DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 19 de maio de 2004 Páx. 7.114

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2004 pola que se convoca un curso de actualización en materia penal.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Lugo, anúnciase a celebración dun curso de actualización en materia penal, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer as novidades habidas na normativa penal e procesual-penal que teñan maior incidencia na operativa diaria das policías locais.

-Saber qué cambios se introducen coa nova reforma do Código Penal e a afectación sobre o traballo policial que iso vai supor á súa entrada en vigor.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia de Lugo.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 3 de xuño de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Lugo, Área de Formación (fax: 982 26 01 69) Rúa San Marcos, nº 8, 27001 Lugo; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 7 ao 11 de xuño de 2004.

O horario será das 16.30 ás 20.30 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. A reforma do Código Penal: novidades máis importantes que achega esta reforma, que entrará en vigor en outubro de 2004.

II. Actualización na operativa policial referida aos xuízos rápidos.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos será feita pública o día 4 de xuño a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Lugo como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 982 26 00 64/982 26 00 65 (Área de Formación da Deputación Provincial de Lugo).

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Lugo, na aula de Formación da Deputación Provincial de Lugo, sita na rúa San Marcos, nº 8, 27001 Lugo.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Lugo, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 3 de maio de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade