DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 29 de abril de 2004 Páx. 6.044

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo do sector de comercio do metal.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo do sector do comercio do metal, con número de código 3600365, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 18-3-2004, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 4-3-2004; de conformidade co disposto no artigo 12 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de marzo de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector

de comercio do metal

Asistentes:

Representación social:

Por CC.OO.:

-Jorge Carneiro Penedo.

Pola CIG:

-Mª Carmen Veiga Liboreiro.

Por UGT:

-Germán Tizón Vázquez.

-Roberto Puga Hermida.

Representación empresarial:

-Merchy Álvarez García.

-Enrique del Campo Álvarez.

-Santiago J. Varela Vidal.

-Hemenegildo Rguez. Novoa.

Secretario:

-José Antonio Porcel Villar.

Acta:

En Vigo, ás dezanove horas do día catro de marzo de dous mil catro, na sede da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, previamente convocados, reúnense conforme o disposto no artigo 33º, os compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial do sector de comercio do metal de Pontevedra, que á marxe se citan, co fin de procederen á elaboración da táboa salarial anexa para o segundo ano de vixencia do convenio, segundo o previsto no artigo 12º, retribucións; así como para fixar o complemento de transporte para ese segundo ano, segundo o establecido no artigo 18º do convenio colectivo de aplicación.

Iniciada a sesión, os representantes sindicais motivan esta convocatoria na necesidade de plasmar e publicar no BOP e no DOG, o resultado de aplicar os acordos no seu día adoptados que, aínda sendo claros, algunhas empresas non aplican até a súa publicación.

A seguir, coñecido que o índice de prezos de consumo previsto polo Goberno para o ano 2004 é o 2%, en virtude do disposto no artigo 12º ao inicio citado, procédese a elaborar a táboa salarial que rexerá para o segundo ano de vixencia do convenio (1-1/2004 a 31-12-2004), incrementando a táboa vixente a 31-12-2003, no 2,75% (IPC previsto polo

Goberno para 2004 máis 0,75 puntos), quedando a táboa para ese período tal como figura no anexo á presente acta.

Así mesmo, segundo o establecido no artigo 18º, complemento de transporte, fíxase para o segundo ano de vixencia do convenio o dito complemento na contía de 76,56 euros mensuais (IPC previsto polo Goberno para o ano 2003 máis 0,75 puntos, aplicado sobre 74,51 euros).

A seguir os membros da comisión negociadora proceden á súa sinatura en proba de conformidade.

E sendo este o único asunto que tratar, dátase a sesión sendo as vinte horas do día ao inicio citado, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.

Artigo 18º.-Complemento de transporte.

Durante o ano 2004 as empresas aboarán aos seus traballadores en concepto de complemento de transporte a cantidade de 76,56 euros, nos once meses de traballo efectivo, polo que non se aboará no mes de vacacións, sendo considerado como concepto extrasalarial para todos os efectos.

ANEXO

Táboa salarial

(vixencia do 1-1-2004 ao 31-12-2004)

CategoríasS. mensualCuadrienioS. anual

* Grupo I.
Enxeñeiros e licenciados978,4348,9215.654,88
Axudantes e técnicos831,6541,5813.306,40
Formación profesional684,8734,2410.957,92

* Grupo II.
Xefe de persoal, de vendas, de compras,

encargado xeral

978,4348,9215.654,88
Xefe de almacén ou sucursal831,6541,5813.306,40
Xefe de grupo733,8136,6911.740,96
Xefe de sección684,8734,2410.957,92
Encargado establecemento, vendedor,

comprador

684,8734,2410.957,92
Viaxante659,8532,9910.557,60
Dependente, corredor de praza644,0032,2010.304,00
Dependente maior (10% máis que o dependente)
Axudante620,2831,019.924,48
Traballadores en formación: 85% do salario

da categoría para a que se vaian formar

* Grupo III.
Xefe administrativo880,5544,0314.088,80
Xefe de sección733,8136,6911.740,96
Contable, caixeiro684,8734,2410.957,92
Oficial administrativo659,8532,9910.557,60
Auxiliar administrativo644,0032,2010.304,00
Auxiliar de caixa628,2131,4110.051,36

* Grupo IV.
Debuxante831,6541,5813.306,40
Escaparatista766,4138,3212.262,56
Rotulista701,1935,0611.219,04
Cortador717,4635,8711.479,36
Axudante620,2831,019.924,48
Chofer de transporte pesado (1ª)685,0834,2510.961,28
Chofer de transporte lixeiro (2ª)620,2831,019.924,48
Profesional de oficio620,2831,019.924,48
Axudante de oficio620,2831,019.924,48
Mozo especializado620,2831,019.924,48
Capataz620,2831,019.924,48
Telefonista, mozo, envasador, embalador620,2831,019.924,48

*Grupo V
Conserxe, cobrador, vixilante, sereno

e ordenanza

620,2831,019.924,48
Persoal de limpeza por xornada completa510,6025,538.169,60
Persoal de limpeza por hora (incluída

pro rata de 4 pagas extras)

4,470,2271,52