DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 05 de maio de 2004 Páx. 6.311

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para 2004, calendario laboral 2004 e revisión doutros artigos do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (Nigrán).

Vista a acta da revisión salarial para 2004, calendario laboral 2004 e revisión doutros artigos do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (Nigrán), con nº de código 3602601, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 23-3-2004, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, con data do 22-1-2004. De conformidade co disposto no artigo 44.2º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º,

do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de marzo de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Delegado de persoal:

Roberto Pérez Costas.

Empresa:

Guillermo de Cal Alonso.

Miguel Ángel Guerra Martín.

Guillermo Davila Davila.

En Nigrán, ás 13.00 horas do día 22 de xaneiro de 2004, nas dependencias da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., situadas na r/ Rosalía de Castro, reúnense as persoas relacionadas, como delegado de persoal e a representación da empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria de Nigrán, coa seguinte orde do día:

Primeiro: aprobación das táboas salariais para o ano 2004.

Segundo: calendario laboral para o ano 2004.

Terceiro: revisión artigos con contido económico.

Primeiro.-Apróbanse as táboas salariais para o ano 2004, que incrementaron as do ano 2003, no 3,60%, en aplicación do previsto no artigo 44.4º do convenio. Xúntase a esta acta como anexo I.

Segundo.-Apróbase o calendario laboral para o ano 2004, que figura adxunto a esta acta como anexo II.

Terceiro.-Modifícanse, igualmente, os artigos do convenio de contido económico, e que figuran así mesmo no anexo I.

Acórdase dirixirse á autoridade laboral para efectos de rexistro e publicación dos acordos acadados.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás 17.00 horas e 30 minutos.

ANEXO I

Táboa salarial 2004

Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

RBU e l. viaria de Nigrán.

Incremento 2004: 3,60%.

IPC real 2003: 2,60%.

CategoríaS. baseTóxicoNoct.Activ.Transp.Produt.Pagas

ver./Nadal

Benefic.

Encargado31,926,387,988,942,545,37957,60478,80

Cond. día20,404,081,712,545,13612,00306,00

Cond. noite20,404,085,101,712,545,13612,00306,00

Ofc. 1ª mec.20,404,081,712,545,13612,00306,00

Peón día19,363,871,222,545,13580,80290,40

Peón noite19,363,874,841,222,545,13580,80290,40

Prezo festivo33,66

-Persoal admvo.

(retribución mensual)

Aux. admón.580,7826,6163,55580,78290,39

ANEXO II

Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Delegación Galicia-Medio Ambiente

Servizo de RBU e limpeza viaria de Nigrán

Cadro horario para o ano 2004

1. Servizo de RBU:

-16 setembro a 15 de xuño:

Luns a sábado:

Noite das 23.00 ás 6.00 horas.

Mañá das 7.00 ás 14.00 horas.

-16 de xuño a 15 de setembro:

Diario:

Noite das 23.00 ás 6.00 horas.

Mañá das 7.00 ás 14.00 horas.

2. Servizo de l. viaria:

-16 de setembro a 15 xuño:

Luns a sábado:

Mañá das 7.00 ás 14.00 horas.

-16 de xuño a 15 de setembro:

Diario:

Mañá das 7.00 ás 14.00 horas.

3. Servizo de talleres:

-16 de setembro a 15 de xuño:

Luns a sábado:

Mañá das 7.00 ás 14.00 horas.

-16 de xuño a 15 de setembro:

Diario:

Mañá das 7.00 ás 14 horas.

4. Servizo de oficinas:

-16 de setembro a 15 de xuño:

Luns a xoves:

Mañá das 8.00 ás 14.00 horas.

Tarde das 16.00 ás 18.30 horas.

Venres:

Mañá das 8.00 ás 14.00 horas.

-16 de xuño a 15 de setembro:

Luns a venres:

Mañá das 8.00 ás 15.00 horas.

5. Festivos locais:

Día 24 de xuño (xoves-San Xoán).

Día 29 de xuño (martes-San Pedro).

6. Festivos s/art. 19 conv.:

Día 3 de novembro (mércores-San Martiño de Porres).