DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 14 de maio de 2004 Páx. 6.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 4 de maio de 2004 pola que se resolve a convocatoria da cuarta edición do premio A empresa en favor da familia.

Convocada pola Orde do 18 de marzo de 2004 (DOG nº 61, do 29 de marzo) a cuarta edición do premio A empresa en favor da familia establecido polo Decreto 80/2002, do 7 de marzo (DOG nº 57, do 21 de marzo), e de conformidade coa base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder o premio A empresa en favor da familia, correspondente ao ano 2004, á entidade

Caixanova, como recoñecemento ás accións realizadas dentro do ámbito da organización empresarial que teñen en conta os intereses das familias e coadxuvan á conciliación da vida familiar e laboral.

Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado