DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 19 de maio de 2004 Páx. 7.113

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Ártabra, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Ártabra, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-4-2004 e subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo o día 14-4-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de abril de 2004.

Luis Alberto Álvarez Freijido

Delegado provincial da Coruña

Acta de revisión da táboa salarial 2003 e táboa

salarial do ano 2004

Empresa: Manuel Batallán Casas.

Traballadores:

Francisco M. Sueiro Vila.

J. Ángel Vázquez Fernández.

J. Antonio Zamarra Juncal.

Asesores: Roberto Veira López (UGT).

En Arteixo o 14 de abril de 2004, sendo as 17.30 horas, reúnense nos locais da empresa Ártabra, S.A. as partes que se relacionan, membros da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Ártabra, S.A., os cales en aplicación do establecido nos

artigos 3º e 6º do vixente convenio colectivo, adoptan os seguintes acordos:

Primeiro.-Revisión da táboa salarial do ano 2003.

Efectuar a revisión salarial do 0,6%, segundo a fórmula establecida no artigo 3 do convenio (anexo I).

Segundo.-Táboa salarial para o ano 2004 (artigo 6º).

Aplicar un incremento salarial do 2,5% sobre a táboa de salarios do ano 2003, unha vez realizada a revisión indicada no punto anterior (anexo II).

Terceiro.-Desígnase a Roberto Veira López para efectuar os trámites de entrega das correspondentes actas na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Sen máis asuntos que tratar, lévantase a sesión, sendo as 18.30 horas do día arriba indicado, asinando os presentes esta acta.

ANEXO I

Táboa de salarios definitiva ano 2003

CategoríaSalario

base

Complemento convenioSalario brutoSalario anual

Peón575,07178,27753,3411.300,10

Axudante577,37185,81763,1811.447,70

Oficial 3ª577,57193,80771,3711.570,55

Oficial 2ª579,67201,82781,4911.722,35

Oficial 1ª581,97217,20799,1711.987,55

Encargado584,26228,76813,0212.195,30

Auxiliar administrativo579,67201,82781,4911.722,35

Oficial administrativo581,97217,20799,1711.987,55

Vixilante575,08180,99756,0711.341,05

Nota: o salario anual está composto por 15 pagas de 30 días incluídas as pagas de 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro.

Cálculo valor hora extraordinaria:

As horas extraordinarias para cada categoría calcularanse de acuerdo co seguinte módulo e recarga:

Recarga = 75x100 do módulo

Módulo = Salario anual

1.792 horas

Valor hora extraordinaria = 1,75xmódulo

ANEXO II

Táboa de salarios ano 2004

CategoríaSalario

base

Complemento convenioSalario brutoSalario anual

Peón589,45182,73772,1811.582,70

Axudante591,80190,46782,2611.733,90

Oficial 3ª592,01198,65790,6611.859,90

Oficial 2ª594,16206,87801,0312.015,45

CategoríaSalario

base

Complemento convenioSalario brutoSalario anual

Oficial 1ª596,52222,63819,1512.287,25

Encargado598,87234,48833,3512.500,25

Auxiliar administrativo594,16206,87801,0312.015,45

Oficial administrativo596,52222,63819,1512.287,25

Vixilante589,46185,51774,9711.624,55

Nota: o salario anual está composto por 15 pagas de 30 días incluídas as pagas de 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro.

Cálculo valor hora extraordinaria:

As horas extraordinarias para cada categoría calcularanse de acordo co seguinte módulo e recarga:

Recarga = 75x100 del módulo

Módulo = Salario anual

1.792 horas