DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 05 de maio de 2004 Páx. 6.316

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2004 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente, e o complemento de recoñecemento ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, establece no seu articulado a necesidade da aprobación dun protocolo de avaliación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, como órgano encargado de realizar a valoración previa, da actividade docente e investigadora, necesaria para a asignación das retribucións adicionais reguladas polo mencionado decreto.

Coa aprobación da Orde do 16 de abril de 2004 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación (Cgiaca), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador, complétase o sistema para avaliar ou informar as actividades docentes e investigadoras, previas á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao recoñecemento do labor docente e investigador dos profesores pertencentes ao Sistema Universitario de Galicia.

De conformidade co establecido nesta orde, o Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e no seu nome, o presidente, convocará mediante resolución a apertura do prazo para a presentación de solicitudes de avaliación ou informe para a contratación de profesorado polas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que unha vez reunido o Consello de Dirección, na súa virtude,

RESOLVO:

Primeira.-Obxecto.

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias para solicitar a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente, e o complemento de recoñecemento ao labor investigador, establecidos, respectivamente, no artigo 2.1º e 2.2º do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

Segunda.-Destinatarios.

Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que, de conformidade co establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e no Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vin

culadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, queiran solicitar a asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior por parte dalgún dos consellos sociais das universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia.

Terceira.-Requisitos.

Conforme o disposto no Decreto 55/2004 e na Orde do 16 de abril de 2004, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación (Cgiaca), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador, para obter a asignación dos complementos será necesario:

a) Para o complemento de recoñecemento ao labor docente:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente de calquera das universidades públicas de Galicia.

2. Que a súa praza sexa fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei.

3. Acreditar polo menos un ano de servizo na súa praza.

4. Ter dedicación a tempo completo no exercicio da docencia.

5. Valoración positiva, dos méritos nos que se sustente a solicitude, pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación na Orde do 16 de abril de 2004, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación (Cgiaca), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador.

b) Para o complemento de recoñecemento ao labor investigador:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente de calquera das universidades públicas de Galicia.

2. Que a súa praza sexa fixa e estable con carácter permanente, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei.

3. Acreditar polo menos un ano de servizo na súa praza.

4. Ter presentado na universidade un traballo de investigación que, sendo xulgado por un tribunal avaliador, lle teña outorgado o grao de doutor.

5. Valoración positiva dos méritos nos que se sustente a solicitude, pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación na Orde do 16 de abril de 2004 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación (Cgiaca), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador.

Cuarta.-Solicitudes.

1. As solicitudes dirixiranse ao presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e presentaranse ante esta no modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo I a esta resolución.

Estas solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros relacionados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. As solicitudes que se presenten deberán indicar cunha aspa, no modelo de instancia referido no punto anterior, cál ou cáles das retribucións adicionais sinaladas na base primeira solicitan. No caso de que se solicite a asignación das dúas retribucións, poderase facer nunha soa instancia.

Quinta.-Documentación e cotexo.

1. As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación.

a) Para o complemento de recoñecemento ao labor docente:

-Modelo normalizado de instancia que se publica para o efecto como (anexo I).

-Fotocopia, debidamente cotexada polo funcionario encargado do rexistro no que se presente a solicitude, do DNI ou documento equivalente acreditativo da identidade do solicitante.

-Certificado de estar integrado no cadro de persoal docente de calquera das universidades públicas de Galicia e ter dedicación a tempo completo no exercicio da docencia e antigüidade na praza de máis dun ano.

Eximirase da entrega deste certificado, sempre que a respectiva universidade na que preste os seus servicios o solicitante, presente á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia unha lista oficial en que relacione os profesores que cumpren estes requisitos.

-Breve memoria de autoavaliación do labor docente, que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II.A.

b) Para o complemento de recoñecemento ao labor investigador:

-Modelo normalizado de instancia que se publica para o efecto como (anexo I).

-Fotocopia, debidamente cotexada polo funcionario encargado do rexistro no que se presente a solicitude, do DNI ou documento equivalente acreditativo da identidade do solicitante.

-Certificado de estar integrado no cadro de persoal docente de calquera das universidades públicas de Galicia e ter dedicación a tempo completo no exercicio da docencia e antigüidade na praza de máis dun ano.

Eximirase da entrega deste certificado, sempre que a respectiva universidade, na que preste os seus servizos o solicitante, presente á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia unha lista oficial en que relacione os profesores que cumpren estes requisitos.

-Xustificante de grao de doutor (este requisito non será preciso para os solicitantes que sexan profesores de corpos docentes nos que se exixa o título de doutor, circunstancia esta última que se deberá facer constar).

-Breve memoria de autoavaliación do labor investigador que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II.B.

2. No caso de que se solicite a asignación das dúas retribucións adicionais na mesma instancia, non será necesario repetir os documentos que acrediten os mesmos extremos das respectivas retribucións.

Sexta.-Prazo.

O prazo para presentar as instancias nas que se solicite a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente, e o complemento de recoñecemento ao labor investigador, será de 30 días naturais contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétima.-Corrección e mellora da solicitude.

Cando, de conformidade co disposto na Orde do 16 de abril de 2004 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación (Cgiaca), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador, as solicitudes presentadas en prazo non reúnan os requisitos exixidos nesta ou non se xuntasen os documentos necesarios indicados nestas bases, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia requirirá ao interesado para que, no prazo de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da recepción do requirimento, se emende a carencia, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, considerándose que desistiu da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992.

Oitava.-Procedemento.

O procedemento para a tramitación das solicitudes e a avaliación dos currículos farase de conformidade co regulado na Orde do 16 de abril de 2004 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación (Cgiaca), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar os complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador.

Novena.-Entrada en vigor.

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2004.

Manuel Cecilio Díaz y Díaz

Presidente da Axencia para a Calidade

do Sistema Universitario de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA