DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 29 de abril de 2004 Páx. 6.045

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais, da provincia de Pontevedra, con nº de código 3600895, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 18-3-2004, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 17-3-2004. De conformidade co disposto no artigo 22 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de marzo de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de limpeza de edificios

e locais da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.: Violeta Paz Díaz.

UGT: Rosa Mª Acuña.

CIG: Carmen Veiga.

Representación empresarial:

Adolfo González González.

Alfonso Regueiro Costas.

Manuel Falque Comesaña.

Mª Paulina Díaz Lamela.

Secretario de actas: Pablo Búa Burgos.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día dezasete de marzo de dous mil catro, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo do sector da limpeza de edificios e locais da provincia de

Pontevedra co obxecto de aplicar a cláusula de revisión salarial establecida para o presente exercicio. Asisten as persoas sinaladas anteriormente.

A seguir procédese a aplicar o 2,85% de incremento sobre as táboas salariais, complemento de transporte, complemento de asistencia, axudas de custo e horas extraordinarias, que quedan como segue con efectos do un de xaneiro de dous mil catro:

-Táboa salarial: ver anexo.

-Complemento de transporte: 71,78 euros mensuais. Por cada día de ausencia ao traballo descontarase a cantidade de 3,32 euros.

-Complemento de asistencia: 51,09 euros. Por cada día de ausencia ao traballo descontarase a cantidade de 2,30 euros.

-Axudas de custo:

a) Media axuda de custo: 13,95 euros/día.

b) Axuda de custo completa: 24,77 euros/día.

c) Con pernoitación: 41,62 euros/día.

-Horas extraordinarias:

a) Hora extra: 5,67 euros.

b) Hora en domingo e festivos: 6,65 euros.

Ambas as partes acordan a súa remisión á autoridade laboral para efectos do seu rexistro e posterior publicación no BOP e Diario Oficial de Galicia.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezaoito horas do día arriba indicado.

Táboas de salarios 2004. Limpeza de edificios e locais

CategoríaEuros

Grupo I. Persoal directivo e técnico
* Subgrupo I. Persoal directivo
Director1.603,05
Director comercial1.455,61
Director administrativo1.455,61
Xefe de persoal1.455,61
Xefe de compras1.455,61
Xefe de servizos1.455,61
* Subgrupo II. Persoal titulado
Titulado grao superior1.154,21
Titulado grao medio1.025,35
Titulado laboral ou profesional872,01

Grupo II. Persoal administrativo
Xefe administrativo de 1ª1.090,08
Xefe administrativo de 2ª1.019,54
Caixeiro923,36
Oficial de 1ª872,03
Oficial de 2ª775,89
Auxiliar678,55
Telefonista672,91

Grupo III. Mandos intermedios
Encargado xeral1.019,73
Supervisor ou encargado de zona923,36
Supervisor ou encargado de sector846,50
Encargado de grupo ou edificio732,31
Responsable de equipo702,91

Grupo IV. Persoal subalterno
Ordenanza672,91
Almaceneiro672,91
Listeiro672,91

Grupo V. Persoal obreiro
Especialistas, carretilleiros e oficial de oficios varios741,93
Peón especialista e axudante de oficios varios679,90
Limpador ou limpadora e peón de oficios varios672,76
Condutor-limpador799,18