DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 26 de maio de 2004 Páx. 7.406

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2004 pola que se conceden as axudas para a constitución de redes temáticas convocadas na orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 19 de decembro).

Por orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de decembro de 2003 (DOG do 19 de decembro), convócanse as axudas para o ano 2004 de diversas accións do programa de promoción xeral da investigación do PXIDIT e actualízanse as bases correspondentes aprobadas pola Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 10 de abril). No anexo V das citadas ordes figuran as axudas para a constitución de redes temáticas.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, atendendo ás dispoñibilidades de crédito e tendo en conta a proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as axudas para a constitución de redes temáticas aos beneficiarios que se

citan no anexo a esta resolución, na contía que se sinala.

As axudas concedidas teñen unha duración dun ano contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-De conformidade coa base 7 da convocatoria, os beneficiarios destas axudas quedan obrigados a presentar unha memoria científica final que resuma o alcance dos obxectivos propostos na solicitude, xunto cunha descrición dos gastos efectuados e o equipamento adquirido.

A inobservancia dos beneficiarios de calquera dos requisitos establecidos na orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Terceiro.-A subvención será librada a través do organismo a que pertenza o investigador que actúa como responsable e coordinador da solicitude.

Antes do pagamento, os beneficiarios están obrigados a presentar unha declaración complementaria das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou das concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2004.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO

BeneficiarioOrganismoDenominaciónImporte

2004

Importe

2005

Total

Bermúdez de Castro

López-Varela, Alfredo

Universidade de Santiago de CompostelaForo estable de interacción matemática aplicada-industria9.000 A9.000 A18.000 A

Ladra González, ManuelUniversidade de Santiago de CompostelaRede Galega de Álxebra, Computación e Aplicacións (Regaca)9.000 A9.000 A18.000 A

Totais18.000 A18.000 A36.000 A

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL