DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 10 de maio de 2004 Páx. 6.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de febreiro de 2004 pola que se aproban os temarios que rexerán no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

Advertidos erros no anexo á devandita orde, publicada no DOG número 34, do pasado mércores 18 de febreiro de 2004, cómpre facer as oportunas correccións.

Na parte de dereito laboral, sanitario e da Seguridade Social, páxina 2.125, columna dereita, deben substituírse os temas 17 e 18 polos que seguen:

«Tema 17. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario e incompatibilidades».

«Tema 18. Réxime de retribucións do persoal estatutario da Seguridade Social. A función inspectora no ámbito sanitario. Especial referencia á ordenación de funcións da inspección dos servizos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia».