DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 03 de maio de 2004 Páx. 6.162

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 81/2004, do 29 de abril, polo que se nomea a Estanislao de Kostka Fernández Fernández delegado provincial da Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, regu-

ladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de abril de dous mil catro,

Nomeo a Estanislao de Kostka Fernández Fernández delegado provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública na Coruña.

Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública