DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 30 de abril de 2004 Páx. 6.090

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se ditan instrucións sobre o acceso e a admisión aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12 de abril) regula as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica.

A Orde do 24 de abril de 2000 (DOG do 30 de maio) regula a admisión do alumnado en bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional específica en centros sostidos con fondos públicos.

A Orde do 12 de abril de 2002 (DOG do 29 de abril) regula a admisión do alumnado nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

O Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro (DOG do 19 de xaneiro), regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficio dirixidos a eles.

As disposicións derradeiras destas ordes autorizan a Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditaren as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación do previsto nelas.

Na súa virtude, estas direccións xerais

RESOLVEN:

Capítulo I

Ciclos formativos de grao medio

I. Condicións de acceso e admisión.

Primeiro.-Acceso aos ciclos formativos de grao medio.

1. Terá acceso directo aos ciclos formativos de grao medio o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:

a) Posuír o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

b) Posuír o título de técnico auxiliar.

c) Posuír o título de técnico.

d) Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado polivalente (BUP).

e) Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.

f) Ter superados o terceiro curso do plan de 1963 (Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, BOE do 6 de novembro) ou o segundo curso de comúns experimental (Decreto 179/1988, do 7 de xullo, DOG do 18 de xullo) das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos

g) Ter superados outros estudos declarados equivalentes con algún dos anteriores para efectos académicos.

2. Así mesmo, poderá acceder aos ciclos formativos de grao medio aquel alumnado que, malia non reunir algún dos requisitos especificados no punto anterior, supere a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002 para aquelas persoas que estean nalgunha das condicións indicadas no punto noveno da citada orde.

3. Estes dous xeitos de acceso son incompatibles. En todo caso, ao acceso mediante proba unicamente poderán concorrer as persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

Segundo.-Distribución de prazas nos centros.

Nos centros sostidos con fondos públicos, a distribución das prazas dispoñibles para cursar cada ciclo formativo realizarase consonte o seguinte:

1. O 20% das prazas reservarase para aqueles solicitantes que, malia non reuniren os requisitos académicos para o acceso directo, acrediten que superaron a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002.

2. As prazas restantes reservaranse para aquel alumnado que reúna os requisitos establecidos para o acceso directo.

3. As porcentaxes establecidas nos apartados anteriores son acumulables entre si. Se non houber suficiente alumnado para cubrir as prazas de acceso directo, as sobrantes acumularanse ás previstas para acceso mediante proba. Así mesmo, se non houber suficiente alumnado que acceda mediante proba de acceso, as prazas sobrantes acumularanse ás previstas para acceso directo. Procederase a efectuar a acumulación das prazas vacantes polas comisións provinciais e, de ser o caso, pola comisión autonómica na derradeira fase do proceso de admisión.

4. Todos os ciclos formativos disporán dunha praza adicional reservada para o alumnado que reúna os requisitos de deportista galego de alto nivel, segundo o establecido no Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro (DOG do 19 de xaneiro).

II. Inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Terceiro.-Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

A proba de acceso acreditará que o aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. É común para todos os ciclos formativos de grao medio e o seu contido atenderá aos aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da educación secundaria obrigatoria. Esta proba de acceso, definida na Orde do 1 de abril de 2002, consta de dúas partes:

Parte sociocultural.

Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade, en galego e en castelán.

Coñecemento da historia, a xeografía e as actitudes da nosa tradición e do noso patrimonio cultural, así como análise dos mecanismos e os valores que rexen o funcionamento das sociedades.

Parte científico-tecnolóxica.

Resolución de problemas nos campos das matemáticas e da tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento lóxico.

Realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnicos. Aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social.

A valoración de cada unha destas partes expresarase mediante a cualificación de apto ou non apto. Para a superación da proba cumprirá obter a cualificación de apto en ambas as dúas partes.

Cuarto.-Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

Os solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo IX desta resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalía emitido polos equipos de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, acompañado do seu ditame técnico facultativo. O tribunal único da avaliación de probas, nomeado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, avaliará o grao de discapacidade e, de ser o caso, adaptará a proba de acceso que deban superar os aspirantes, que, en todo caso, deberán respectar o esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias de proba.

Quinto.-Exencións das probas de acceso.

1. As persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos poderán quedar total ou parcialmente exentas de realizar esta proba de acce

so aos ciclos formativos, en función do grao de afinidade da proba de acceso á universidade e o ciclo formativo ao que queiran acceder.

2. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador que se indica no apartado sexto, punto dous, da Orde do 1 de abril de 2002. A persoa que a solicita xuntará o certificado de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, no que conste a opción efectuada e a puntuación acadada en cada unha das materias. Deberáselle incorporar ao expediente académico do alumno ou da alumna unha copia da resolución (anexo IV da devandita orde).

Sexto.-Inscrición e calendario de celebración das probas de acceso aos ciclos de grao medio.

1. As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proporanlle á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, antes do día 30 de abril, os lugares nos que se realizarán as probas e os centros adscritos, para que se fagan públicos no taboleiro de anuncios dos centros onde se realiza a inscrición, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, antes do día 20 de maio. Tamén deberán propor os inspectores provinciais responsables.

2. A inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido entre o día 3 e o día 13 de maio de 2004, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo VI recollido na Orde do 1 de abril de 2002.

O alumnado matriculado en programas de garantía social neste curso escolar e que desexe realizar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio deberá presentar unha inscrición provisional. A inscrición será definitiva cando se achegue a certificación de ter superado o programa de garantía social na secretaría do centro onde se realizou a inscrición provisional, antes do 21 de maio.

Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a preinscrición nas probas. A folla de preinscrición deberase presentar na secretaría dun dos centros anteriormente citados para lle dar validez á inscrición.

3. As persoas solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo IX desta resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalía emitido polo equipo de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, acompañado do seu ditame técnico facultativo.

4. A relación provisional de persoas inscritas á proba será exposta no taboleiro de anuncios dos cen

tros onde se realizou a inscrición, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, a partir do día 19 de maio de 2004. Poderase presentar documentación complementaria e reclamacións á listaxe provisional durante os dous días seguintes. A relación definitiva de inscritos farase pública a partir do día 25 de maio nos mesmos lugares onde se publicou a relación provisional.

5. Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp poderase consultar información personalizada en calquera momento do proceso, cunha identificación previa.

6. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI ou pasaporte), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo XI desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Esta solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do documento de identificación e estar validada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Isto non require trámite ningún coa aplicación informática no centro.

7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria elaborará as probas de acceso aos ciclos formativos, de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002.

8. As probas de acceso aos ciclos de grao medio celebraranse o día 3 de xuño de 2004 no horario que se indica deseguido:

Ás 9.00 horas: presentación.

Das 10.00 ás 12.00 horas: parte científico-tecnolóxica.

Das 12.30 ás 14.30 horas: parte sociocultural.

Sétimo.-Tramitación de solicitudes.

1. Os institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica tramitarán a información referente ao alumnado participante nas probas de acceso a ciclos formativos a través da aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

2. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais establecerá, a través dunha circular que se enviará aos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, o procedemento e as datas onde se debe realizar a tramitación de cada unha das fases das probas de acceso.

Oitavo.-Resolución de exencións, proba adaptada, cualificación da proba e reclamacións.

1. A resolución provisional de exencións á proba e de proba adaptada farase pública nos institutos de educación secundaria onde se realicen as probas,

así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, o día 25 de maio de 2004.

2. Contra a resolución provisional de exención poderase presentar reclamación ante o presidente do tribunal único durante os dous días seguintes á súa publicación. A resolución definitiva farase pública o día 2 de xuño nos centros onde se realicen as probas, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

3. O resultado das cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos deberase facer público o 16 de xuño de 2004 nos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

4. O alumnado poderá presentar reclamación contra a cualificación provisional da proba de acceso ante o presidente do tribunal único durante os dous días seguintes á súa publicación, no centro onde se realizou a proba ou no centro onde realizou a inscrición.

5. A cualificación definitiva publicarase o 28 de xuño no taboleiro de anuncios dos institutos de educación secundaria onde se realizaron as probas, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

6. Contra a resolución de exención e as cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no xeito previsto no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

7. A superación da proba acreditarase mediante unha certificación, segundo o modelo que figura no anexo II da Orde do 1 de abril de 2002, que será expedida pola secretaría do centro no que se realizou a proba. A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado, e manterá a súa vixencia sempre que non se modifique o título nin as ensinanzas correspondentes ao ciclo formativo.

III. Inscrición e matrícula.

Noveno.-Solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio.

1. As solicitudes para a admisión aos ciclos formativos de grao medio realizaranse con base na relación de ciclos formativos autorizados para o curso 2004-2005, que estará exposta, co seu correspondente número de prazas, antes do día 30 de maio en todos os centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan formación profesional, así

como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. As solicitudes para cursar ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio nos centros de educación secundaria sostidos con fondos públicos, así como o procedemento de admisión do alumnado, realizaranse de acordo coa Orde do 24 de abril de 2000.

3. Os alumnos e as alumnas que soliciten praza por reserva, conforme o establecido no punto segundo da Orde do 24 de abril de 2000, cubrirán o anexo VI desta resolución. Os centros publicarán no taboleiro de anuncios a resolución de adxudicación de prazas por reserva e o número de postos escolares dispoñibles para o curso 2004-2005 antes do 28 de xuño.

4. De ser o caso, a inspección educativa comunicará aos centros antes do 30 de xuño a reasignación de prazas dos alumnos e das alumnas que, con dereito a reserva, non a obtiveran no seu centro.

5. O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 17 de xuño ao 2 de xullo.

6. Cada solicitante presentará unha única instancia, segundo o anexo II da referida orde, no centro do ciclo formativo que solicita en primeiro lugar, na que se relacionarán, por orde de preferencia, todos os centros e as ensinanzas segundo as modalidades e o réxime para os que solicita praza. Tamén é posible facer a solicitude na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se obterá unha folla impresa que se deberá presentar na secretaría do centro do ciclo formativo que se solicita en primeiro lugar. Sen este último requisito a solicitude enténdese como non válida.

7. As solicitudes presentaranse xunto coa documentación que acredite o cumprimento dos requisitos académicos exixidos e con todos os xustificantes dos criterios de baremación establecidos no anexo I da referida orde.

8. O alumnado que solicite praza por reserva adicional para deportistas galegos de alto nivel, conforme se establece no punto 1º, apartado c) do artigo 6 do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, presentará, ademais da documentación referida na Orde do 24 de abril, a resolución personalizada da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado pola que obtén a consideración de deportista galego de alto nivel.

9. A presentación de máis dunha solicitude será causa de exclusión do proceso de baremación. Neste caso procederase á escolarización ao final do proceso, se houber praza.

10. Os solicitantes de admisión mediante proba presentarán xunto coa solicitude a certificación de superación da proba de acceso que se indica no apartado oitavo, punto 7 desta resolución.

Décimo.-Admisión e matrícula dos solicitantes por acceso directo ou mediante proba.

1. O centro de inscrición será o referente do alumnado durante todo o proceso ata que se formalice a matrícula. Así mesmo, na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp poderase consultar información personalizada en calquera momento do proceso, cunha identificación previa.

2. As secretarías dos centros, ademais de recoller as solicitudes para a admisión a ciclos formativos de grao medio, cargarán os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

3. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI ou pasaporte), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo XI desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Esta solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do documento de identificación e estar validada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Isto non require trámite ningún coa aplicación informática no centro.

4. Os centros farán pública o día 6 de xullo a relación provisional da adxudicación de prazas do consello escolar, tanto as de acceso directo como as de acceso mediante proba, e a relación de solicitantes de cada un dos ciclos formativos de grao medio, coa totalidade de puntuación outorgada por epígrafes. Estarán ordenadas de maior a menor puntuación, con aplicación dos criterios de baremación indicados no anexo I da Orde do 24 de abril de 2000.

5. Ás persoas solicitantes de admisión a ciclos formativos para os que se require a superación dunha proba física, o centro onde se matriculen comunicaralles, no momento da inscrición, a data, o lugar e a hora en que se celebrará a proba. O resultado desta proba exporase antes do 12 de xullo no taboleiro de anuncios do centros.

6. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar, os centros publicarán o día 13 de xullo a resolución definitiva da adxudicación de prazas.

7. O alumnado que obteña praza adxudicada por resolución definitiva do consello escolar poderá formalizar a matrícula, segundo o modelo do anexo VIII desta resolución, no prazo comprendido entre o 15 e o 21 de xullo. De non obter praza, a súa solicitude será resolta pola comisión provincial ou autonómica, de ser o caso, en sucesivas adxudicacións.

8. Os alumnos e as alumnas que, cumprindo os requisitos de admisión no mes de setembro, desexaren formalizar a matrícula, poderán facelo naqueles

centros aos que se fai referencia no artigo décimo primeiro desta resolución. A relación destes centros co número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. No prazo comprendido entre os días 5 e 8 de outubro, os centros publicarán diariamente a devandita relación.

Décimo primeiro.-Comisións provincial e autonómica.

1. As inspeccións ou comisións provinciais de escolarización resolverán a adxudicación das prazas vacantes aos solicitantes que non obtiveran praza pola resolución do consello escolar. Da resolución definitiva de prazas farase a correspondente publicación na delegación provincial correspondente e nos centros o día 22 de xullo. Os admitidos segundo esas resolucións terán de prazo para formalizar a matrícula desde o día 23 ao día 26 de xullo. De non matricularse neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada e permanecerán na lista de espera dos ciclos formativos solicitados con prioridade ao rexeitado.

2. As inspeccións ou comisións de escolarización resolverán unha segunda adxudicación das prazas vacantes. Desta resolución farase a correspondente publicación na delegación provincial correspondente e nos centros o día 27 de xullo. Os admitidos segundo esta resolución terán de prazo para formalizar a matrícula os días 28 e 29 de xullo. De non formalizar a matrícula neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada e permanecerán na lista de espera dos ciclos formativos solicitados con prioridade ao rexeitado.

3. As inspeccións ou comisións provinciais de escolarización resolverán unha terceira adxudicación das prazas vacantes. Desta resolución farase a correspondente publicación na delegación provincial correspondente e nos centros o día 30 de xullo. Os admitidos segundo esta resolución terán de prazo extraordinario para formalizar a matrícula desde o día 1 ao día 10 de setembro. De non formalizar a matrícula neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada e permaneceran na lista de espera dos ciclos formativos solicitados con prioridade ao rexeitado.

4. A comisión autonómica de escolarización resolverá a adxudicación das prazas vacantes, se as houber, aos solicitantes que non obtiveran praza por adxudicación das comisións provinciais. Da resolución definitiva de prazas farase a correspondente publicación na delegación provincial e nos centros antes do día 24 de setembro. Os admitidos segundo esas resolucións terán de prazo extraordinario para formalizar a matrícula desde o día 24 ata o día 30 de setembro. De non formalizar a matrícula neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada.

5. Os ciclos formativos sen alumnado en lista de espera e que dispoñan de prazas vacantes serán liberados para realizar a matrícula dos alumnos e das alumnas que o desexen, aínda que presentasen a solicitude ou a matrícula fóra de prazo.

6. As inspeccións ou comisións provinciais e autonómica poderán realizar a acumulación de prazas de acceso mediante proba e por acceso directo a partir da primeira adxudicación da comisión provincial.

7. A partir do 1 de outubro, naqueles ciclos formativos de grao medio que aínda dispoñan de alumnado en lista de espera e prazas vacantes, procederase a elaborar sucesivas relacións de admitidos, adxudicando as prazas non cubertas polos admitidos na fase anterior. O calendario destas novas fases de adxudicación, publicación de relacións de admitidos e prazo de matrícula é o seguinte:

Fases de adxudicaciónDatas de publicacións da

relación de adxudicados

Prazo de matrícula

1ª extraordinaria1Do 1 ao 5 de outubro

2ª extraordinaria6Do 6 ao 8 de outubro

3ª extraordinaria11Do 11 ao 13 de outubro

4ª extraordinaria1414 e 15 de outubro

8. Naqueles ciclos nos que, unha vez adxudicadas todas as prazas nalgunha das fases de adxudicación ás que se fai referencia no punto anterior, aínda queden vacantes, os centros poderán dispor libremente delas e matricular os alumnos e as alumnas que non formalizaron a solicitude dentro do prazo establecido. En todo caso, este proceso rematará antes do 22 de outubro.

Para resolver os casos de empate na puntuación outorgada aos solicitantes, as inspeccións e as comisións provinciais e autonómica farán un sorteo.

