DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 19 de maio de 2004 Páx. 7.115

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2004 pola que se convocan unhas Xornadas sobre as novidades da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas.

Dentro do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2004 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración co Centro de Estudos Xurídicos Superiores, unhas Xornadas sobre as novidades da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Debater sobre as novidades máis sobresalientes da nova Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, con especial atención a aspectos tan esenciais como a adquisi

ción, conservación, reivindicación, xestión, cambio de cualificación xurídica dos bens públicos, etc.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-O patrimonio das administracións públicas. Aspectos xerais, clasificación e principios legais. Ámbito de aplicación e relación coas restantes normas sobre patrimonio estatais e autonómicas.

-Réxime xurídico da xestión patrimonial dos bens públicos.

-As técnicas de protección e defensa do patrimonio das administracións públicas. En especial, novedades introducidas na dispoñibilidade de bens e dereitos, na súa inscrición rexistral e nas prerrogativas para a defensa do patrimonio público.

-Réxime xurídico da afectación, desafectación, mutación de destino, adscrición e desadscrición dos bens e dereitos públicos.

-Novidades lexislativas relativas ao uso e explotación dos bens e dereitos públicos.

-Novidades lexislativas relativas á adquisición de bens e dereitos polas administracións públicas.

3. Destinatarios.

Persoal ao servizo da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e data: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (praza da Estrela-Concepción Arenal, nº 8, da citada cidade), os días 3 e 4 de xuño de 2004.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o martes, día 1 de xuño de 2004.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ao director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por fax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscricións fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 2 de xuño, de 8.30 a 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 39/981 54 62 44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como o de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ao remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública