DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 21 de maio de 2004 Páx. 7.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 29 de abril de 2004 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación: Lei 7/2003 do 9 de decembro de Ordenación Sanitaria de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Sanidade e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2004.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Lei 7/2003 do 9 de decembro de Ordenación Sanitaria de Galicia: 5 euros.