DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 05 de maio de 2004 Páx. 6.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de abril de 2004 pola que se convocan axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ao profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2004 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica ou asociacións e fundacións con fins pedagóxicos, legalmente constituídas.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu artigo 31, a súa competencia plena para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias e sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que o desenvolvan.

A Lei orgánica 10/2002, de calidade da educación, dispón que as administracións educativas promoverán a mellora continua da cualificación profesional dos profesores e a adecuación dos seus coñecementos e métodos á evolución da ciencia e das didácticas específicas (artigo 57.1º).

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consciente da importancia que ten a formación permanente do profesorado de cara á mellora da calidade do ensino e á potenciación no uso do galego e a renovación da metodoloxía e das técnicas didácticas que se aplican nos centros docentes, e consciente da repercusión e incidencia real que teñen os movementos de renovación pedagóxica, as asociacións e fundacións pedagóxicas e as organizacións sindicais do ámbito educativo, en canto a que contribúen ao desenvolvemento deste proceso e potencian a realización de actividades de perfeccionamento, pretende facilitar o logro destes obxectivos a través da concesión de axudas económicas.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

1. Convócanse axudas económicas para a organización durante o ano 2004 de actividades de formación do profesorado dirixidas a profesores que imparten a súa docencia en niveis non universitarios, que estean homologadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e que dinamicen o ensino en galego.

2. O importe máximo total das axudas que se concedan é de 90.152 euros, con cargo ao concepto orzamentario 07.04.322I.480.0. A cantidade máxima que se concederá por movemento de renovación pedagóxica ou asociación non será superior a 9.100 euros.

O gasto que se proxecta está condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio do ano 2004.

3. Poderán ser beneficiarios destas axudas os movementos de renovación pedagóxica e as asociacións e fundacións pedagóxicas legalmente constituídas e recoñecidas cando nos seus estatutos figure como fin preferente a formación do profesorado e desenvolvan as

súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que teñan xustificadas as axudas concedidas en anteriores convocatorias.

4. Os movementos de renovación e as asociacións e fundacións pedagóxicas interesadas deberán dirixir as súas solicitudes, segundo o modelo que figura no anexo I, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, S. Caetano s/n, 15781-Santiago de Compostela.

As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou nos lugares que determina o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xunto coa seguinte documentación:

A. Programa das actividades desenvolvidas ou que van desenvolver, conforme o modelo que figura no anexo II.

B. Orzamento, segundo o modelo do anexo IV, tendo en conta os módulos económicos e os conceptos que figuran no anexo III.

C. Copia compulsada dos documentos que acreditan a súa constitución legal.

D. Copia compulsada dos estatutos da entidade.

E. Copia do CIF.

F. Documentación acreditativa da representación que exerce o solicitante.

G. Certificación bancaria da conta corrente.

H. Declaración xurada asinada polo representante legal do movemento de renovación pedagóxica, da asociación ou da fundación indicando se recibe outras axudas para o desenvolvemento da actividade. En caso afirmativo, especificar a contía e a entidade que a concede.

A documentación das letras C, D, E, F e G non terá que ser achegada polos movementos de renovación pedagógica, non polas asociacións e fundacións pedagóxicas que xa recibiran axudas económicas en anos anteriores, sempre e cando non tiveran variación nos seus datos.

De acordo co establecido no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aquelas solicitudes que non acheguen os documentos anteriormente sinalados, requirirase o interesado para que nun prazo de dez días emende as faltas ou remita os documentos preceptivos; de non facelo considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente.

5. O prazo para a presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

6. As actividades (deseño, convocatoria, publicidade, desenvolvemento, certificacións, etc.) faranse en galego e de acordo co Decreto 173/1982, sobre normativización da lingua galega, e coa disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística, e irán dirixidas ao profesorado da Comunidade Autónoma.

7. Financiaranse prioritariamente aquelas actividades que fomenten o ensino en galego e que coincidan basi

camente cos obxectivos xerais da política educativa establecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, especialmente os definidos nos plans de formación e que versen sobre os seguintes temas considerados como prioritarios:

a) Deseño e desenvolvemento curricular.

b) Contidos transversais do currículo.

c) Atención á diversidade.

d) Educación de adultos.

e) Modalidades, técnicas e instrumentos de avaliación.

f) Xestión e organización de centros educativos.

g) Orientación e titoría.

8. A contía das axudas establecerase en función do número de solicitudes, da adecuación dos proxectos ao establecido no artigo 7º da presente convocatoria e da dispoñibilidade orzamentaria, tendo en conta ademais que, sumadas a outros recursos que se obteñan, non excedan dos gastos orzados para as actividades programadas, e a súa distribución farase en función dunha programación anual de actividades, tendo en conta criterios como: calidade, número de horas reais de docencia e número de asistentes.

9. Comisión de selección. Constituirase unha comisión de selección integrada por:

Presidenta: a directora xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, ou persoa en quen delegue.

Vogais:

-O xefe do Servizo de Formación do Profesorado.

-O xefe do Servizo de Plans e Programas do Ensino da Lingua Galega da Dirección Xeral de Política Lingüística.

