DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 29 de abril de 2004 Páx. 6.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de abril de 2004 pola que se clasifica como de interese científico sanitario a Fundación Gallega del Aparato Digestivo.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 80, do 27 de abril de 2004, cómpre efectuar a oportuna corrección:

Na páxina 5.917, columna primeira, alínea 35, no enunciado da orde de referencia, onde di: «de interese científico sanitario», deberá dicir: «de interese sanitario».