DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 29 de abril de 2004 Páx. 6.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de abril de 2004 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico a festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 2 de abril de 2004, adoptou, por proposta

do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento co disposto no artigo 20 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ao concello correspondente.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2004.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo