DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 19 de maio de 2004 Páx. 7.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril).

O Decreto 72/2004, do 12 de abril, declara como zonas de especial protección dos valores naturais os lugares de importancia comunitaria que forman parte da rede Natura 2000 e as zonas de especial protección para as aves, e establece a denominación, superficie de cada unha delas, así como os concellos onde se sitúan.

Para darlle unha maior publicidade á delimitación destas zonas, esta dirección xeral

ACORDA:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollan os límites de cada unha das zonas de especial protección dos valores naturais a que fai referencia o mencionado Decreto 72/2004, do 12 de abril.

Ademais, os límites dos espacios que conforman as zonas de especial protección dos valores naturais a que fai referencia o citado decreto poden ser consultados na páxina web da Consellería de Medio Ambiente (http://www.xunta.es/conselle/cma/consnat.htm)

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2004.

Javier Ruiz de Almirón Schlung

Director xeral de Conservación da Natureza