9. As sucesivas adxudicacións de prazas da comisión provincial e autonómica serán publicadas no centro onde o alumno ou a alumna presentara a súa solicitude e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Os alumnos e as alumnas que obteñan praza nas resolucións da comisión provincial e autonómica poderán formalizar a súa matrícula segundo o modelo do anexo VIII.

Décimo segundo.-Constitución de grupos.

Para cada ciclo formativo de grao medio constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnos por centro. A formalización da matrícula nos centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quedará condicionada a que haxa un número mínimo de dez persoas admitidas para cada un dos ciclos formativos de grao medio. A impartición destas ensinanzas cun número menor de alumnos e alumnas exixirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Décimo terceiro.-Na xestión dos procesos de acceso e admisión aos que se refire esta resolución respectarase a normativa sobre protección de datos, de acordo coa lexislación vixente.

Capítulo II

Ciclos formativos de grao superior

I. Condicións de acceso e admisión.

Décimo cuarto.-Acceso aos ciclos formativos de grao superior.

1. Terá acceso directo aos ciclos formativos de grao superior o alumnado que cumpra algún dos requisitos establecidos no punto quinto da Orde do 12 abril de 2002.

2. Así mesmo, poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior aquelas persoas que, malia non reuniren os requisitos indicados no punto anterior, superen a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002. Para poder concorrer a esta proba haberá que ter cumpridos 20 anos ou cumprilos no ano 2004. No caso das persoas que posúan o título de técnico, o requisito de idade é de 18 anos para poder concorrer á proba de acceso para un ciclo formativo de grao superior da mesma familia profesional.

3. Estes dous xeitos de acceso son incompatibles. En todo caso, ao acceso mediante proba unicamente poderán concorrer as persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

II. Inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Décimo quinto.-Probas de acceso.

A proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002 consta de dúas partes:

Parte xeral: neste exercicio, o aspirante deberá acreditar a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, fundamentalmente en contidos procedementais de:

Lingua galega e literatura.

Lingua castelá e literatura.

Lingua estranxeira (opción de inglés ou de francés).

Matemáticas.

A cualificación da área lingüística determinarase mediante o cálculo da media aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das tres materias que a integran: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira (opción de inglés ou de francés).

A cualificación da parte xeral será a media aritmética das cualificacións obtidas nas áreas lingüística e de matemáticas.

Parte específica: o aspirante deberá acreditar a súa capacidade de formación profesional de base rela

cionada co campo profesional do ciclo formativo ao que se solicita acceder. Esta parte avaliará os coñecementos en relación coas materias que se indican na primeira columna do anexo I desta resolución. O aspirante elixirá a opción que lle permita o acceso ao ciclo formativo que desexe cursar dentro dos ofertados nesta comunidade autónoma. A cualificación desta parte específica determinarase calculando a media aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo para o que solicitou a proba de acceso.

Para a superación da proba cumprirá obter en cada unha das partes (xeral e específica) a cualificación mínima de 5.

Décimo sexto.-Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

Os solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo IX desta resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalía emitido polos equipos de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, acompañado do seu ditame técnico facultativo. O tribunal único da avaliación de probas, nomeado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, avaliará o grao de discapacidade e, de ser o caso, adaptará a proba de acceso que deban superar os aspirantes, que, en todo caso, deberá respectar o esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias de proba.

Décimo sétimo.-Exencións das probas de acceso.

1. As persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos poderán quedar exentas de realizar a parte xeral da proba que acredita a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, en función do grao de afinidade da proba de acceso á universidade e o ciclo formativo ao que queiran acceder.

A resolución sobre a exención da parte xeral correspóndelle ao tribunal avaliador que se indica no apartado sexto, punto dous, da Orde do 1 de abril 2002. A persoa que a solicita xuntará o certificado de acceso á universidade para maiores de 25 anos, no que conste a opción efectuada e a puntuación acadada en cada unha das materias.

2. Da parte específica da proba poderán quedar exentas as persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos coñecementos das materias que se indican na primeira columna do anexo I desta resolución, para os estudos que se pretenden cursar. A solicitude de exención da parte específica deberase formular no momento da inscrición e irá acompañada da seguinte documentación:

-Certificación da empresa, segundo o anexo VII desta resolución, na que se faga constar especificamente

as actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas co campo profesional que se corresponde cos estudos que pretenda cursar, así como o número de horas dedicadas a elas. No caso de traballadores por conta propia, certificación de alta no imposto de actividades económicas e xustificantes do seu pagamento.

-Certificación da Tesouraría da Seguridade Social e/ou da mutualidade laboral na que se estivese afiliado, onde conste a empresa e o período de contratación. No caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagaduría do centro de destino actual, na que consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

As solicitudes de exención da parte específica serán resoltas polo tribunal avaliador que se indica no apartado sexto, punto dous, da Orde do 1 de abril 2002. Deberáselle incorporar ao expediente académico do alumno ou da alumna unha copia da resolución (anexo V da devandita orde).

Décimo oitavo.-Inscrición e calendario de celebración das probas de acceso aos ciclos de grao superior.

1. As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proporanlle á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, antes do día 30 de abril, os lugares nos que se realizarán as probas e os centros adscritos, para que se fagan públicos no taboleiro de anuncios dos centros onde se realiza a inscrición, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, antes do 20 de maio. Tamén deberán propor os inspectores provinciais responsables.

2. A inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido entre o día 3 e o día 13 de maio de 2004, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo VI recollido na Orde do 1 de abril de 2002, e o modelo do anexo X desta resolución. Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a preinscrición nas probas. A folla de preinscrición deberase presentar na secretaría dun dos centros anteriormente citados para lle dar validez á inscrición.

3. As persoas solicitantes de proba adaptada deberán cubrir o modelo de solicitude que figura como anexo IX desta resolución e presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalía emitido polo equipo de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, acompañado do seu ditame técnico facultativo.

4. A relación provisional de persoas inscritas á proba será exposta no taboleiro de anuncios dos centros onde se realizou a inscrición a partir do día 19 de maio

de 2004. Poderase presentar documentación complementaria e reclamacións á listaxe provisional durante os dous días seguintes. A relación definitiva de inscritos farase pública a partir do día 25 de maio, nos mesmos lugares onde se publicou a relación provisional.

5. Na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp poderase consultar información personalizada en calquera momento do proceso, cunha identificación previa.

6. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI ou pasaporte), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo XI desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Esta solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do documento de identificación e estar validada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Isto non require trámite ningún coa aplicación informática no centro.

7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria elaborará as probas de acceso aos ciclos formativos, de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002.

8. As probas de acceso aos ciclos de grao superior celebraranse o día 3 xuño de 2004, no horario que se indica deseguido:

Ás 9.00 horas: presentación.

Parte xeral da proba.

Das 10.00 ás 12.00 horas: área lingüística (lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira, con opción de francés ou inglés).

Das 12.30 ás 14.00 horas: área de matemáticas.

Parte específica da proba.

A partir das 16.30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo para o que se solicitou a proba de acceso, segundo o anexo I desta resolución.

A duración máxima para cada materia desta parte será de dúas horas.

Décimo noveno.-Tramitación de solicitudes.

1. Os institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica tramitarán a información referente ao alumnado participante nas probas de acceso a ciclos formativos, a través da aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

2. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais establecerá, a través dunha cir

cular que se enviará aos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, o procedemento e as datas onde se debe realizar a tramitación de cada unha das fases das probas de acceso.

Vixésimo.-Resolución de exencións, cualificación da proba e reclamacións.

1. A resolución provisional de exencións á proba e proba adaptada farase pública o día 25 de maio de 2004 nos institutos de educación secundaria onde se realicen as probas, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

2. Contra a resolución provisional de exención poderase presentar reclamación ante o presidente do tribunal único durante os dous días seguintes á súa publicación. A resolución definitiva farase pública o día 2 de xuño nos centros onde se realicen as probas.

3. O resultado das cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos deberase facer público o 16 de xuño de 2004 nos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

4. O alumnado poderá presentar reclamación contra a cualificación provisional da proba de acceso ante o presidente do tribunal único durante os dous días seguintes á súa publicación, no centro onde se realizou a proba ou no centro onde realizou a inscrición.

5. A cualificación definitiva publicarase o 28 de xuño no taboleiro de anuncios dos centros onde se realizaron as probas e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

6. Contra a resolución de exención e as cualificacións definitivas da proba de acceso poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no xeito previsto no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

7. A superación da proba acreditarase mediante unha certificación, segundo o modelo que figura no anexo II da Orde do 1 de abril de 2002, que será expedida pola secretaría do centro no que se realizou a proba. A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado, e manterá a súa vixencia sempre que non se modifique o título nin as ensinanzas correspondentes ao ciclo formativo.

III. Inscrición e matrícula.

Vixésimo primeiro.-Solicitude de admisión a ciclos formativos de grao superior.

1. As solicitudes para a admisión aos ciclos formativos de grao superior realizaranse con base na relación de ciclos formativos autorizados para o curso 2004-2005, que estará exposta, co seu correspondente número de prazas, antes do día 30 de maio en todos os centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan formación profesional, así como na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Cada solicitante presentará unha única instancia, segundo o modelo establecido no anexo II desta resolución, así como toda a documentación necesaria, no centro do ciclo formativo que solicite en primeiro lugar, na que se relacionarán, por orde de preferencia, todos os centros e as ensinanzas segundo as modalidades e o réxime para os que solicita praza. Tamén é posible facer a solicitude na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, onde se obterá unha folla impresa que se deberá presentar na secretaría do centro do ciclo formativo que se solicita en primeiro lugar. Sen este último requisito a solicitude enténdese como non válida.

3. O prazo de presentación das solicitudes será desde o día 17 de xuño ata o día 2 de xullo, ambos os dous incluídos, para todo o alumnado.

4. Para aquel alumnado que solicitou acceso directo, estando pendente da convocatoria extraordinaria de setembro para acadar os requisitos académicos, establécese un prazo extraordinario de presentación da certificación acreditativa do cumprimento dos mencionados requisitos desde o día 1 ao día 13 de setembro de 2004, ambos os dous incluídos.

5. O alumnado que solicite praza por reserva adicional para deportistas galegos de alto nivel, conforme se establece no punto 1º, apartado c) do artigo 6 do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, presentará, ademais da documentación referida na Orde do 24 de abril, a resolución personalizada da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado pola que obtén a consideración de deportista galego de alto nivel.

6. Os alumnos e as alumnas que reúnan os requisitos de acceso directo aos ciclos formativos de grao superior non poderán presentar a solicitude de acceso mediante proba. De facelo, quedarán excluídos do proceso de admisión.

6. Os alumnos e as alumnas que presenten dúas solicitudes quedarán excluídos do proceso de admisión.

Vixésimo segundo.-Xustificación dos requisitos para o acceso.

1. Acceso directo mediante titulacións obtidas no ámbito do territorio do Estado español.

As persoas solicitantes, agás aquelas que acrediten estudos universitarios, deberán xustificar os requisitos académicos mediante o modelo de certificación recollido no anexo III desta resolución.

As persoas solicitantes que obtiveran estas titulacións fóra da Comunidade Autónoma de Galicia deberán presentar, no lugar do anexo III, unha certificación académica con especificación das cualificacións, coa finalidade de realizar a súa baremación.

As persoas solicitantes coa titulación de bacharelato de música deberán presentar, no lugar do anexo III, unha certificación académica con especificación das cualificacións, coa finalidade de realizar a súa baremación.

Os alumnos e as alumnas con necesidades educativas especiais que opten ao ciclo formativo pola cota de prazas reservadas deberán presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalía acompañado do seu ditame técnico facultativo.

2. Acceso directo mediante titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español.

2.1. Os solicitantes que aleguen para o acceso directo titulacións homologadas, ou en trámite de homologación, por correspondencia coas obtidas no estranxeiro, deberán xuntar a documentación exixida, e con carácter xeral os seguintes documentos:

a) Credencial definitiva de homologación dos seus estudos cos correspondentes españois. No seu defecto, aqueles solicitantes que non estean en posesión da credencial indicada anteriormente deberán xuntar volante de inscrición condicional, segundo o modelo recollido como anexo II na Orde ECD/ 3305/2002, do 16 de decembro, pola que se modifican as do 14 de marzo de 1988 e do 30 de abril de 1996, para a aplicación do disposto no Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria (BOE do 28 de decembro).

b) Expediente académico expedido no estranxeiro, que deberá axustarse aos requisitos seguintes:

-Deberá ser oficial e con cualificacións por materia e curso, e estar expedido polas autoridades competentes para iso, de acordo co ordenamento xurídico do país de procedencia.

-Deberase presentarse legalizado por vía diplomática ou, de ser o caso, mediante a apostila do Convenio da Haia. Este requisito non lles será exixido aos documentos expedidos nos estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo polas autoridades competentes dos devanditos estados.

-Deberá ir acompañado, de ser o caso, da súa correspondente tradución oficial ao galego ou ao castelán.

-A tradución deberá ser realizada por:

K Tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

K Calquera representación diplomática ou consular do Reino de España no estranxeiro.

K Representación diplomática ou consular en España do país do que é cidadán o solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

2.2. A presentación do volante de inscrición provisional para o centro solicitado en primeiro lugar permitirá a inscrición condicionada en todos os centros e para todos os ciclos relacionados na solicitude de inscrición.

2.3. A inscrición no proceso de admisión estará condicionada á resolución do expediente de homologación por parte do Ministerio de Educación e Ciencia. No suposto de que a resolución non se producira nos termos solicitados polo interesado e incluídos no citado volante, quedará sen efecto a inscrición no proceso de admisión aos ciclos formativos de grao superior e a conseguinte matrícula.

2.4. A Subdirección Xeral de Formación Profesional será a encargada de baremar os expedientes académicos correspondentes aos estudos estranxeiros alegados pola persoa solicitante. A puntuación outorgada será expresada con dúas cifras decimais. Para levar a cabo esa tarefa será de aplicación o disposto no artigo 6 da Orde do 12 de abril de 2002, tendo en conta ademais os seguintes criterios:

a) Titulacións homologables cos estudos do bacharelato establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro: para o cálculo da nota media teranse en conta os dous últimos cursos que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional.

b) Titulacións homologables cos estudos de COU: para o cálculo da nota media teranse en conta os catro últimos cursos que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional.

c) Titulacións homologables cos estudos de FPII: para o cálculo da nota media teranse en conta os tres últimos cursos que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional, e esta determinarase como media aritmética das puntuacións medias acadadas en cada curso.

d) Titulacións homologables cun ciclo formativo de grao superior de FPE ou de artes plásticas e deseño: para o cálculo da nota media do expediente académico teranse en conta as materias dos dous últimos cursos

que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional, e esta determinarase como media aritmética das cualificacións acadadas nas diferentes materias de ambos os dous cursos.

e) Titulacións homologables con estudos universitarios: para o cálculo da nota media teranse en conta todas as materias e os cursos que integren o plan de estudos da titulación estranxeira alegada pola persoa solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional, e será expresada como media aritmética das puntuacións medias acadadas en cada curso.

2.5. O alumnado solicitante que alegue titulacións homologables cos estudos do bacharelato establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, ou cos de COU elixirán, no momento de realizar a solicitude, a modalidade ou opción correspondente aos estudos españois homologados ou en trámite de homologación que permiten o acceso directo aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica solicitados.

2.6. Na baremación dos expedientes académicos correspondentes a titulacións obtidas no territorio estatal que permiten o acceso directo, mediante validación parcial de cursos ou materias por correspondencia cos estudos realizados no estranxeiro, non se terán en conta as materias nin os cursos validados, en aplicación do disposto no artigo 6.3º punto d) da Orde do 12 de abril de 2002.

3. Acceso mediante proba.

3.1. Os solicitantes que pretendan acceder mediante proba de acceso deberán xuntar o certificado de superación da proba recollido no anexo III da Orde do 1 de abril de 2002.

3.2. Aqueles solicitantes que pretendan acceder mediante a superación dunha proba de acceso convocada por outra Administración educativa competente e que acheguen certificacións expresadas coa cualificación de apto participarán no proceso mediante a transformación desa cualificación na puntuación de 5,50.

3.3. Os solicitantes que pretendan acceder coa exención total da proba de acceso participarán no proceso coa cualificación de 5,00. Aqueles que accedan mediante a superación parcial da proba participarán no proceso coa nota acadada na parte superada.

Vixésimo terceiro.-Informatización do proceso de admisión e matrícula.

1. O día 30 de xuño constituirase a comisión autonómica de escolarización establecida no apartado noveno, punto 3 da Orde do 12 de abril de 2002. Os datos formalizaranse na aplicación informática ata as 14.00 horas do día 5 de xullo.

2. Os centros realizarán a baremación das solicitudes por medio dun programa informático facilitado pola

Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. Co obxecto de facilitar a realización desta baremación, establécese un modelo de certificación recollido no anexo III desta resolución.

Vixésimo cuarto.-Proceso de admisión e matrícula: fase ordinaria de xullo.

1. Realizada a baremación correspondente, os centros teñen de prazo ata o día 7 de xullo para facer pública a relación provisional de persoas solicitantes, ordenada alfabeticamente con indicación da puntuación acadada e das opcións priorizadas, que debe ser aprobada polo consello escolar.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o presidente ou a presidenta do consello escolar, os centros terán de prazo ata o día 16 de xullo ás 14.00 horas para cargar os datos coas modificacións que houber na aplicación informática. Esta relación provisional será exposta no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

2. O día 21 de xullo publicarase a relación de admitidos en cada ciclo formativo de grao superior, na que aparecerán as persoas solicitantes, por orde decrecente de puntuación. Estas relacións elaboraranse a través dun programa informático na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e serán aprobadas pola comisión autonómica de escolarización, que as remitirá a cada delegación provincial e a cada centro para súa aprobación definitiva polo consello escolar. Esta relación será exposta no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

3. No prazo que abrangue desde o día 21 ao día 29 de xullo de 2004 deberase matricular o alumnado admitido en cada ciclo, tanto as persoas admitidas por acceso directo como mediante proba. Quen non fora admitido na praza solicitada en primeiro lugar poderá renunciar á praza outorgada; esta renuncia implica tamén a renuncia a todas as demais prazas solicitadas en opcións posteriores a esa e, neste caso, permanecerase nas listas de espera das opcións anteriores. Os solicitantes admitidos que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado, segundo modelo anexo IV desta resolución, perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.

4. Rematado este período de matrícula, os centros teñen de prazo ata o día 30 de xullo para cargar os datos na aplicación informática.

Vixésimo quinto.-Proceso de admisión e matrícula: fases extraordinarias de setembro.

1. O día 14 de setembro os centros farán pública a relación de persoas solicitantes que, cumprindo os requisitos en setembro, teñan presentado o anexo III ou o certificado de estudos, de ser o caso.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o consello escolar, os centros teñen de prazo ata o día 20 de setembro ás 14.00 horas para cargar na aplicación informática os datos coas modificacións xurdidas das reclamacións. Esta listaxe provisional

exporase no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

2. No mes de setembro elaboraranse sucesivas relacións de admitidos en cada ciclo formativo de grao superior nas que se adxudicarán as prazas non cubertas polos admitidos na fase anterior, cos solicitantes en orde decrecente de puntuación. Estas relacións elaboraranse a través dun programa informático na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e serán aprobadas pola comisión autonómica de escolarización, que llas remitirá a cada delegación provincial e a cada centro para súa aprobación definitiva polo consello escolar. O calendario para a publicación destas novas relacións de admitidos, cos correspondentes prazos de matrícula, é o seguinte:

Fases de

adxudicación

Datas de publicación da

relación de admitidos

Prazo de matrículaCarga de datos

na aplicación

1ª extraordinaria6 de setembro6, 7 e 8 de setembro9 de setembro,

antes das 12.00 h

2ª extraordinaria21 de setembro21, 22 e 23 de setembro24 de setembro,

antes das 12.00 h

3ª extraordinaria27 de setembro27, 28 e 29 de setembro30 de setembro,

antes das 12.00 h

4ª extraordinaria14 de setembro14, 15 e 18 de outubro

Nas tres últimas adxudicacións incluiranse os solicitantes que cumpriron os requisitos na convocatoria de exames de setembro.

3. Naqueles ciclos nos que aínda queden vacantes unha vez adxudicadas as prazas, os centros poderán dispor libremente delas, cunha autorización previa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e poderán matricular os alumnos e as alumnas que non formalizaran a solicitude dentro do prazo establecido. Este proceso rematará, en todo caso, antes do día 30 de outubro.

4. Rematado este proceso, non se producirá matriculación ningunha sen autorización expresa do delegado ou da delegada provincial.

Vixésimo sexto.-Proceso de admisión en ciclos con demanda inferior ás prazas ofrecidas.

Aqueles centros que ofrezan ciclos para os que o número de solicitudes resulte inferior ao número de postos educativos ofrecidos poderán dispor das prazas non solicitadas, tras a autorización da Subdirección Xeral de Formación Profesional, e ofrecerllas aos posibles interesados que achegaran solicitude fóra de prazo. Esta autorización será emitida e comunicada aos centros tras efectuarse a adxudicación de postos en cada unha das fases establecidas no calendario do proceso de admisión.

Vixésimo sétimo.-Reclamacións.

1. Publicada a relación indicada no punto vixésimo cuarto, 1, pódese presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta do consello escolar no período comprendido entre os días 7 e 15 de xullo. As devanditas reclamacións resolveranse antes do día 16 do mesmo mes.

2. Publicada a relación indicada no punto vixésimo quinto, 1, pódese presentar reclamación dos datos car

gados no anexo III ante o presidente ou a presidenta do consello escolar no período comprendido entre os días 14 e 17 de setembro. Ata o día 20 do mesmo mes resolveranse as devanditas reclamacións e cargaranse as modificacións na aplicación informática.

3. De detectárense erros no número do documento de identificación (DNI ou pasaporte), poderase solicitar a súa corrección en calquera momento a través dunha reclamación, segundo o modelo de solicitude dispoñible no anexo XI desta resolución e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Esta solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do documento de identificación e estar validada polo director ou a directora do centro, quen enviará por vía de urxencia a reclamación orixinal presentada na secretaría do centro á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Isto non require trámite ningún coa aplicación informática no centro.

4. Contra a resolución do consello escolar pola que se aprobe e publique a relación de solicitantes admitidos a cada ciclo poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no xeito previsto no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A presentación de reclamación e a súa resolución non implicará a paralización do proceso de admisión e matrícula.

Vixésimo oitavo.-Solicitantes con necesidades educativas especiais.

1. Nos ciclos formativos de grao superior reservarase, cando menos, o tres por cento das prazas que se oferten en cada ciclo para o alumnado con algún grao de discapacidade física, motora ou sensorial acreditado que obtivese ditame favorable da comisión autonómica de escolarización, de acordo co establecido na Orde do 12 de abril de 2002. No caso deste alumnado, a comisión valorará no seu ditame a idoneidade dos ciclos solicitados.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnado con necesidades educativas especiais deberán envialas acompañadas da documentación correspondente, conforme as vaian recibindo, á comisión autonómica de escolarización. O prazo para a súa remisión finalizará o día 2 de xullo.

3. A comisión autonómica de escolarización emitirá ditame de escolarización e remitirá o correspondente comunicado aos centros afectados o día 5 de xullo, que se fará público no taboleiros de anuncios e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

Vixésimo noveno.-Na xestión dos procesos de acceso e admisión aos que se refire esta resolución respec

tarase a normativa sobre protección de datos, de acordo coa lexislación vixente.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para o curso 2004-2005.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2004.

Alberto González ArmestoMaría Pilar del Mar Pérez Marsó

Director xeral de CentrosDirectora xeral de Formación

e Ordenación EducativaProfesional e Ensinanzas

Especiais

ANEXO I

Relación de ciclos formativos de grao superior aos que dá acceso a superación da proba, segundo a opción da parte específica realizada

Opcións de materias

da parte específica

da proba

Ciclos formativos

-Ciencias da terra e do ambiente.-Bioloxía.-Xestión e organización de empresas agropecuarias.-Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos.-Saúde ambiental.

-Química.-Bioloxía.-Produción acuícola.

-Bioloxía.-Estética.-Anatomía patolóxica e citoloxía.-Dietética.-Documentación sanitaria.-Hixiene bucodental.-Imaxe para o diagnóstico.-Radioterapia.-Laboratorio de diagnóstico clínico.-Animación de actividades físicas e deportivas.

-Química.-Desenvolvemento e fabricación de productos cerámicos.-Fabricación e transformación de produtos de vidro.

-Física.-Imaxe.-Realización de audiovisuais e espectáculos.-Son.-Óptica de anteollos.-Audioprótese.

-Debuxo técnico.-Ortoprotésica.-Próteses dentais.-Patronaxe.-Deseño e produción editorial.-Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas.

-Debuxo técnico.-Tecnoloxía industrial.-Navegación, pesca e transporte marítimo.-Produción en industrias de artes gráficas.-Desenvolvemento de proxectos mecánicos.-Produción por fundición e pulvimetalurxia.-Produción por mecanizado.-Desenvolvemento de produtos en carpintería e moble.-Produción de madeira e moble.-Procesos de confección industrial.-Procesos téxtiles de fiadura e tecedura de calada.-Procesos téxtiles de tecedura de punto.

-Debuxo técnico.-Mecánica.-Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción.-Realización e plans de obra.-Construcións metálicas.

-Electrotecnia.-Tecnoloxía industrial.-Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e manutención.-Mantemento de equipo industrial.-Mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso.

-Electrotecnia.-Mecánica.-Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.-Automoción.-Mantemento aeromecánico.

-Electrotecnia.-Desenvolvemento de produtos electrónicos.-Instalacións electrotécnicas.-Sistemas de regulación e control automáticos.-Sistemas de telecomunicación e informáticos.-Mantemento de aviónica.

-Química.-Tecnoloxía industrial.-Industria alimentaria.

-Química.-Tecnoloxía industrial.-Física.-Industrias de proceso de pasta e papel.-Industrias de proceso químico.

-Química.-Bioloxía.-Física.-Análise e control.-Fabricación de produtos farmacéuticos e afíns.-Química ambiental.

-Debuxo técnico.-Tecnoloxía industrial.-Química.-Plásticos e caucho.-Procesos de ennobrecemento téxtil.-Curtidos.

-Economía e organización de empresas.-Administración e finanzas.-Comercio internacional.-Xestión comercial e márketing.-Xestión do transporte.-Servizos ao consumidor.-Restauración.-Aloxamento.-Produción de audiovisuais, radio e espectáculos.-Administración de sistemas informáticos.

-Economía e organización de empresas.-Segunda lingua

estranxeira.

-Secretariado.-Animación turística.

-Historia do mundo

contemporáneo.

-Asesoría de imaxe persoal.-Animación sociocultural.-Integración social.

-Xeografía.-Historia da arte.-Información e comercialización turística.

-Xeografía.-Economía e organización de empresas.-Axencias de viaxes.

-Segunda lingua

estranxeira (inglés).

-Interpretación da lingua de signos.

-Bioloxía.-Tecnoloxía industrial.-Prevención de riscos profesionais.

-Bioloxía e xeoloxía.-Educación infantil.

-Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II.-Desenvolvemento de aplicacións informáticas.