-Un funcionario do Servizo de Formación do Profesorado.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

-Por cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá asistir un representante ás sesións da comisión con voz e sen voto. O nome do representante sindical seralle comunicado á presidenta da comisión de selección coa debida antelación.

10. Resolución da convocatoria. Unha vez rematado o proceso de selección, formularáselle a proposta de concesión de axudas ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, determinando en cada caso a súa contía. A orde de concesión de axudas será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

No suposto de non resolverse expresamente esta convocatoria no prazo de seis meses desde a súa publi

cación, e sen prexuízo da súa posterior resolución, as solicitudes entenderanse desestimadas.

11. O pagamento das axudas económicas concedidas farase nun só libramento, unha vez feita a debida xustificación de gastos. A xustificación farase nos seguintes prazos: ata o 30 de outubro de 2004 para as actividades realizadas ata o 30 de setembro e ata o 25 de novembro de 2004 para as actividades que se realicen en outubro e novembro do mesmo ano. A devandita xustificación farase unicamente polos conceptos e módulos que figuran no anexo III e de acordo coas instrucións que figuran no anexo V.

As actividades, das que se xustifica o gasto, deben contar con homologación definitiva antes do 10 de decembro de 2004.

Cando a xustificación de gastos non se axuste aos anexos III e V, por presentar facturas ou recibíns incompletos ou incorrectos, pagarase unicamente a cantidade da axuda concedida correctamente xustificada.

Para poder percibir a axuda concedida, o número de asistentes con dereito a certificado non deberá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas e en ningún caso este número poderá ser menor de 10.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá completar estas instrucións poñéndoas en coñecemento dos interesados cando se lles comunique a contía da axuda concedida.

12. O importe da axuda, tendo en conta os recursos que xere a actividade e outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, poderá reducirse no suposto de que, á hora de presentar a xustificación da axuda, houbese unha diminución dos gastos orzados que supoña que a axuda supera a diferencia entre os ingresos e os gastos reais.

13. Obrigas dos beneficiarios. Son obrigas dos beneficiarios das axudas, segundo o artigo 6º da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, que modifica o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro:

a) Someterse ás actuacións de comprobación que realice a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ao Consello de Contas.

b) Comunicarlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a obtención de calquera outra subvención ou axuda para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración ou ente público.

14. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde constituirá obriga de reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda percibida, consonte cos artigos 19 e 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo o número 7º do artigo 6 da citada Lei 8/1999.

15. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá levar a cabo as inspeccións oportunas orientadas a comprobar a veracidade dos datos facilitados, así como a utilización dos fondos concedidos.

Derradeiras disposicións

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as ins

trucións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO III

ConceptosContía máximaDocumento xustificativo

1. Gastos de ensino.

Cursos, xornadas, simposios, escolas de verán, encontros.

1.1. Coordinación

1.2. Horas de docencia

1.3. Conferencias

-12 euros/hora-60 euros/hora-300 euros/hora

-Recibíns de relatores e coordinador.

2. Gastos de persoal subalterno

2.1. Persoal subalterno

-150 euros-Recibín do persoal subalterno

3. Gastos de material.
3.1. Material funxible
3.2. Publicacións e impresos

3.3. Material de paso audiovisual

3.4. Libros e material didáctico

-Poderase xustificar en material, como máximo, o 25% dos gastos de ensino-Facturas da empresa subministradora

ConceptosContía máximaDocumento xustificativo

3.5. Aluguer de local para realización

da actividade

3.6. Comunicacións (correos)

4. Outros gastos de relatores e coordinador.

4.1. Desprazamentos

4.2. Manutención

4.3. Aloxamento

-0'168283 euros/quilómetro-18'33 euros por comida-58'89 euros/día

-Recibíns de relatores e coordinador ou facturas da empresa subministradora

5. Gastos de difícil xustificación.-Ata o 10% do total da axuda concedida para cada actividade

ANEXO V

Xutificación de gastos:

-Os gastos da actividade xustifícanse con:

1. Recibíns, facturas e folla resumo que se presentarán por triplicado (orixinais ou copias compulsadas).

2. A folla resumo debe conter os seguintes puntos:

a) Ingresos totais:

b) Especificación do gasto:

-Ensino:-Persoal subalterno:-Material:-Outros gastos de relatores e coordinador:-Difícil xustificación:

c) Gastos totais:

-Cada actividade debe xustificarse por separado.

-Os recibíns dos relatores ou coordinador/a deben especificar a retención do 15% de IRPF, nº de horas, concepto (docencia, conferencia ou coordinación). Así mesmo, deben declarar que non superan os límites establecidos no artigo 3 do Decreto 202/2002, do 6 de xuño (DOG do 17 de xuño).

-Todas as facturas deben vir debidamente cubertas, sen emendas, a nome da asociación e indicando tamén nome da actividade que xera o gasto. Deben corresponder ao período que se xustifica e especificar CIF ou NIF e IVE.

-As facturas ou recibíns de desprazamentos, aloxamento ou manutención, dos relatores ou coordinador, deben incluír: nº de quilómetros, nº de comidas ou nº de días de utilización dun cuarto, segundo o caso.

-As facturas de material teñen que especificar: concepto, nº de unidades, custo por unidade e importe total.