DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 21 de maio de 2004 Páx. 7.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2004, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se acorda ratificar a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa, inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Examinada a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa ao Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, realizada en cumprimento da súa disposición transitoria primeira.

Comprobado que se cumpre o requisito que establece o artigo 4 do Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións,

de aprobación pola xunta xeral da confraría, na súa reunión do 15 de abril de 2004, e de conformidade co disposto nos artigos 2 e 14 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, e cos artigos 112 a), 113 e 114 do decreto citado, relativos ao rexistro de confrarías e das súas federacións.

A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en representación desta, acorda ratificar a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa, que consta de 94 artigos, unha disposición adicional, unha derrogatoria e unha derradeira (61 páxinas), inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións no folio 38 do libro 1º, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, adquirindo desde este momento a eficacia xurídica que lle recoñecen as normas legais de aplicación.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2004.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación

e Desenvolvemento Pesqueiro

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA