DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 28 de abril de 2004 Páx. 5.969

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 79/2004, do 2 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en mergullo a media profundidade.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 727/1994, do 22 de abril, establece o título de técnico en mergullo a media profundidade e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, habilitando na súa disposición adicional segunda aos órganos competentes das comunidades autónomas para executar e desenvolver o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e de profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e autoriza as comunidades autónomas, na súa disposición derradeira primeira, apartado 2, para ditaren no ámbito das súas competencias as normas que cumpran para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adaptar a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen

resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describe o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de abril de dous mil catro,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativa ao título de técnico en mergullo a media profundidade, regulado polo Real decreto 727/1994, do 22 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no número 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no número 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por teren superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás modalidades de bacharelato que se indican no número 4.3.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste número serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Neste decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo), dous de abril de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

DenominaciónMergullo a media profundidade

NivelFormación profesional de grao medio

Duración (1.400 horas)Da formación no centro educativoDa formación en centros de traballo

960 horas440 horas

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Realizar traballos subacuáticos aplicando as distintas técnicas de inmersión e normas de seguridade, con aire, nitrox ou osíxeno ata 60 mca, manexando equipamentos, ferramentas e plantas de mergullo e mantendo en perfectas condicións de utilización os equipamentos, as ferramentas e o material auxiliar. Efectuar as xestións administrativas procedentes.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar e comprender correctamente a información e a linguaxe técnica asociada aos traballos subacuáticos con aire, nitrox ou osíxeno ata 60 mca.

* Adaptarse ás diversas tecnoloxías, instalacións, equipos e ferramentas que se deben utilizar nas diferentes situacións de traballo: corte, soldadura, obras hidráulicas, explosivos, reparacións e salvamento de buques.

* Realizar as principais operacións de control dentro do mergullo de intervención con aire ou nitrox, utilizando equipo autónomo, subministración desde superficie e campá húmida.

* Adaptarse a presións relativas crecentes de ata 6 Kg/cm, tanto no medio acuático como en cámara hiperbárica, tolerando a respiración de osíxeno e nitrox.

* Posuír unha aptitude psicofísica e unhas condicións de saúde adecuadas ás actividades que se desenvolven no mergullo.

* Emitir informes técnicos relativos ás actividades da súa competencia.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Actuar en condicións normais e de emerxencia coa necesaria habilidade e serenidade, informar sobre a situación coa maior celeridade e aplicar os protocolos de descompresión e tratamento que correspondan, así como as normas de seguridade.

* Executar as modificacións necesarias que fagan posible darlles continuidade aos sistemas de mergullo en condicións adecuadas de seguridade ata que sexa posible unha solución definitiva do problema.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou precedentes definidas dentro do ámbito da súa competencia, e consultar as devanditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Planificar a actividade de mergullo en función do tipo de traballo, realizando as xestións administrativas e comerciais necesarias.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que exixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instrucións claras con rapidez e informando e solicitando axuda aos membros que proceda do equipo cando se produzan continxencias na operación.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que está integrado, e colaborar na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e no desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades

que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e dos subordinados.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Posuír unha visión de conxunto das fases do seu traballo que lle permita adaptarse a novas situacións laborais por cambios nas técnicas relativas á súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos de nivel superior ao seu, e requírenselle as capacidades de autonomía en:

* Preparación e alistado de todos os compoñentes do seu equipo persoal.

* Limpeza, mantemento e reparación deses compoñentes dentro do primeiro nivel de necesidades.

* Realización de xestións de administración e comerciais.

* Realización de accións e disposición de medidas para garantir a súa seguridade e a de todos os compoñentes do seu equipo.

* Revisión das plantas de mergullo e verificación da listaxe de comprobación.

* Actuación como xefe de equipo en operacións de mergullo autónomo, con subministración desde superficie e con campá húmida.

* Montaxe e desmontaxe de equipamentos de mergullo. Revisións, contrastes e axustes. Diagnóstico de erros e avarías e mantemento dos equipos ao seu nivel.

2.4. Unidades de competencia.

1. Realizar inmersións seguras de intervención e manexar e manter equipos e instalacións hiperbáricas simples.

2. Efectuar traballos subacuáticos elementais de corte e soldadura con métodos básicos convencionais.

3. Efectuar traballos subacuáticos básicos de obras hidráulicas e explosivos.

4. Efectuar traballos subacuáticos de reparación en flotación e reflotamentos.

5. Realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: Realizar inmersións seguras de intervención e manexar e manter equipamentos e instalacións hiperbáricas simples.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Preparar o equipamento persoal, e comprobar que todos os seus compoñentes reúnen as condicións adecuadas para efectuar a inmersión.* Verificouse que o traxe de inmersión e os elementos accesorios estaban alistados para a súa utilización, tendo en conta o tipo de inmersión e o traballo que cumpría realizar.

* Comprobouse se o sistema de zafado rápido do lastre funcionaba correctamente.

* Preparouse e comprobouse se estaban alistados para a inmersión a fonte de alimentación (botella con regulador e subministración desde superficie), os elementos accesorios e a instalación hiperbárica.

RealizaciónsCriterios de realización

* Verificouse por medio das fichas que o estado de dispoñibilidade de equipamentos e material de mergullo era o correcto.

1.2.Preparar e controlar o descenso, en función da profundidade e do traballo que cómpre realizar.* Fondeáronse os cabos de descenso, referencia e balizas de sinalización, conforme os requisitos da zona.

* Preveuse e controlouse a subministración de medio respirable, conforme o equipamento que se ía utilizar.

* Calculouse e controlouse a velocidade de descenso ata chegar ao fondo, conforme os réximes establecidos.

1.3.Realizar a inmersión manexando o equipamento, os elementos complementarios e as instalacións hiperbáricas simples, dentro da planificación establecida.* Os equipamentos de inmersión e os elementos complementarios utilizados foron os axeitados.

* O comportamento e a adaptación ao medio foron os adecuados e previsibles, en función da inmersión realizada.

* A inmersión realizouse despois de efectuar os ensaios elementais e as prácticas rutineiras que garantan a súa consecución.

* Efectuáronse con corrección os ensaios e as probas de funcionamento, seguridade e fiabilidade dos elementos nas instalacións simples, conforme límites establecidos de presión, temperatura e estanquidade.

* Verificouse que os elementos de seguridade en instalacións simples estaban dispostos conforme os requisitos de fabricación e de funcionamento.

1.4.Efectuar o ascenso aplicando os protocolos de descompresión, na auga ou en cámara hiperbárica.* Programouse e efectuouse o ascenso conforme as características da inmersión.

* Aplicáronse convenientemente os protocolos de descompresión e consideráronse os factores de seguridade procedentes.

* Revisouse a cámara hiperbárica, e alistouse para a súa posible utilización en caso de emerxencia.

1.5.Aplicar as normas xerais de seguridade requiridas para a realización de inmersións.* Prevíronse e alistáronse convenientemente os medios de traballo para a inmersión e os de auxilio en superficie.
* Prevíronse axeitadamente os sistemas alternativos de descompresión, os tratamentos da enfermidade descompresiva, embolia traumática de gas ou outro accidente de mergullo.
* Prevíronse convenientemente os sistemas de subministración de aire, osíxeno ou outros gases dispoñibles, para garantir a súa correcta utilización.

1.6.Efectuar o mantemento básico e as reparacións elementais dos equipamentos de mergullo e do material auxiliar, observando as normas de seguridade.* Seleccionáronse e alistáronse os elementos requiridos para o mantemento dos equipamentos de mergullo.

* Aplicáronse os elementos requiridos para o mantemento dentro dos parámetros determinados pola normativa establecida nos procesos de control e nos manuais de mantemento.

* Preparáronse os elementos para reparacións simples e realizouse a súa utilización e a súa disposición dentro dos parámetros requiridos nas instrucións e no libro de reparacións.
* Aplicáronse correctamente, en evitación de danos mecánicos, as normas específicas de seguridade relativas ás probas de equipamentos de mergullo e material auxiliar de límites de presión, temperatura, estanquidade e utilización de ferramentas.
* Prevíronse ou realizáronse correctamente as precaucións ou actuacións de seguridade en relación cos ensaios elementais e as prácticas rutineiras de instalacións hiperbáricas simples e que afectan a manómetros, entubados, válvulas de seguridade, purgas e antirretornos.
* Prevíronse convenientemente as normas de seguridade relativas ao mantemento básico e ás reparacións elementais de equipamentos de mergullo e material auxiliar.

Dominio profesional

-Medios de produción ou tratamento da información.

Traxe de inmersión húmido. Traxe de inmersión estanco. Traxe térmico de protección interna. Cinto de lastre. Aletas. Lentes. Chaleco hidrostático. Atalaxes. Profundímetro. Compás. Descompresímetro. Reloxo. Coitelo. Manómetro comprobador de superficie e somerxible. Consola. Lanterna. Equipamento de iluminación submarina con batería recargable. Botella de aire. Regulador. Casco ríxido. Máscara facial. Manga. Umbilical. Botella de emerxencia. Campá aberta. Cabo de descenso e ascenso. Cabo de refe

rencia. Balizas de sinalización. Equipamento de comunicación. Embarcación ou plataforma de apoio. Equipamento emisor de sinais para localización. Manobra de fondeo. Guindola. Escandallo. Certificado de aptitude de mergulladores. Certificado de inspección e proba de material. Autorización de inmersión. Batería de aire. Compresores de alta presión e baixa presión. Cámara hiperbárica. Manorredutores. Caudalímetro. Termómetro. Rexistrador gráfico. Controlador de tempo e alarma de aviso. Quentadores e humidificadores de atmosfera. Cadro de control. Válvulas. Billas. Reserva. Racores. Liñas de gases. Unidade de tratamento e purificación de gas respirable. Listaxe de comprobación. Certificación de aptitude física de mergulladores. Táboas de descompresión. Táboas de tratamento. Medios de transporte e evacuación. Caixas de urxencias. Medicamentos axeitados. Equipamento mecánico de respiración artificial. Aire e osíxeno de emerxencia. Medios alternativos para descompresión e tratamento.

Realización da inmersión. Informe da inmersión realizada. Control de existencia de gases. Informe de accidente de mergullo. Informe de tratamento de accidente de mergullo. Listaxe de equipamentos e provisións. Partes de avarías e perdas.

-Procesos, métodos e procedementos.

Descenso mediante cabo de seguridade ou guindola aplicando velocidade de réxime. Subministración de medio respirable mediante regulador automático, mediante cadro de control. Ascenso conforme o protocolo de descompresión. Modelo de solicitude de permiso de traballo. Modelo de licenzas e certificacións. Modelos de impresos para control de inmersións e control de tratamento. Modelo de impreso para informe da inmersión. Modelo de informe de accidente de mergullo. Modelo de informe de tratamento de accidente de mergullo. Normas xerais de seguridade. Procedementos normalizados de mantemento e reparación. Métodos de ensaios e probas.

-Información: natureza, tipo e soportes.

Cartas náuticas. Partes meteorolóxicos. Mareas. Información persoal de mergulladores. Normas sobre procedementos de emerxencia en accidentes de mergullo. Normas de seguridade nas actividades subacuáticas. Lexislación da Comunidade Autónoma. Normas de calidade UNE-EM.

