DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 14 de maio de 2004 Páx. 6.842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

DECRETO 94/2004, do 5 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de ampliación e acondicionamento de marxes do encoro de Pontillón de Castro, Pontevedra.

Con data do 4 de maio de 2004 a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado aprobou o proxecto de construción de ampliación e acon

dicionamento de marxes do encoro de Pontillón de Castro, Pontevedra.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 146/1982, do 1 de decembro, sobre asunción de competencias en materia de cultura e asignadas, tralas oportunas reformas organizativas a esta Consellería, en virtude do Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, considerándose imprescindible para posibilitar a construción dunha pista de piragüismo no citado encoro, de destacada relevancia deportiva e promocional de Galicia.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, a proposta da Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de maio de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos da expropiación no proxecto de construción de ampliación e acondicionamento de marxes do encoro de Pontillón de Castro, Pontevedra.

Santiago de Compostela, cinco de maio de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado