DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 24 de maio de 2004 Páx. 7.241

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se ditan instrucións sobre o acceso e a admisión aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Advertido erro, na devandita resolución, publicada no DOG nº 83, do venres, 30 de abril de 2004, cómpre facer a oportuna corrección.

Na páxina 6.100, no cadro do calendario para a publicación das novas relacións de admitidos, cos correspondentes prazos de matrícula, pertencente ao Capítulo II: ciclos formativos de grao superior, punto III. Inscrición e matrícula, artigo vixésimo cuarto, nas datas de publicación da relación de admitidos onde di: «14 de setembro»; debe dicir: «14 de outubro».