-Persoas e/ou organizacións destinatarias do servizo.

Autoridades de Mariña. Secretaría Xeral de Pesca Marítima. Direccións provinciais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Empresas de mergullo. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Centros médicos. Centros de medicina subacuática e hiperbárica. Entidades relacionadas co mergullo.

2.5.2. Unidade de competencia 2: efectuar traballos subacuáticos elementais de corte e soldadura con métodos básicos convencionais.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Efectuar traballos básicos de corte con oxiarco, arco metálico e soldadura subacuática, en condicións de seguridade.* Definiuse correctamente o tipo de traballo despois de efectuada a correspondente inspección, utilizando os elementos adecuados visuais e/ou mecánicos.
* Verificáronse correctamente as instalacións eléctricas (canalización eléctrica, xerador de tensión, interruptores, disxuntores e fusibles de potencia).

RealizaciónsCriterios de realización

* Realizouse a acometida de tensión aos grupos de soldadura, segundo instrucións do fabricante.
* Situáronse e alistáronse correctamente no posto base os xeradores, electrodos e portaelectrodos, cables condutores, masa e gases, para a realización do traballo.
* Aplicáronse correctamente as medidas de protección tanto do operador como dos elementos de traballo.
* Preparouse convenientemente a zona de traballo ou punto de aplicación, segundo a técnica aplicada.
* Regulouse correctamente a intensidade do equipamento, tendo en conta o electrodo que cumpría empregar, o tipo de unión e a posición da soldadura ou corte.
* O corte ou a soldadura realizados tiñan a calidade requirida pola regulamentación aplicable.
* Corrixíronse os defectos do corte ou da soldadura (roturas e tensións) e identificáronse as posibles causas que os produciron.
* Prevíronse minuciosamente e aplicáronse rigorosamente as normas de seguridade específicas para xeradores de gran capacidade, illamento de cables, electrodos, portaelectrodos, interruptores, tomas de masa, etc.

2.2.Efectuar traballos básicos de corte subacuático utilizando diferentes gases e aplicando as normas de seguridade.* Definiuse correctamente o tipo de traballo despois de efectuada a correspondente inspección, utilizando os elementos axeitados (visuais e/ou mecánicos).
* Verificáronse correctamente as instalacións e os equipamentos, seguindo criterios de operatividade e seguridade.
* Comprobouse fidedignamente, en atención ao alto risco de explosión, a seguridade para as botellas de gases a alta presión, coas súas válvulas, racores, conexións e manorredutores.
* Preparouse convenientemente a zona de traballo ou punto de aplicación, segundo a técnica aplicada.
* Realizouse a elección do soprete para o corte, así como a súa preparación, conforme a técnica que cumpría utilizar e o material que se ía cortar.
* Prevíronse as incidencias no funcionamento dos equipamentos (desaxuste da chama, detonacións, lume interno) e preparáronse os medios de seguridade persoal axeitados.
* Elixíronse o procedemento e o método de corte utilizados, atendendo a criterios de calidade e material utilizado.

Dominio profesional

-Medios de produción ou tratamento da información.

Xerador de corrente continua de gran capacidade. Xerador para soldadura en superficie. Portaelectrodos con grande illamento eléctrico. Cable condutor e cable de masa con suficiente sección. Abrazadeira ou pinza de masa. Interruptor de seguridade. Electrodos de carbón, aceiro, cerámicos, térmicos, ultratérmicos e cable fundente. Pantalla de protección. Traxe de mergullo estanco. Casco ou máscara facial con suficiente illamento. Luvas de goma enxoitos. Batería ou rack de osíxeno. Abrazadeiras. Ligadas. Manorredutor de osíxeno de gran caudal. Adaptadores de osíxeno. Parafusos prisioneiros. Válvulas de control. Unións de cables. Filtros. Colariños. Cabezais. Manguitos de illamento. Garras de portaelectrodos. Subministración de propano e hidróxeno. Subministración adicional de osíxeno. Manorredutores de propano e de hidróxeno. Subministración de aire a presión. Manorredutor de aire. Soprete de gases (empuñadura). Manga de osíxeno. Manga de hidróxeno. Manga de propano. Manga de aire. Xogo

de chaves. Escariador. Xuntas de cobre. Boquillas de corte. Sistemas adecuados de comunicación e iluminación. Ferramentas pneumáticas e hidráulicas. Control de existencia de gases, electrodos e pezas de respecto. Consumos e provisións. Revisión do material. Parte de deterioración e avarías. Informe

de necesidades e previsións. Certificacións de garantía.

-Procesos, métodos e procedementos.

Aplicación do método de corte por oxiarco. Método de técnica de corte por arco metálico. Método de corte por arco térmico (lanza térmica). Proceso de corte por gases: método oxihidróxeno. Método oxipropano. Aplicación do proceso de soldadura con electrodo convencional. Método de soldadura con cable fundente (propio consumo). Aplicación en todos os casos das normas de seguridade específicas.

-Información: natureza, tipo e soportes.

Instrucións de funcionamento e manexo de materiais e de equipamentos. Información sobre servizos e dispoñibilidades. Coñecemento da natureza estrutural de instalacións, datos e referencias sobre o traballo que se vai realizar. Normas de seguridade específicas.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias do servizo.

Autoridades de Mariña. Secretaría Xeneral de Pesca Marítima. Direccións provinciais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Empresas de mergullo. Empresas subministradoras de gases e electrodos. Centros médicos. Centros de medicina subacuática e hiperbárica. Entidades relacionadas co mergullo. Centros de inspección e cualificación.

2.5.3. Unidade de competencia 3: efectuar traballos subacuáticos básicos de obras hidráulicas e explosivos.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Inspeccionar, limpar e efectuar reparacións básicas en túneles e comportas de presas e encoros, utilizando equipamentos e técnicas adecuadas.* Definiuse correctamente o tipo de traballo despois de efectuada a correspondente inspección, utilizando os elementos visuais e/ou mecánicos, previamente seleccionados e comprobados.

* Preparáronse e utilizáronse os equipamentos de traballo e posto base de acordo coa técnica requirida polo traballo.

* Reestablecéronse as condicións concretas de funcionamento da instalación reparada ou limpada.
* Detectáronse as causas probables de disfunción da instalación.
* Elaborouse o informe que expresaba correctamente e de xeito adecuado os resultados do traballo.

3.2.Efectuar operacións de replanteo de fondos, nivelación de cimentacións e colocación de bloques, conforme as condicións do fondo e tipo de construción hidráulica.* Definiuse correctamente o tipo de traballo despois de efectuada a correspondente inspección, utilizando os elementos visuais e/ou mecánicos, previamente seleccionados e comprobados.

* Seleccionáronse, situáronse e alistáronse no posto base os elementos que se ían utilizar, segundo o tipo de traballo.

* Os diferentes elementos utilizáronse e dispuxéronse dentro dos parámetros requiridos por cada técnica, aplicando as correspondentes normas de seguridade.
* Efectuáronse as operacións de replanteo de fondos e nivelación de cimentacións utilizando os materiais e elementos adecuados, conforme a constitución do fondo e parámetros requiridos polo tipo de construción.

3.3.Efectuar instalacións básicas de emisarios e entubados de condución subacuática, e realizar os seus estancamentos e as súas fixacións e ancoraxes.* Tomáronse os perfís do fondo e sondas de toda a liña de tendido, efectuouse a apropiada inspección e elaborouse o correspondente plan de traballo.

* Seleccionáronse, situáronse e alistáronse os elementos que se ían utilizar no posto base, segundo o tipo de traballo.

* Efectuouse o tendido de emisario ou entubado de condución mediante empalme dos diferentes tramos, estancamento e fixación das correspondentes ancoraxes.
* Conseguiuse o trazado requirido.
* Logrouse que a instalación operara satisfactoriamente.
* Cumpríronse as normas de seguridade.

RealizaciónsCriterios de realización

3.4.Realizar traballos básicos de mantemento e reparación en estruturas mergulladas e instalacións subacuáticas, cumprindo as normas de seguridade.* Efectuouse o recoñecemento inicial mediante elementos normais ou específicos, e quedou determinado o tipo de traballo para realizar.

* Efectuouse o mantemento e a reparación da estrutura ou instalación submarina utilizando os equipamentos e os materiais conforme as normas específicas en cada caso.

* Verificouse que as estruturas e as instalacións submarinas reparadas cumprían a súa función de traballo normal, en función dos requisitos establecidos.

3.5.Efectuar traballos básicos auxiliares de voadura, utilizando o explosivo recomendado para cada caso e observando as normas de seguridade.* Definiuse correctamente o tipo de traballo despois de efectuada a correspondente inspección, utilizando os elementos visuais e/ou mecánicos.

* Tomáronse sondas, perfís de fondo e amplitude de mareas, e comprobáronse os datos necesarios para a voadura.

* Seleccionouse correctamente a cantidade e o tipo de explosivo para utilizar, así como os sistemas máis convenientes para lles dar lume ás cargas, conforme as características do traballo.
* Preparáronse e alistáronse adecuadamente os elementos para utilizar na voadura, atendendo a criterios de illamento.
* Utilizáronse e dispuxéronse os diferentes elementos dentro dos parámetros de seguridade requiridos por cada técnica.

3.6.Observar as normas específicas de seguridade requiridas para traballos básicos en obras hidráulicas e explosivos subacuáticos.* Observáronse as normas específicas de seguridade previstas no arriado, na suspensión e no traslado de bloques e pedras de gran tonelaxe, no funcionamento de guindastres, nos traballos en túneles e no tendido de emisarios, conforme a envergadura e as condicións do traballo.
* Dispuxéronse as medidas de seguridade requiridas nos traballos de estruturas e instalacións subacuáticas, conxugando profundidade e riscos mecánicos producidos por bombas e mangas de succión.
* En relación cos explosivos, observouse minuciosamente a normativa de seguridade especialmente requirida na manipulación, no transporte e no almacenamento dos diferentes elementos, así como o acordoamento e evacuación da zona.

3.7.Recoller a información (por toma directa de mostras, fotografías ou anotacións) nos puntos solicitados nun transecto.* Tomáronse as mostras, fotografías e anotacións seguindo as indicacións do xefe do proxecto/investigación.

* Comprobouse a información sobre o tipo de mostras para recoller e a metodoloxía, recoñecendo os principais grupos biolóxicos de relevancia no medio mariño: algas, equinodermos, peixes, crustáceos, esponxas e cnidarios:-Fotografías: algas, esponxas, cnidarios, crustáceos, peixes, etc.-Mostras: sedimentos, mostras biolóxicas, etc.

* Fixéronse, a partir do mapa físico e batimétrico, as gráficas necesarias en que se sinalaron os puntos de menor e maior profundidade, así como o percorrido total.
* Planificouse o mergullo para o seu desenvolvemento a un ritmo establecido ao longo do transecto.
* Anotouse a distancia de cada dato recollido (por mostraxe ou fotografía) á liña do transecto e presentouse nun informe final (con debuxos, gráficos e anotacións explicativas).
* Colocáronse as cuadrículas para mostraxe e obtivéronse as fotos e/ou mostraxes representativas seguindo instrucións do xefe de proxecto/investigación.

Dominio profesional

-Medios de produción ou tratamento da información.

Pilotes. Pilotaxe de plataformas. Bloques normais. Bloques flotantes. Pedra de 1ª, 2ª e 3ª. Escavadoras. Dragas. Trades e martelos pneumáticos e hidráulicos. Cortadoras hidráulicas. Grandes martelos hidráulicos para cravado de pilotes. Manga de succión. Bombas de aspiración de lama. Guindastres. Cables e embragues. Gánguiles. Pontóns. Formigoneiras. Vibradores. Inxectores de formigón. Cementos. Raís. Formeiros. Encofrados. Sondas. Balizas. Repartidor de auga a presión. Central hidráulica. Compresores de baixa presión para ferramenta pneumática. Burís. Ciceis. Barre

nas. Remachadoras. Aparellos e polipastos. Formigóns. Explosivos de utilización submarina. PENT (plástico). RDX (plastificado). TNT (fundido). Cordón detonante. Mecha lenta (seguridade). Detonadores. Cebos de presión. Cebos instantáneos de retardo. Cebos eléctricos. Acendedores. Carreteis e alargadeiras. Galvanómetros. Explosores. Unións estancas. Artificios pirotécnicos e eléctricos. Iniciadores. Tenaces de minador. Pegamentos impermeabilizantes. Abrazadeiras. Cinta adhesiva. Empalmes para mechas. Vídeo e fotografía submarina. Resinas sintéticas. Cemento especial. Pinturas poliamidas. Preparación de elementos e execución do traballo. Elaboración de informes. Inventariado de material funxible. Consumos e previsións. Provisión de material de respecto. Partes de deterioros e avarías. Certificación de garantía de obra. Cámaras fotográficas submariñas. Recipientes para mostraxe.

-Procesos, métodos e procedementos.

Utilización dos diferentes métodos de replanteo en rochas, arxilas, greda, area e lama. Aplicación dos procesos de cimentacións de encaixada, contención, derrame, cinsas, soltas, area e lama branda. Métodos para construción de muros de resistencia, atraque e contención. Procesos para colocación de bloques normais e flotantes. Método para cravado de pilotes. Métodos para construción de varadoiros, diques e crebaondas. Métodos de preparación e colocación de explosivos para apertura de gabias e alteracións de fondos en portos, canles e costas. Modelos de solicitude de autorizacións de traballo. Modelo de solicitude, autorización, manexo, transporte e almacenamento de explosivos. Modelo de elaboración de informes.

-Información: natureza, tipo e soportes.

Instrucións de traballo. Información sobre características ambientais. Información sobre servizos e dispoñibilidades médico-hiperbáricas. Normas de seguridade específicas. Instrucións de funcionamento e manexo de materiais e de equipamentos. Información sobre características de fondos. Información das administracións competentes na materia, Transportes e Medio Ambiente para obras hidráulicas en augas marítimas e interiores. Regulamentación sobre obras hidráulicas e aplicación de explosivos. Información das capitanías de porto e das autoridades de Mariña sobre actividades subacuáticas na zona. Información das emisoras de radio e centrais eléctricas limítrofes á zona de traballo para coñecer a frecuencia de emisión que puidese afectar por indución nos tendidos eléctricos de explosivos.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias do servizo.

Autoridades de Mariña. Secretaría Xeral de Pesca Marítima. Direccións provinciais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente, confederacións hidrográficas, grupos especiais de actividades subacuáticas da Garda Civil (GEAS). Empresas de mergullo. Garda Civil do mar. Dirección Xeral de Portos. Dirección Xeral de Costas. Centrais eléctricas e nucleares.

2.5.4. Unidade de competencia 4: efectuar traballos subacuáticos de reparación en flotación e reflotamentos.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Efectuar taponamentos de vías de auga utilizando os elementos específicos en cada caso.* Definiuse correctamente o tipo de traballo despois de efectuada a correspondente inspección, utilizando os elementos visuais e/ou mecánicos.

* Seleccionáronse, preparáronse e alistáronse correctamente no posto base os elementos para utilizar na realización do traballo.

* Utilizáronse e dispuxéronse os diferentes elementos dentro dos parámetros requiridos por cada técnica.
* Conseguiuse a contención necesaria da vía de auga para o reflotamento.
* Os traballos realizados non danaron a estrutura ou instalación.

4.2.Realizar traballos simples de limpeza de carenas e substitución de elementos da obra viva, utilizando os medios, os elementos e as pezas requiridas en cada caso.* Comprobáronse e alistáronse os elementos de limpeza conforme o tipo de limpeza requirido.

* Limpouse satisfactoriamente a carena ou obra viva, e os elementos utilizáronse e dispuxéronse dentro dos parámetros requiridos pola técnica aplicada, observando as correspondentes normas de seguridade.

* Substituíronse satisfactoriamente os elementos danados ou avariados, utilizando en cada caso os materiais e os medios máis idóneos a cada situación.
* Verificouse que a substitución dos elementos ou dispositivos avariados restablecese as condicións normais de funcionamento do sistema e cubrise os requisitos exixidos.

4.3.Realizar reflotamentos simples de estruturas mergulladas, utilizando os elementos e os sistemas adecuados a cada situación.* Preparáronse, comprobáronse e alistáronse os elementos para utilizar nun reflotamento, conforme as especificacións do traballo e dos equipamentos.

* Utilizáronse e dispuxéronse os diferentes medios dentro dos parámetros requiridos por cada técnica axustada ás características do reflotamento, observando as correspondentes normas de seguridade.

* Revisáronse e preparáronse as diferentes partes do buque ou os elementos que para reflotar (cubertas, adegas, tanques, espazos ocos e puntos resistentes), para poderen soportar embragues, tracción, soprado ou achicamento e actuacións combinadas segundo se requira, dentro das marxes de resistencia e seguridade establecidas.

4.4.Observar as normas específicas de seguridade requiridas para reparacións en flotación e reflotamentos.* Prevíronse e dispuxéronse adecuadamente as normas específicas de seguridade para determinadas circunstancias en traballos de carenas de buques.
* Tomáronse as convenientes precaucións de seguridade nos reflotamentos, respecto á prevención persoal, manexo e utilización de material, elementos normais e de fortuna.

Dominio profesional

-Medios de produción ou tratamento da información.

Palletes, paneis, turafallas e «cofferdams». Mesturas de formigón. Apontoamentos. Compresores. Bombas. Exectores. Succionadores de lama. Flotadores ríxidos e elásticos. Guindastres. Cabrias. Pontóns. Gabarras. Aparellos normais de manobra. Aparellos de praia. Estrobos. Bragas. Chigres. Cabrestantes. Guinches. Boias de fondeo e mortos de amarre. Áncoras. Manobra de cebos, cadeas e cables. Frisas de goma. Almofadado de lona e estopa. Porlóns. Sistemas de fixación de paneis. Masillas epoxídicas. Pranchas finas de chumbo. Cepillos pneumáticos e hidráulicos. Equipamentos para chorro de auga a presión e substancias abrasivas. Ferramentas convencionais. Sistemas de comunicación e de iluminación. Material de corte e soldadura. Preparación e realización do traballo. Reparación das avarías que presente o buque. Control de existencia de material e respectos. Relación de consumos e previsións. Partes de incidentes e anomalías. Informe de necesidades e resultados do traballo.

-Procesos, métodos e procedementos.

Métodos de taponamentos para estancamento de vías de auga. Procesos de limpeza e substitución de elementos na obra viva. Métodos de reflotamento por achicamento ou soprado. Métodos de suspensión por guindastres, flotadores ríxidos ou flexibles. Procesos específicos para salvamentos en condicións normais e de emerxencia. Modelos de solicitude de autorizacións de traballo. Modelo de pólizas de seguro para persoal e material. Aplicación en todos os casos das normas de seguridade específicas.

-Información: natureza, tipo e soportes.

Información sobre condiciones meteorolóxicas predominantes na zona. Táboas de correntes e mareas. Características do barco para reflotar. Instrucións de funcionamento e manexo de materiais e equipos. Normas de seguridade específicas.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias do servizo.

Navieiras. Armadores. Empresas de salvamento. Seguros. Autoridades de Mariña. Secretaría Xeral de Pesca Marítima. Direccións provinciais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Gabinetes de enxeñaría naval.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1Avaliar a posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada aos recursos dispoñibles, aos obxectivos e ás características da actividade.

* Realízase o estudo de viabilidade, en que se recolleu:

-A estrutura organizativa adecuada aos obxectivos.
-Localización física e ámbito de actuación (distancia entre clientes e provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona e elementos de prospectiva).
-Demanda potencial e previsión de ingresos.
-Necesidades de financiamento e forma máis rendible.
-Rendibilidade do proxecto.
-Posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determinouse a composición dos recursos humanos necesarios, atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais.

5.2.Determinar as formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, a actividade e os obxectivos dunha pequena empresa.* Identificáronse as formas de contratación vixentes.

* Seleccionáronse as formas de contrato óptimas para resolver as necesidades da empresa.

5.3.Elaborar, xestionar e organizar a documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Definiuse unha organización da documentación para que en todo momento se poida ter información sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Elaboráronse os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) no formato establecido pola empresa, cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.

5.4.Promover a venda de produtos ou servizos mediante os medios ou as relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción tívose en conta a capacidade produtiva da empresa e o tipo de clientela adecuado aos seus produtos e servizos.

* Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permitiu establecer as canles de distribución dos diversos produtos ou servizos.

5.5.Negociar con provedores, clientes e organismos, procurando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Tívose en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.-Calidades.

RealizaciónsCriterios de realización

-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
* Nas condicións de venda propostas aos clientes tívose en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes
-Volume de venda.
-Condicións de pagamento.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

5.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente á demanda do cliente, e promovéronse as futuras relacións.
* Comunicóuselles aos clientes calquera modificación ou innovación da empresa que puidese interesarlles.

5.7.Identificar, no tempo e na forma que proceda, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identificáronse os rexistros exixidos pola normativa vixente.

* Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identificáronse, en tempo e forma, as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información manexada.

Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques, etc.

-Documentación cos distintos organismos oficiais.

Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas, TC1, TC2 e alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información.

Terá que coñecer os trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou xa para contratar a súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado, en paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona.

Provedores e clientes. Ao ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes que realicen pedidos ou servizos que darían lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

No sector das actividades subacuáticas prevese unha maior concentración da actividade empresarial orixinada polo aumento da supervisión e o control das administracións central e/ou autonómica en materia de titulacións, autorizacións de traballo e seguridade laboral. Prevese un aumento da inspección de traballo e, xa que logo, un incremento da calidade de obra e redución da sinistralidade laboral.

As estruturas empresariais tamén serán modificadas pola entrada no noso mercado de grandes consorcios internacionais de recoñecido prestixio, cos que cómpre competir para a consecución das grandes operacións.

Prevese que a aparición de grandes complexos hiperbáricos e a saturación de unidades hiperbáricas móbiles, así como novos e sofisticados vehículos submarinos para traballos a calquera profundidade provoque un incremento dos niveis de actuación, limitados na actualidade pola profundidade.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

As actividades profesionais no sector subacuático van cambiando nos últimos anos, de tal xeito que, xa na actualidade, os labores de mantemento de estruturas, reparación de conducións subacuáticas e paramentos de presas, instalación de arrecifes artificiais, recoñecementos mediante vehículos somerxibles, etc., son actividades profesionais con gran demanda e que nun futuro próximo se verán incrementadas pola antigüidade que teñen estas construcións (encoros, portos e conducións) ou pola incorporación de nova lexislación ambiental (centrais térmicas e emisarios submarinos).

2.6.3. Cambios na formación.

As necesidades de formación que se poderían deducir dos cambios nas actividades profesionais do sector van máis dirixidas cara á adquisición de novos coñecementos, como técnicas de ensaios non destrutivos, manexo de vehículos de mergullo, novos equipamentos respiratorios, sistemas de intervención ou saturación, e manexo de novas ferramentas submarinas.

Tamén debe enfocarse a formación a métodos, equipamentos e sistemas de protección persoal adecuados ás novas normativas.

A formación débese enfocar a conseguir unha concepción global no proceso da obra e uns coñecementos en materiais, unidades de obra e medios de control que permitan actuar neste campo sistematicamente.

Deberase coñecer a utilidade e a instalación dos distintos medios de protección e ter unha visión global da seguridade e un coñecemento da súa normativa e documentación específica, para tomar en consideración de xeito permanente este aspecto en todas as actuacións.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura exercerá a súa actividade no campo do mergullo profesional, área de servizos, dentro do sector industrial.

Os principais subsectores en que se pode desenvolver a actividade son:

* Construcións hidráulicas: asistencia a centrais eléctricas e hidráulicas, encoros e pantanos, encoros e ríos, centrais nucleares e térmicas, novas obras de execución; mantemento básico de instalacións; revisións e inspeccións elementais; traballos básicos elementais de reparación; obras hidráulicas elementais de realización en portos, diques, varadoiros e peiraos;

tendido de emisarios submarinos; procuras e recuperacións; balizamento de grandes zonas; utilización de explosivos submarinos, etc.

* Actividades navais: limpeza de carenas en flotación e reparacións elementais na obra viva, utilización dos procesos básicos convencionais de corte e soldadura submarina, utilización de explosivos submarinos, asistencia a operacións simples de salvamento e rescate, reflotamentos elementais, taponamentos simples de vías de auga, etc.

* Ademais, noutros sectores onde se requira a súa intervención (pesca, acuicultura, bioloxía e arqueoloxía submarinas, enxeñaría, etc.), realizando traballos de colaboración, auxilio, extracción e toma de mostras.

En xeral, en grandes e medianas empresas dedicadas a actividades subacuáticas de intervención e servizos, e eventualmente de xeito autónomo como subcontratista.

Para exercer a súa actividade no campo do mergullo profesional, este técnico deberá posuír normalidade emocional, temperamental e intelectual e unha aptitude médica que lle permita desenvolverse con seguridade e eficacia.

Poderá formar parte dun equipamento de mergullo dentro dunha determinada empresa de servizos con mergulladores do seu mesmo nivel ou integrarse nunha parella de mergullo ou equipamento dentro dunha empresa produtiva.

Así mesmo, poderá actuar (despois dunha determinada experiencia), como pequena empresa de servizo, subcontratando outros mergulladores.

Podería integrarse dentro dun equipamento reducido de traballo, como supervisor ou xefe de equipamento en operacións de mergullo simples.

Tamén poderá actuar como mergullador auxiliar noutros equipamentos, ou formando parella cun mergullador de nivel superior en determinadas circunstancias, sen superar a súa limitación de profundidade.

Pola súa vez, poderíase integrar en circunstancias específicas nun equipamento de mergullo (empresas de servizos ou de produción), como operador de instalacións hiperbáricas simples.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico: ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

Con fins de orientación profesional, indícanse deseguido algunhas das ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título, considerando que baixo a auga se pode realizar unha gran cantidade de traballos similares aos terrestres e que non posúen unha denominación específica:

Mergullador, soldador subacuático, operador de soprete subacuático, operador especialista en obras hidráulicas, operador especialista en explosivos, operador de cámara hiperbárica, operador de campá de inmersión, técnico en instalacións hiperbáricas, operador especialista en reportaxes gráficas, tomador de mostras e técnico de ensaios non destrutivos.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Integrar os coñecementos adquiridos para mergullarse, permanecer no sitio de traballo ata terminar a súa tarefa ou ata que se consuma o seu tempo de inmersión e regresar á superficie.

* Interpretar os protocolos de execución e efectuar as actividades en superficie como xefe de equipamento, mergullador de socorro ou asistente do mergullador, incluíndose os labores de revisión e preparación do equipamento de mergullo antes e despois da inmersión, así como vestir e espir o mergullador e atendelo durante a inmersión, mantendo unha comunicación constante.

* Analizar e describir os riscos específicos da inmersión, as precaucións necesarias que se deben tomar e as accións que se deben realizar ante unha emerxencia, tendo en conta os efectos que sobre a saúde ocasionan as variacións de presión durante a inmersión.

* Aplicar os procedementos habituais para a utilización das cámaras hiperbáricas, a súa preparación, comprobacións de rutina e mantemento diario, así como a utilización de compresores, liñas de gases e demais elementos de apoio.

* Describir os procesos fisiolóxicos que determinan a necesidade da terapia de recompresión, a utilización das táboas de descompresión adecuadas e a planificación de inmersións con descompresión na auga ou en superficie.

* Manexar correctamente e con seguridade as diferentes ferramentas e técnicas de traballo subacuático para manter o seu equipamento, as ferramentas e os elementos auxiliares nun primeiro nivel de necesidades.

* Manexar con suficiente seguridade e destreza as embarcacións menores para apoio a operacións de mergullo, e actuar como membro dunha tripulación en embarcacións de mergullo de maior porte.

* Transmitirlle ao persoal sanitario a información precisa sobre accidentes, tanto do propio mergullador como dun compañeiro, e aplicar os primeiros auxilios inmediatos no lugar do accidente, así como as táboas terapéuticas de recompresión en cámara, en tanto non acuda o persoal sanitario especialista.

* Sensibilizarse respecto dos efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellorar as condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctivas e de protección adecuadas.

* Interpretar o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poden presentar neles.

* Utilizar e procurar vías de formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector, a evolución e a adap

tación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: inmersión a media profundidade.

Asociado á unidade de competencia 1: realizar inmersións seguras de intervención e manexar e manter equipamentos e instalacións hiperbáricas simples.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar e aplicar de xeito correcto a lexislación de mergullo á hora de planificar e desenvolver calquera traballo subacuático.

* Realizar correctamente os cálculos físicos necesarios para planificar e desenvolver os traballos subacuáticos.

* Identificar e describir todos os elementos que conforman o equipamento de inmersión en apnea.

* Montar e manexar de xeito correcto e seguro todos os elementos que conforman o equipamento de inmersión en apnea.

* Aplicar o protocolo de inmersión en apnea tendo en conta o papel que desempeñe cada un dos membros do equipamento de traballo (xefe de equipamento, mergullador de socorro ou mergullador), e aplicando de xeito correcto e efectivo a correspondente lista de comprobación do equipamento.

* Realizar a correcta limpeza, o mantemento e a estiba do equipamento de mergullo en apnea unha vez finalizada a inmersión, de maneira que quede operativo para a seguinte xornada de traballo.

* Identificar e describir a función técnica e de traballo de todos os elementos que conforman o equipamento de inmersión en autónomo.

* Montar e manexar de xeito correcto e seguro todos os elementos que conforman o equipamento de inmersión en autónomo.

* Aplicar o protocolo de inmersión en autónomo tendo en conta o papel que desempeñe cada un dos membros do equipamento de traballo (xefe de equipamento, mergullador de socorro ou mergullador) e o gas ou mestura de gases respirados, aplicando de xeito correcto e efectivo a correspondente lista de comprobación do equipamento.

* Realizar a correcta limpeza, o mantemento e a estiba do equipamento de mergullo autónomo unha vez finalizada a inmersión, de maneira que quede operativo para a seguinte xornada de traballo.

* Identificar e describir a función técnica e de traballo de todos os elementos que conforman o equipamento de inmersión con subministración desde superficie.

* Montar e manexar de xeito correcto e seguro, segundo as especificacións técnicas do equipamento, todos os elementos que conforman o equipamento de inmersión con subministración desde superficie.

* Aplicar o protocolo de inmersión con subministración desde superficie tendo en conta o papel que desempeñe cada un dos membros do equipamento de traballo (xefe de equipamento, mergullador de socorro, asistente ou mergullador) e o gas ou mestura de gases respirados, aplicando de xeito correcto e efectivo a correspondente lista de comprobación do equipamento.

* Realizar a correcta limpeza, o mantemento e a estiba do equipamento de mergullo con subministración desde superficie unha vez finalizada a inmersión, de maneira que quede operativo para a seguinte xornada de traballo.

* Identificar e describir a función técnica e de traballo de todos os elementos que conforman o equipamento de inmersión con campá húmida.

* Montar e manexar de xeito correcto e seguro, segundo as especificacións técnicas e de traballo, todos os elementos que conforman o equipamento de inmersión con campá húmida.

* Aplicar o protocolo de inmersión con campá húmida tendo en conta o papel que desempeñe cada un dos membros do equipamento de traballo (xefe de equipamento, axudante, mergullador de socorro, asistente, mergullador xefe ou mergullador) e o gas ou a mestura de gases respirados, aplicando de xeito correcto e efectivo a correspondente lista de comprobación do equipamento.

* Realizar a correcta limpeza, o mantemento e a estiba do equipamento de mergullo con campá húmida unha vez finalizada a inmersión, de maneira que quede operativo para a seguinte xornada de traballo.

* Realizar inmersións a profundidades progresivas con cada un dos diferentes equipamentos de mergullo ata acadar a máxima operativa (50 metros en autónomo e 60 con subministración desde superficie ou campá húmida), pondo en práctica as actuacións do mergullador en situacións de emerxencia (perda e recuperación de partes do equipamento, fallo do regulador principal, corte na subministración de gas, etc.).

* Interpretar e empregar adecuadamente todas as táboas de descompresión aplicables en intervencións hiperbáricas (no mar, en altitude, con descompresión na superficie, etc.).

* Interpretar e empregar adecuadamente todas as táboas de tratamento aplicables en caso de accidente de descompresión ou síndrome de hiperpresión torácica.

* Calcular o consumo de gas respirable en calquera intervención hiperbárica, en función dos equipamentos de inmersión, do traballo que se realice e das táboas de descompresión e tratamento que se empreguen.

* Planificar o traballo subacuático tendo en conta todos os factores que poidan afectar ao seu desenvolvemento (prazo de execución, medios humanos e materiais, seguridade, etc.), e confeccionar o correspondente plan de traballo.

* Identificar e describir a función técnica e de traballo de todos os elementos que configuran unha instalación ou planta de mergullo.

* Manexar de xeito correcto e seguro todos os elementos que configuran unha instalación ou planta de mergullo (compresores, racks de botellas, cámaras hiperbáricas, etc.).

* Realizar inmersións simuladas e con descompresións na superficie en cámara hiperbárica ata 50 m.

* Realizar a carga dos equipamentos de inmersión empregando cadros de aire e cadros de mestura nitrox.

* Realizar a correcta limpeza, o mantemento e a conservación das instalacións e plantas de mergullo.

* Recoñecer e describir os sistemas avanzados de mergullo: campás pechadas, mergullo a saturación, traxes atmosféricos, somerxibles e vehículos operados a control remoto (ROV).

* Comunicarse de xeito sinxelo empregando o vocabulario referente a equipamentos de mergullo, ferramentas e partes do buque en inglés.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Lexislación de mergullo.

* Formalización de impresos para solicitude de autorización de intervencións hiperbáricas e comunicación de accidentes de mergullo segundo a normativa de seguridade.

* Aplicación práctica da normativa de seguridade mediante a confección de diferentes plans de inmersión.

* Formalización de impresos para solicitude de autorización de intervencións hiperbáricas e comunicación de accidentes de mergullo de acordo coas normativas galegas de mergullo.

* Formalización de impresos para solicitude da documentación do mergullador, conforme a normativa galega de mergullo: tarxeta profesional, libro diario, especialidades e cursos de primeiros auxilios.

* Formalización correcta de todos os puntos do libro diario de mergullo.

* Aplicación práctica da normativa de calidade de equipamentos de mergullo, comprobando que os elementos e os materiais con que están fabricados os equipamentos de mergullo sexan acordes a estas normativas.

* Aplicación práctica das normativas de recipientes e aparellos a presión, comprobando que os elementos e materiais con que están fabricados os equipamentos de mergullo sexan acordes a estas normativas.

Física aplicada ao mergullo.

* Aplicación práctica e realización de cálculos empregando os distintos sistemas de magnitudes.

* Aplicación práctica do principio de Arquímedes mediante o cálculo de pesos de materiais con distintos volumes cando se somerxen na auga ou noutro líquido de distinta densidade.

* Aplicación práctica do cálculo do centro de gravidade dun corpo.

* Manexo das magnitudes que miden as condicións físicas do medio acuático.

* Aplicación práctica das leis dos gases (Boyle-Mariotte, Charles, Lei xeral dos gases, Dalton e Henry) mediante o cálculo de presións, volumes e temperaturas na planificación previa do traballo subacuático.

* Aplicación práctica do principio de Pascal no traballo con ferramentas pneumáticas e hidráulicas.

* Aplicación práctica do principio de panca no traballo con ferramentas manuais baixo a auga.

* Realización de cálculos sinxelos que axuden a entender o funcionamento de equipamentos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos.

Táboas e consumos.

* Emprego das distintas táboas de descompresión e tratamento durante a planificación e o desenvolvemento do traballo subacuático.

* Emprego de programas informáticos para planificar inmersións e calcular as correspondentes descompresións.

* Cálculo dos consumos e das necesidades de gases ou mesturas á hora de planificar o traballo subacuático.

Equipamentos de inmersión.

* Preparación, montaxe e manexo de todos os equipamentos empregados coas distintas técnicas de inmersión: apnea, autónomo, abastecemento desde superficie á demanda e volume variable ou a fluxo continuo e volume constante, campá húmida, equipamentos e traxes de auga quente e equipamentos especiais de circuíto semipechado.

* Emprego de aire, nitrox e oxíxeno ata as profundidades de traballo máximas e cos diferentes equipamentos de inmersión.

* Planificación e manexo de instalacións e plantas de mergullo segundo as necesidades do traballo que se desenvolva.

* Preparación de plans de traballo para os distintos labores de mergullo, conxugando os medios materiais e os humanos.

* Preparación e manexo dunha cámara hiperbárica na realización de inmersións, descompresións e tratamentos.

* Realización de inmersións e descompresións en cámara hiperbárica.

* Cálculo e realización de distintas mesturas de gases.

* Manexo dun ROV en labores de inspección.

* Limpeza, mantemento e conservación de equipamentos, instalacións e plantas de mergullo.

Idioma.

* Emprego da lingua inglesa nos procedementos básicos de comunicación entre mergullador e superficie, e entre mergullador e mergullador.

* Emprego de terminoloxía inglesa no manexo de equipamentos, ferramentas e traballo en buques.

Contidos conceptuais

Lexislación de mergullo.

* Competencias da Comunidade Autónoma galega en materia de mergullo.

* Normativa de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas do Ministerio de Fomento.

* Normativa de mergullo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia.

* Normativa sobre seguridade, hixiene e prevención de riscos no traballo.

* Normas de calidade específicas de equipamentos de mergullo (EN-UNE).

* Normativas sobre recipientes e aparellos a presión.

* Normativa de mergullo do HSE británico.

* Normativa de mergullo francesa.

* Normativa sobre salvamentos, achados e extraccións marítimas.

Física aplicada ao mergullo.

* Sistemas de unidades e magnitudes.

* Flotabilidade: principio de Arquímedes.

* Gravidade: peso e centro de gravidade.

* Condicións físicas e químicas do medio acuático: salinidade, densidade, presión e temperatura.

* Relación entre presión e volume: Lei de Boyle-Mariotte.

* Relación entre volume e temperatura e entre presión e temperatura: Lei de Charles.

* Relación entre presión, volume e temperatura: Lei xeral dos gases.

* Presión parcial dos gases: lei de Dalton.

* Solubilidade de gases en líquidos: lei de Henry.

* Dinámica de fluídos: principio de Pascal.

* Fundamentos da panca.

* Nocións básicas de electricidade.

* Nocións básicas de pneumática.

* Nocións básicas de hidráulica.

Táboas de descompresión e consumos.

* Historia e conceptos da teoría da descompresión.

* Táboas de descompresión con aire.

* Táboas de descompresión con nitrox.

* Táboas de tratamento.

* Programas informáticos de descompresión.

* Cálculo dos consumos durante a inmersión.

Equipamentos de inmersión.

* Equipamento básico para mergullo en apnea.

* Equipamento autónomo de mergullo.

* Equipamento autónomo de mergullo con facial.

* Equipamento de mergullo con abastecemento desde a superficie.

* Plantas e instalacións de mergullo.

* Planificación do traballo subacuático.

* Mergullo con nitrox.

* Mergullo con casco de fluxo continuo e traxe de volume constante.

* Mergullo con traxes de auga quente.

* Equipamentos de mergullo: circuíto semipechado.

* Mergullo con campá húmida.

* Cámaras hiperbáricas.

* Preparación de nitrox.

Idioma.

* Procedementos básicos de comunicación.

* Terminoloxía e vocabulario aplicado a equipamentos, ferramentas de mergullo e partes do buque.

Contidos actitudinais

* Predisposición para o traballo en equipamento, tanto en superficie como debaixo da auga.

* Aplicación rigorosa de toda a normativa de mergullo en vigor, tanto á hora de planificar o traballo como no seu desenvolvemento.

* Rigor á hora de elaborar os cálculos necesarios para unha adecuada realización de todos os labores subacuáticos.

* Asunción da necesidade de ter sempre á man as táboas de descompresión correspondentes ao tipo de intervención hiperbárica que se vaia realizar, por moi sinxela que esta pareza.

* Tratamento coidadoso e esmerado de todos os equipamentos, instalacións e plantas de mergullo.

* Actitude seria e responsable no desempeño do papel (xefe de equipamento, axudante, mergullador de socorro ou mergullador) dentro do equipamento de traballo.

* Rigor na posta en práctica dos protocolos de inmersión e recoñecementos previos a ela.

* Consideración e respecto cara a todo o equipamento de traballo: subordinados, compañeiros ou superiores.

3.2.2. Módulo profesional 2: procedementos de corte e soldadura subacuáticos.

Asociado á unidade de competencia 2: efectuar traballos subacuáticos elementais de corte e soldadura con métodos básicos convencionais.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar as ordes e as instrucións do traballo que se vaia realizar, a partir de esbozos ou planos, así como da simboloxía representada.

* Interpretar a documentación técnica relativa ao uso e mantemento da maquinaria e do material auxiliar utilizado en traballos de corte e soldadura.

* Aplicar as normas de seguridade nos traballos de corte e soldadura, tanto na superficie como baixo a auga, inspeccionando e verificando o correcto funcionamento de todos os elementos.

* Analizar a técnica de corte para empregar en función das características do traballo.

* Montar e realizar o mantemento dos distintos equipamentos de corte seguindo o manual de instrucións técnicas do fabricante.

* Montar os elementos do equipamento de corte por oxiarco e revisar o seu correcto funcionamento.

* Seleccionar o tipo de electrodo para o equipamento de oxiarco en función do grosor do material.

* Relacionar a intensidade da corrente eléctrica e a presión do gas tendo en conta o traballo que se vaia realizar e a lonxitude da manga.

* Realizar distintos cortes con oxiarco para lograr a calidade requirida.

* Montar os elementos do equipamento de corte por gases e revisar o seu correcto funcionamento.

* Seleccionar o tipo de boquilla do soprete en función do grosor do material e do tipo de gas que se utilice na técnica de oxicorte.

* Axustar a presión dos gases conforme a lonxitude das mangas na técnica de oxicorte.

* Realizar distintos cortes con soprete de gases coa calidade requirida.

* Montar os elementos do equipamento de corte con lanza térmica e revisar o seu correcto funcionamento.

* Relacionar a presión do gas coa lonxitude da manga na técnica de corte térmico.

* Realizar diferentes cortes con lanza térmica, coa calidade requirida.

* Seleccionar a ferramenta mecánica adecuada ao tipo de traballo que se realice.

* Montar os elementos do equipamento de corte mecánico para traballos diferentes, e revisar o seu correcto funcionamento.

* Realizar cortes mecánicos coa calidade requirida.

* Analizar a técnica de soldadura máis adecuada tanto en ambiente húmido como en ambiente hiperbárico, tendo en conta o grosor do material, as condicións do traballo e a calidade requirida.

* Montar e realizar o mantemento dos distintos equipamentos de soldadura seguindo o manual de instrucións técnicas do fabricante.

* Montar os elementos do equipamento de soldadura por arco con electrodo revestido, e revisar o seu correcto funcionamento.

* Seleccionar o tipo de electrodo de soldadura en función do tipo de material, o seu grosor e a posición dos elementos para soldar. Relacionar o diámetro do electrodo coa intensidade eléctrica.

* Preparar as pezas metálicas para unir e/ou recargar.

* Montar os elementos dos equipamentos de soldadura TIG e MIG-MAG, e verificar o seu correcto funcionamento.

* Relacionar os distintos parámetros (presión do gas, amperaxe da máquina, grosor do material, etc.) que se deben ter en conta en cada unha das técnicas de soldadura TIG e MIG-MAG.

* Realizar diferentes traballos de soldadura coas técnicas TIG e MIG-MAG en atmosfera hiperbárica, coa calidade requirida.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

* Interpretación e aplicación das normas de seguridade relativas ao corte e á soldadura, tanto en casos simulados como en casos reais.

* Operacións elementais de aplicación da lei de Ohm.

* Operacións básicas de aplicación das leis dos gases.

* Manexo dun xerador, un transformador, un manorredutor, etc.

* Manexo do equipamento de subministración de gases, colocación de manorredutoras e fixación das presións de saída.

* Montaxe e desmontaxe de pinzas porta electrodos, cambios de xuntas e soportes.

* Utilización dos sopretes de corte en terra e baixo a auga.

* Montaxe de lanzas térmicas no porta. Realización de cortes con lanza térmica en diferentes materiais.

* Aplicación da técnica de corte mediante oxiarco sobre diferentes materiais e con diferentes tipos de electrodos.

* Montaxe e mantemento dos distintos equipamentos de soldadura.

* Aplicación de cordóns de soldadura en distintas posicións e con diferentes materiais para cada técnica.

Contidos conceptuais

Nocións básicas de electricidade aplicada ao corte e á soldadura subacuática.

* Enerxía eléctrica.

* Voltaxe.

* Potencia.

* Resistencia.

* Intensidade.

Nocións básicas dos gases empregados en corte e soldadura.

* Propiedades dos distintos gases: osíxeno, acetileno, hidróxeno, propano, argon, etc.

* Recoñecemento dos gases polas cores das oxivas das botellas.

Máquinas e accesorios eléctricos de corte e soldadura.

* Xeradores.

* Transformadores.

* Pinzas.

* Manorredutores.

* Sopretes.

* Compresores de baixa presión.

* Botellas de gases.

* Mangas de subministración de electricidade.

* Mangas de subministración de gases.

* Electrodos de corte.

* Electrodos de soldadura.

* Ferramentas mecánicas de corte.

Características físicas, químicas e mecánicas dos metais máis comúns en corte e soldadura subacuática.

* Temperatura de fusión, condutividade térmica e estrutura granular.

* Fenómenos de corrosión, oxidación e redución.

* Comportamento dos metais cando se someten a distintos tipos de cargas (tenacidade, fraxilidade, dutilidade, etc.).

* Influencia do carbono nos aceiros.

* Tratamentos térmicos.

Normas de seguridade nas actividades de corte e soldadura.

* Normativa específica aplicada ao corte e á soldadura en inmersión e terra.

Contidos actitudinais

* Cumprimento rigoroso da normativa que regula a actividade de corte e soldadura.

* Predisposición para o traballo en equipamento e responsabilidade no papel que desempeñe.

* Rigor na actividade para realizar co fin de alcanzar a calidade requirida.

* Verificación dos cortes realizados utilizando os diferentes procedementos.

* Verificación dos cordóns trazados coas distintas técnicas.

3.2.3. Módulo profesional 3: traballos subacuáticos de obras hidráulicas e con explosivos.

Asociado á unidade de competencia 3: efectuar traballos subacuáticos básicos de obras hidráulicas e explosivos.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar a documentación técnica relativa ao uso e mantemento da maquinaria de obras hidráulicas subacuáticas.

* Interpretar as ordes e instrucións do traballo para realizar a partir de planos de traballo e da simboloxía representada.

* Realizar a inspección dunha obra subacuática utilizando os elementos visuais e/ou mecánicos seleccionados e emitir un informe técnico derivado desa inspección.

* Aplicar as normas de seguridade na execución dos traballos de obras hidráulicas.

* Manexar de forma segura e competente as ferramentas auxiliares utilizadas nos traballos de obras hidráulicas.

* Realizar o replanteo dun enrase pormenorizando os procesos de execución e tendo en conta a natureza do substrato, as mareas e as correntes.

* Describir de forma secuencial as operacións básicas na realización de enrases.

* Efectuar as operacións de enrase definidas, utilizando diferentes técnicas en función do equipamento dispoñible.

* Efectuar as operacións de replanteo de fondo para a colocación de bloques e/ou caixóns, tendo en conta o tipo de bloque, a natureza do fondo, as correntes e as mareas.

* Realizar a colocación de bloques seguindo o plan de traballo previsto.

* Interpretar o plano de execución dunha rampla varadoiro e preparar os elementos e os materiais para empregar na súa execución.

* Efectuar as instalacións básicas de emisarios e entubados de condución subacuática, así como as conexións e ancoraxes necesarias.

* Realizar as operacións de replanteo para un encofrado, tendo en conta as condicións do fondo e seleccionando o material adecuado ao tipo de obra.

* Realizar encofrados de madeira e metálicos seguindo o replanteo da obra.

* Realizar as operacións de formigonado dentro dun encofrado.

* Realizar operacións básicas de reparación e limpeza en túneles e comportas de presas e encoros, utilizando os equipamentos e as técnicas adecuadas.

* Planificar unha voadura submarina e identificar de forma secuencial todas as operacións para desenvolver.

* Realizar unha cuadrícula de perforación tendo en conta a natureza do material, as dimensións da estrutura rochosa e o obxectivo que se pretende.

* Seleccionar o tipo e a cantidade de explosivo, así como o tipo e o número de detonadores, en función do traballo que cumpra realizar.

* Realizar o esquema de tiro secuenciando as detonacións e determinando o número de tiros, para controlar a dirección da voadura e as vibracións que se producen no contorno.

* Aplicar o esquema de tiro colocando o explosivo e conectando de xeito correcto e seguro os detonadores para proceder á voadura.

* Aplicar as normas de seguridade relativas ao uso e ao transporte de explosivos.

* Planificar o tempo de mergullo e o tipo de datos para recoller ao longo dun transecto dado.

* Rexistrar os datos recollidos durante o transecto mediante toma de mostras e/ou fotografías segundo instrucións recibidas, indicando os puntos exactos na táboa de contorno e distancia á liña de recorrido.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Ferramentas.

* Selección adecuada das distintas ferramentas en función do tipo de traballo.

* Manexo correcto das distintas ferramentas manuais, como serras de madeira e de ferro, martelos, cortafríos, cisallas, chaves, parafusos, etc.

* Utilización correcta das ferramentas pneumáticas, como trades, cepillos, radiais, martelos rompedores e perforadores, chuponas de aire, globos elevadores, etc.

* Uso correcto das ferramentas hidráulicas, como radiais, martelos perforadores e rompedores, cisallas, trades, cepillos, lanzas de auga, chuponas de auga, etc.

Maquinaria.

* Descrición das características e das aplicacións das distintas máquinas que se poden empregar na construción de obras hidráulicas, como poden ser: pontóns, guindastres, gánguiles, dragas, retroescavadoras, formigoneiras, compresores de baixa presión e gran caudal, bombas de succión somerxibles, etc.

* Utilización correcta das máquinas de uso en obras hidráulicas.

Enrases.

* Realización do replanteo dun enrase.

* Dragaxe e vertedura de pedra.

* Trazado de liñas de referencia.

* Colocación de raís en liña e a cota.

* Nivelación de cimentacións de acordo co replanteo.

* Comprobación das cotas de enrase con diferentes métodos.

Colocación de bloques e caixóns.

* Procedementos de traballo con cargas suspendidas.

* Procedementos de embrague.

* Colocación de bloques e caixóns de formigón sobre un enrase.

* Inspección dun porto construído con bloques e/ou caixóns.

* Emisión dun informe técnico coas conclusións da inspección.

* Procedementos de comunicación co operador de guindastre de superficie na colocación de bloques e caixóns.

Construción dunha rampla varadoiro.

* Interpretación do plano de construción dunha rampla varadoiro.

* Colocación dos raís cos graos de inclinación establecidos.

* Inspección dunha rampla varadoiro.

* Emisión dun informe técnico coas conclusións da inspección do varadoiro.

Colocación de emisarios.

* Preparación do terreo: voadura, gabias, dragaxe, etc.

* Colocación dos distintos tipos de tubos requiridos para o tipo de traballo.

* Aplicación de diferentes conexións para unir entubados de condución e emisarios.

* Aplicación dos métodos de ancoraxe ao fondo seguindo o plan de traballo.

* Reparación de entubados aplicando o método máis axeitado.

* Colocación de distintos tipos de difusores.

* Inspección do tendido realizado e emisión do informe técnico.

Realización de encofrados.

* Realización dun replanteo para distintos tipos de cimentacións.

* Utilización de distintos tipos de encofrados.

* Construción dun encofrado de madeira

Formigóns.

* Control das operacións de formigonado baixo a auga.

* Manexo de masillas epoxídicas.

Encoros.

* Inspección de túneles e comportas de encoros e embalses, e emisión do informe técnico derivado desa inspección.

* Execución da limpeza e/ou reparación en túneles e comportas de encoros e embalses.

Coñecemento do medio.

* Utilización das táboas de mareas.

* Interpretación de cartas de navegación e portolanos.

* Realización de perfís de fondos.

* Utilización de sondas de profundidade.

* Construción dunha táboa de contorno a partir dos mapas batimétricos e oceanográficos.

* Recollida de mostras submariñas.

* Toma de fotografías submariñas.

Explosivos.

* Utilización de distintos tipos de explosivos en canteira.

* Utilización de cementos expansivos.

* Aplicación da regulamentación referida ao uso de explosivos.

Contidos conceptuais

Ferramentas. Tipos e aplicacións.

* Ferramentas manuais.

* Ferramentas pneumáticas.

* Ferramentas hidráulicas.

Maquinarias. Tipos e aplicacións.

* Compresores de baixa presión e gran caudal.

* Retroescavadoras.

* Dragas.

* Pontóns.

* Formigoneiras.

* Guindastres.

* Gánguiles.

* Bombas de succión.

Enriases. Elementos necesarios e fases de execución.

* Cotas.

* Dragaxe.

* Verteduras.

* Raís.

* Pértegas.

* Nivelacións.

* Tipos de pedra.

Características de bloques e caixóns flotantes.

* Bloques.

* Caixóns.

Varadoiro. Elementos e fases de execución.

* Cotas.

* Formigóns.

* Verteduras.

* Nivelación.

* Raís.

Emisarios. Características e tendido.

* Tipos de tubos.

* Conexións.

* Ancoraxes.

* Gabias.

* Reparacións.

* Difusores.

Encofrados. Características e fases de execución.

* Tipos de encofrados.

* Replanteos.

* Cimentacións.

* Líquidos desencofrantes.

Formigón somerxido.

* Compoñentes do cemento.

* Tipos de formigón.

* Técnicas de aplicación do formigón baixo a auga.

* Precaucións no uso do formigón.

* Masillas epoxídicas.

Coñecemento do medio subacuático.

* Natureza do fondo mariño.

* Características dos encoros e as esclusas.

* Correntes e mareas.

* Sondas.

* Cartas e portolanos.

* Batimetrías.

* Recoñecemento fotográfico e físico dos principais grupos de organismos acuáticos: algas, esponxas, cnidarios, equinodermos, crustáceos e peixes.

* Transecto: definición e aplicacións.

Explosivos.

* Tipos de explosivos.

* Tipos de detonadores: eléctricos e non eléctricos.

* Cordón detonante. Usos e aplicacións

* Explosores. Usos e aplicacións.

* Cementos expansivos.

* Voaduras submarinas.

* Regulamentación.

* Sistemas de perforación.

Contidos actitudinais

* Aplicar as normas de seguridade no uso das distintas ferramentas, tanto manuais como pneumáticas ou hidráulicas.

* Darlles un trato coidadoso a todas as ferramentas durante o traballo.

* Adozar e engraxar diariamente de xeito sistemático todas as ferramentas utilizadas na auga.

* Recoller e estibar todo tipo de mangueiras e ferramentas ao finalizar as operacións de mergullo.

* Antes de saír da auga, deixar clara a manobra para a seguinte parella de mergulladores.

* Precaución no manexo de explosivos.

* Consideración das normas de seguridade nas voaduras.

* Atención á parella cando se traballa con ferramentas ou maquinarias baixo a auga.

* Coidado dos bos acabamentos dos traballos.

* Pulcritude na aplicación da metodoloxía de mostraxe e rexistro de datos ao longo dun transecto dado.

3.2.4. Módulo profesional 4: reparacións en flotación e reflotamentos.

Asociado á unidade de competencia 4: efectuar traballos subacuáticos de reparación en flotación e reflotamentos.

Capacidades terminais elementais

* Planificar consonte a normativa específica as operacións de reparación de buques e estruturas flotantes.

* Describir e esquematizar as distintas partes do buque, da monoboia de transferencia de combustibles e doutras estruturas flotantes.

* Identificar e manexar os elementos de manobra empregados nas operacións de reparación e salvamento de buques.

* Identificar e manexar as ferramentas específicas empregadas nos labores de reparación e reflotamento de buques e estruturas flotantes.

* Manter en estado operativo os elementos de manobra e as ferramentas.

* Describir a función técnica de traballo e manexo dos equipamentos visuais e electrónicos empregados na inspección de estruturas flotantes e somerxidas.

* Inspeccionar e avaliar estruturas flotantes e afundidas, e elaborar o informe técnico pertinente.

* Planificar as operacións para efectuar cando cumpra un taponamento e estancamento, e describir os

materiais, as ferramentas e os equipamentos que hai que utilizar, así como os riscos inherentes á actividade.

* Realizar taponamentos e estancamentos utilizando os medios e os materiais adecuados e aplicando as normas de seguridade.

* Planificar as operacións que cumpra efectuar ante diferentes situacións de reflotamento e salvamento de buques e estruturas flotantes, así como describir os equipamentos e as ferramentas para utilizar e os riscos inherentes á actividade.

* Realizar reflotamentos e salvamentos de buques e estruturas flotantes utilizando os medios adecuados e aplicando as normas de seguridade.

* Identificar as distintas partes da monoboia e montar e desmontar as mangas flotantes e somerxidas.

* Analizar os puntos críticos do conxunto da monoboia para o seu correcto funcionamento.

* Describir as operacións de amarre e desamarre do petroleiro á monoboia.

* Planificar o manexo de substancias inflamables interpretando e aplicando as normas de seguridade específicas.

* Reparar as avarías máis comúns na obra viva de buques e estruturas flotantes.

* Limpar a obra viva de buques e estruturas flotantes utilizando os medios máis adecuados en función do nivel de limpeza requirido.

* Manter en perfecto estado aqueles elementos da obra viva susceptibles de desgaste, con garantía da súa operatividade.

* Planificar as operacións de reflotamentos e salvamentos de buques e estruturas flotantes interpretando e aplicando correctamente as normas de seguridade.

* Describir as funcións técnicas de traballo dos elementos que se empregan na botadura dun buque ou dunha estrutura flotante e realizar correctamente a manobra para a súa recollida.

* Relacionar os riscos ambientais nas operacións de reparación, transferencia de combustible e salvamento coas medidas preventivas e correctoras que garantan a protección do medio natural.

* Realizar as manobras de apoio a mergulladores e goberno de embarcación de servizo relacionando a capacidade evolutiva e as condicións de mar e tempo reinantes.

* Arranchar a embarcación a son de mar, analizando e avaliando a predición local do estado do mar e tempo atmosférico das próximas 12 horas.

* Explicar as técnicas de navegación en zonas costeiras utilizando a carta náutica, marcacións terrestres e axudas á navegación.

* Describir as características dos fenómenos oceanográficos que afectan ao mergullo.

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

Teoría do buque e manobra.

* Cálculos de estabilidade estática do buque ou da estrutura flotante.

* Dominio e manexo de estachas, cabos, gazas e costuras.

* Dominio e manexo de cables e grillóns.

* Dominio e manexo de motóns, aparellos e polipastos.

* Usos e aplicacións dos distintos artefactos que se poden utilizar en manobras de salvamento, como poden ser: pontóns, cabrias, gabarras, flotadores, botes, etc.

* Aplicación de distintos sistemas de embrague de obxectos, tanto en superficie como baixo a auga.

Manobras e navegación.

* Interpretación de previsións meteorolóxicas: estado do mar e tempo atmosférico.

* Manobra de atraque de embarcación de servizo.

* Navegación costeira.

Reparacións en flotación.

* Realización de inspeccións visuais, fotográficas e con circuíto pechado de televisión dalgún artefacto ou buque fundido.

* Emisión do informe técnico de cada inspección realizada.

* Medicións de potencias e de grosores catódicos.

* Limpezas de carenas, reixas e hélices, utilizando distintos sistemas.

* Descrición técnica dun cambio de ánodos e dun cambio de hélice.

* Aplicación de distintos sistemas de taponamentos de vías de auga nunha embarcación en flotación, aplicando os elementos de reparación necesarios en cada situación.

Técnicas e elementos básicos aplicados en salvamentos.

* Descrición do procedemento de colocación e usos dun pallete de colisión.

* Manexo e aplicación de distintos tipos de turafallas.

* Descrición do procedemento de aplicación do sistema cofferdam para reflotamentos.

* Manexo e aplicación de distintos elementos de taponamento e reflotamentos, como paneis, flotadores, masillas, apontoamentos, formigóns, etc.

* Dominio e manexo de bombas de achicamento.

* Aplicación dos sistemas de corte e soldadura nas operacións de salvamento de buques e reparacións en flotación.

* Taponamentos de vías de auga, utilizando os elementos específicos e as técnicas requiridas en cada caso.

* Reflotamentos de estruturas somerxidas ou embarcacións afundidas, utilizando os elementos e os sistemas adecuados a cada situación.

* Inspección e elaboración dun informe técnico da deterioración que presenta un buque ou unha estrutura somerxida.

Contidos conceptuais

Teoría do buque.

* Nomenclatura.

* Estrutura do buque.

* Estabilidade.

Manobra.

* Nós, gazas, empalmes, axuste de cabos e embragues.

* Estachas, cabos, gazas e costuras.

* Cadeas, cables e grillóns.

* Motóns, aparellos e polipastos.

Oceanografía e navegación.

* Correntes.

Mareas.

* Olas e rompentes.

* Escandallos.

* Equipamentos de posicionamento.

* Cartas de navegación.

* Regulamento internacional para a prevención das abordaxes no mar.

Tipos de ferramentas e as súas aplicacións.

* Pneumáticas.

* Hidráulicas.

* De corte e soldadura.

* Manuais.

* Electrónicas.

* De explosión.

Reparacións en flotación.

* Inspección visual, fotográfica e con circuíto pechado de televisión.

* Medicións: manuais, de grosores e de potenciais catódicos.

* Limpezas de carenas, reixas e hélices.

* Cambios de ánodos.

* Cambio e reparación de hélices.

* Taponamentos en flotación.

Elementos e artefactos auxiliares para reparacións e salvamentos.

* Pontóns, cabrias, gabarras, guindastres e botes.

* Globos.

* Compresores de aire.

* Bombas de achicamento.

* Xeradores.

* Remolcadores.

* Elementos de embrague.

* Palletes de colisión.

* Turafallas.

* Cofferdams.

* Paneis de taponamento.

* Masillas de epoxi.

* Puntais, traveseiros e soleiras.

* Formigóns.

* Bombas de achicamento

* Flotadores ríxidos e elásticos.

Equipamentos de imaxe e as súas aplicacións.

* Cámara de fotos.

* Circuíto pechado de televisión (CPTV).

* Vídeo.

Operacións de reparación e salvamento.

* Limpeza: materiais e elementos.

* Ánodos de sacrifico.

* Tipos de taponamentos de tomas e descargas de auga de mar.

* Reixas, carenas, hélices e temóns.

* Salvamento de estruturas varadas, afundidas en mar aberto, afundidas en zonas portuarias e en flotación.

Normativa xeral das compañías aseguradoras de buques.

* Xeneralidades.

Contidos actitudinais

* Rigor na aplicación das normas de seguridade en todas as operacións de salvamento de buques e reparacións en flotación.

* Nas inspeccións no interior de buques afundidos, entrar sempre atado cun cabo guía e un compañeiro na entrada co cabo guía na man.

* Extremar as precaucións traballando con cables, estachas e cabos, xa que poden romper.

* Nas inspeccións dos cascos, avisar o capitán ou o xefe de máquinas para que paren motores, aspiracións, sonares, sondas, etc.

* O mergullador que observe o seu compañeiro de parella atrapado nunha aspiración non tratará de liberalo, senón que sairá rapidamente á superficie, para avisar a cuberta e parar as aspiracións.

* Cando se usen ferramentas pneumáticas ou hidráulicas, terase especial coidado de non derramar líquidos hidráulicos.

* Especial atención en non contaminar o medio mariño nas manobras de limpeza de cascos e salvamentos.

3.2.5. Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

Asociado á unidade de competencia 5: realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identificar a forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e as características da actividade económica da empresa.

* Determinar a localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estrutura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudo de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identificar os trámites administrativos e os requisitos formais que se exixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identificar as fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determinar as necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formalizar a documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Definir as obrigas mercantís, fiscais e laborais exixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identificar os impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplicar as técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identificar as ofertas de produtos ou servizos máis vantaxosas con relación ao prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describir as formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización e os plans de investimento, de financiamento e de comercialización, así como a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos exixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos asumibles, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferenzas respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, elaboración de diferentes documentos (factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo), e explicación da finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de produtos ou servizos existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de venda.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan a empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudo económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno.

* Estrutura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas.

* Forma xurídica da empresa: empresario individual, sociedades mercantís e cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa.

* Financiamento da empresa: con fondos propios e con recursos alleos; subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal.

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa.

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial.

* Produto ou servizo: características e requisitos.

* Función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* Función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* Distribución do produto: canles e modalidades.

* Comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ao cliente e servizos posvenda.

Obrigas fiscais.

* Calendario fiscal.

* Principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estrutura organizativa e funcional.

* Rigor na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na procura e no tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na procura dos xeitos de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do produto ou servizo.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional: fisiopatoloxía do mergullo e asistencia sanitaria de urxencia a mergulladores.

Capacidades terminais elementais

* Analizar a influencia da inmersión nos sistemas e nos aparellos do corpo humano.

* Recoñecer as respostas do organismo en situacións de inmersión.

* Analizar a sintomatoloxía do mergullador nos accidentes disbáricos e darlle prioridade á aplicación das medidas de auxilio necesarias ata a intervención médica.

* Analizar a sintomatoloxía do mergullador nos accidentes non disbáricos e darlle prioridade á aplicación das medidas de auxilio necesarias ata a intervención médica.

* Aplicar correctamente as técnicas de primeiros auxilios ante calquera continxencia.

* Aplicar correctamente as medidas de soporte vital básico (incluíndo o manexo do DESA) ante unha situación de parada cardiorrespiratoria.

* Interpretar correctamente as táboas de tratamento en accidentes de mergullo e aplicar as táboas de tratamento con aire, baixo a dirección do médico especialista.

* Elaborar o plan que active unha emerxencia e evacuación, con descrición das situacións que o requiran.

* Formalizar o informe do accidente de mergullo utilizando a terminoloxía profesional.

* Planificar e realizar a revisión e actualización da caixa de urxencias de primeiros auxilios que deben existir nos diferentes centros de traballo e que a norma regula.

* Realizar a exploración do pulso, a temperatura, a respiración e a presión arterial, recoñecendo e describindo as constantes vitais observadas no doente.

* Realizar a exploración da pel, os ollos, os oídos, o nariz, o abdome e as extremidades, recoñecendo e describindo o estado xeral do doente.

* Seleccionar a protección máis axeitada que se lle debe aplicar ao doente, ao socorrista e ás testemuñas para evitar os sobreaccidentes.

* Seleccionar as diversas canles de comunicación, tanto internas como externas, en función do nivel de emerxencia.

* Aplicar a respiración artificial con métodos manuais ou bucais, como boca a boca ou boca a nariz, para provocar a ventilación pulmonar pausadamente e cun ritmo regular

* Aplicar a masaxe cardíaca para manter o bombeo e, xa que logo, a circulación do sangue.

* Enumerar as precaucións e medidas para tomar no caso de hemorraxias internas e externas, contusións e feridas.

* Aplicar as técnicas de contención das hemorraxias arteriais ou venosas, tanto internas como externas, a través de torniquetes, así como as técnicas de atención ás contusións en cabeza, tórax e abdome, e as técnicas de tratamento de feridas na pel por medio de suturas, tendo en conta as constantes vitais e o estado xeral do doente.

* Enumerar as precaucións e as medidas para tomar no caso de lesións de tipo muscular, como escordaduras e luxacións, e no caso de fracturas óseas.

* Aplicarlles técnicas de inmobilización, como férulas e vendaxes, ás lesións musculares e óseas de brazo, cóbado, antebrazo, man, dedo, fémur, rótula, perna, nocello, clavícula, costela, columna vertebral, cranio, mandíbula, cara e pelve.

* Enumerar as precaucións e as medidas para tomar no caso de queimaduras tendo en conta a súa extensión, profundidade (primeiro grao, segundo grao e terceiro grao), lugar afectado, idade e estado físico do doente.

* Enumerar as precaucións e as medidas que se tomarán no caso de corpos estraños nos ollos, nos oídos, nas vías respiratorias e en feridas.

* Transportar doentes e accidentados con medios terrestres e aéreos utilizando padiolas tipo Neil-Robertson, colchón de baleirado e padiolas improvisadas, ou colocando o doente ou accidentado nas angarellas con procedemento manual.

* Administrar medicamentos por vía oral, rectal, mucosa, cutánea e parenteral (inxección intramuscular, subcutánea ou intravenosa), con observación das complicacións que poidan xurdir na preparación e na subministración.

* Aplicar vendaxes en rolo, vendaxe de catro cabos, triángulo, esparadrapo, tubo de malla elástica á cabeza e á cara, aos membros superiores, ao pescozo e á axila, á cadeira, ás éngoas e aos membros inferiores.

* Realizar a toma de datos necesarios para poder establecer a consulta médica correspondente.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Realización dunha exploración física xeral, con recoñecemento e rexistro de anomalías.

* Medición, toma e rexistro de constantes vitais.

* Elaboración do plan de emerxencia e evacuación e simulacro de activación.

* Organización dunha caixa operativa de urxencias.

* Ensamblaxe e manexo dun equipamento de osixenoterapia normobárica.

* Utilización do servizo radiomédico.

* Simulación dunha reanimación cardiopulmonar básica.

* Utilización dun desfibrilador semiautomático.

* Realización dunha sutura simple.

* Realización dunha inmobilización utilizando distintos medios.

* Aplicación das medidas necesarias para contención dunha hemorraxia.

* Tratamento inicial das queimaduras.

* Tratamento inicial dunha hipotermia.

* Técnicas de acceso a unha vía periférica.

* Colocación de inxectables subcutáneos, intramusculares e intravenosas.

* Utilización de sistemas e material médico en medio hiperbárico

* Interpretación correcta das táboas de tratamento en accidentes de mergullo.

Contidos conceptuais

Anatomía e fisioloxía básicas.

* Sistema óseo-muscular.

* Sistema nervioso.

* Aparello respiratorio.

* Aparello cardiocirculatorio.

* Oído e vista.

* Outros aparellos e sistemas do corpo humano.

Adaptacións do corpo humano ao mergullo.

* Influencia da inmersión na fisioloxía humana.

* Respostas orgánicas do organismo humano á inmersión.

Patoloxía do mergullo.

* Accidentes disbáricos.

-Por modificación do volume dos gases.

-Por modificación no comportamento dos gases.

-Efectos tóxicos dos gases respirados.

-Accidentes mecánicos: fallos do equipamento de mergullo, estoupido de recipiente hiperbárico, etc.

* Accidentes non disbáricos.

-Fallos de adaptación ao medio.

-Lesións traumáticas.

* Plan de emerxencia: institucións, organismos e recursos materiais e humanos que interveñen en situacións de emerxencia.

Tratamento en cámara hiperbárica dos accidentes da mergullo.

* Fundamento teórico.

* Táboas de tratamento con aire.

* Táboas de tratamento con osíxeno.

* Outras táboas de tratamento.

Primeiros auxilios.

* Reanimación cardiopulmonar básica (RCP).

* Traumatismos abertos e pechados: cranial, torácico e abdominal.

* Fracturas.

* Hemorraxias. Shock.

* Feridas.

* Queimaduras.

* Material utilizado en primeiros auxilios.

Contidos actitudinais

* Correcta medida e rexistro das constantes vitais.

* Correcta organización secuencial do traballo en situación de emerxencia.

* Correcta utilización das medidas hixiénico-sanitarias co instrumental sanitario.

* Interpretación adecuada da regulamentación vixente.

* Valoración da importancia que ten que o mergullador actúe con rigor na súa actividade.

3.4. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analizar as actuacións que se deben seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as capacidades e os intereses propios, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo en relación coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, e investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

O sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

3.5. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración 440 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1Elaborar e interpretar plans de traballo cun óptimo aproveitamento dos recursos humanos e materiais, co fin de obter o máximo rendemento.* Determinación dos recursos humanos e materiais necesarios, de acordo co tipo de traballo, a técnica de inmersión e a normativa de seguridade vixente.

* Planificación do traballo que se vai realizar, despois de efectuada a correspondente inspección cos elementos previamente seleccionados.

* Seguimento da execución do plan de traballo e o seu replanteo en caso de que as condicións o requiran.

2Realizar traballos subacuáticos de maneira que se cumpran os obxectivos establecidos, utilizando a técnica de inmersión e as ferramentas adecuadas, e aplicando con rigor a normativa de seguridade.* Verificación do desenvolvemento das actividades de traballo conforme a normativa de seguridade específica.

* Preparación correcta dos equipamentos na zona de traballo, de acordo coa técnica de inmersión requirida.

* Preparación correcta de ferramentas e elementos auxiliares na zona de traballo, de acordo co tipo de tarefa que se realice.

* Verificación da correcta execución das operacións consonte o plan de traballo, cumprindo os obxectivos e coa calidade requirida.
* Aplicación das medidas correctoras correspondentes, cando o exixan as condicións de traballo.

3Realizar as tarefas de mantemento dos equipamentos e das plantas de mergullo e o material auxiliar, utilizando as ferramentas e a información técnica subministrada polo fabricante.* Interpretación das instrucións de mantemento, tanto preditivo como preventivo ou substitutivo.

* Identificación dos elementos que conforman o equipamento.

* Selección e preparación dos instrumentos necesarios para o proceso de mantemento.

* Substitución de elementos dos equipamentos e material auxiliar para a súa correcta operatividade.

* Comprobación do óptimo funcionamento de equipamentos e elementos auxiliares tras a posta en servizo.
* Rexistro das operacións efectuadas e elaboración, en caso necesario, do informe correspondente.

4Planificar o traballo aplicando as normas e os procedementos establecidos en materia de seguridade, hixiene e ambiente.* Identificación dos riscos asociados ás instalacións e aos equipamentos.

* Utilización dos equipamentos de protección individual nas operacións de mergullo, en relación cos seus riscos.

* Aplicación das normas de seguridade específicas para manter operativos os equipamentos de protección individual.
* Participación no protocolo de evacuación e emerxencia en caso de accidente.
* Participación activa na protección ambiental, evitando verteduras contaminantes relacionadas coas operacións de mergullo e co mantemento de equipamentos e de maquinaria.

5Comportarse de xeito responsable no centro de traballo e integrarse no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.* Interpretación e execución das instrucións recibidas, responsabilidade co traballo desenvolvido e comunicación eficaz coa persoa adecuada en cada momento.

* Organización e execución do seu traballo de acordo coas instrucións recibidas, con criterios de calidade e seguridade e demostrando un bo facer profesional.

* Actitude de respecto aos procedementos e ás normas internas da empresa, así como aos seus compañeiros de traballo, tanto de maior como de menor rango.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de mergullo a media profundidade.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Inmersión a media profundidade(1)(1)

2Procedementos de corte e soldadura subacuáticosMáquinas, servizos e produción.Profesor técnico de FP.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

3Traballos subacuáticos de obras hidráulicas e con explosivos.(1)(1)

4Reparacións en flotación e reflotamentos.Máquinas, servizos e produción.Profesor técnico de FP.

5Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.Formación e orientación laboral.Profesor de ensino secundario.

6Fisiopatoloxía do mergullo e asistencia sanitaria de urxencia a mergulladores.(1)(1)

7Formación e orientación laboral.Formación e orientación laboralProfesor de ensino secundario.

(1) Para a impartición deste módulo profesional cómpre un profesor especialista dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundaro

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para os efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de mergullo a media profundidade require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m35%

Taller de mergullo/embarcación240 m180 m45%

Piscina (4m de profundidade)25 m de longo25 m de longo20%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións, correspondencias e acceso ao bacharelato.

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Inmersión a media profundidade.

* Procedementos de corte e soldadura subacuáticos.

* Traballos subacuáticos de obras hidráulicas e con explosivos.

* Reparacións en flotación e reflotamentos.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Inmersión a media profundidade.

* Procedementos de corte e soldadura subacuáticos.

* Traballos subacuáticos de obras hidráulicas e con explosivos.

* Reparacións en flotación e reflotamentos.

* Formación en centro de traballo

* Formación e orientación laboral.

4.3.3. Modalidades do bacharelato ás que da acceso.

Tecnoloxía.

Ciencias da natureza e da saúde.

4.4. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

240Inmersión a media profundidade

Horas totaisDenominación dos módulos

110Procedementos de corte e soldadura subacuáticas

160Reparacións a flote e reflotamentos

185Traballos subacuáticos de obras hidráulicas e con explosivos

80Fisiopatoloxía do mergullo e asistencia sanitaria de urxencia a mergulladores

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

55Formación e orientación laboral

4º trimestre

440Formación en centro de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 50 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.