar a modificación da resolución de concesión a instancia do beneficiario, sempre que a modificación do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo a terceiros e os novos elementos ou circunstacias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

As solicitudes de modificación, acompañadas de memoria xustificativa e, se é o caso, das novas facturas pro forma ou documentación análoga, presentaranse ao Igape a través da entidade de crédito. No caso de que a modificación implique variacións no proxecto de investimento, terán que presentarse en todo caso con anterioridade á formalización do contrato subsidiado.

12.3. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da concesión e, se é o caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido. En ningún caso a resolución de modificación implicará aumentar a contía do contrato subsidiable inicialmente aprobado.

12.4. O cambio de beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo presidente do Igape nos supostos de sucesión de empresa e de transformación da forma xurídica do beneficiario, sempre que se acredite documentalmente a subrogación da totalidade dos dereitos e obrigas derivados do proxecto subvencionado, e especificamente do contrato subsidiado, así como o cumprimento dos requisitos establecidos no número 12.2.

12.5. O presidente do Igape poderá autorizar por instancia do beneficiario, a formalización do contrato con entidade financeira distinta da que tramitou a solicitude. Para tales efectos, solicitarase o cambio a través da nova entidade de crédito, xuntando nova comunicación de concesión de contrato e declaración xurada de inexistencia de variacións na restante documentación do expediente.

12.6. O presidente do Igape poderá autorizar a cancelación anticipada do contrato subsidiado, sempre que o contrato cumpra o prazo mínimo establecido no artigo 128 da Lei 43/1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades, e exerza a opción de compra o beneficiario. O beneficiario, a través da entidade de crédito, deberá comunicar

ao Igape a data de cancelación, xuntando os documentos xustificativos da operación. A cancelación anticipada implicará a perda da subsidiación do Igape desde a data de cancelación e, de ter percibido a axuda, o reintegro correspondente.

Cláusula décimo terceira.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade de crédito por incumprimento do contrato de arrendamento financeiro, e nos casos de suspensión de pagamentos ou quebra do arrendatario, perderase o dereito á subsidiación ao tipo de xuro desde a data de presentación da reclamación ou da admisión a trámite das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente perderase o dereito á subsidiación no caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data de baixa.

A entidade de crédito queda obrigada a comunicar ao Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de reclamación ou admisión a trámite no xulgado.

Así mesmo, a entidade de crédito deberá comunicar ao Igape a mora ou non pagamento das cotas por parte do beneficiario, circunstancia que suporá a retención da subsidiación por parte do Igape mentres o beneficiario non regularice a situación.

2. Procederase ao reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ao beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Non exercer a opción de compra á espiración do contrato subsidiado, ou que o contrato fose declarado vencido anticipadamente.

f) Cando o importe das axuda, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade da axuda establecido pola normativa comunitaria.

O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

A falta do exercicio da opción de compra polo beneficiario implicará incumprimento total, sendo causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas.

As cantidades para reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu recobro, se é o caso, a vía de constrinximento.

3. O procedemento para declarar o incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ao disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e as entidades de crédito colaboradoras sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Cláusula décimo cuarta.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto ás normais do mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada - agás as referidas no punto anteriorpero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade da axuda establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención do tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse en euros os valores absolutos das subvencións que se percibirán.

b) Actualizaranse ao ano da concesión das axudas os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula décimo quinta.-Control.

Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verificar a aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Cláusula décimo sexta.-Obrigas das entidades de crédito.

A entidade de crédito asinante deste convenio comprométese a:

a) Aprobar contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio.O Igape poderá establecer límites máximos anuais do importe para financiar nos contratos que aprobe cada entidade financeira. Este será comunicado, se é o caso, a cada unha das entidades asinantes do convenio.A aprobación de contratos por importe superior ao máximo total establecido deberá ser previamente autorizada polo Igape. Non obstante, tal límite poderá ser ampliado ou reducido, por acordo expreso da entidade de crédito e o Igape, en función do grao de execución desta no tempo transcorrido.

b) Para efectos de seguimento e control da execución do convenio, a entidade de crédito remitirá por escrito ao Igape antes do 5 de outubro de cada

ano, a relación de peticionarios referida ao derradeiro día hábil do mes de setembro, aos que lle foron concedidos contratos, engadindo de ser o caso a relación de solicitudes que estean en trámite. Para as solicitudes aprobadas, deberá detallarse número de expediente e importe para financiar. Unha relación similar deberá enviarse ao Igape antes do 15 de decembro de cada ano referida ao 30 de novembro.

c) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidos no presente convenio.

d) Manter á disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

e) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dite o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

f) Remitir ao Igape as aclaracións que solicite respecto á documentación relativa á xustificación, liquidación e aboamento das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que respecto á xestión dos fondos poida efectuar o Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 15ª.

g) Manter puntualmente informado o Igape das incidencias dos contratos de arrendamento financeiro subscritos ao abeiro deste convenio, en especial dos vencementos anticipados.

Cláusula décimo sétima.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da contraria, cun mínimo de 30 días de aviso previo.

A resolución suporá, en todo caso, deixar atendidas fronte aos beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula décimo oitava.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades de crédito e representantes do Igape, que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de maneira periódica.

Cláusula décimo novena.-Publicidade.

As entidades de crédito asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de acadar maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades de crédito sobre este convenio, deberán contar coa previa autorización do Igape.

Cláusula vinte.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo ao Igape a interpretación do seu contido.

Pola entidade de créditoPolo Igape

Asdo.:Asdo.: José Antonio Orza Fernández

DNI:Presidente do Igape

ANEXO II

Relación de entidades de crédito colaboradoras

Lico Leasing, S.A.

Banco Pastor, S.A.

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria.

Banesto, S.A.

Hispamer Servicios Financieros, E.F.G., S.A.

Bansabadell Leasing, E.F.C.

Banco Santander Central Hispano.

Banco Popular Español.

Banco de Galicia.

Caixa Galicia.

Banco Gallego.

Banco Espírito Santo.

Banco Urquijo.

Banco Atlántico, S.A.

Banco Simeón.

Barclays Bank, S.A.

Caja de Pensiones y Ahorros de Barcelona La Caixa.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL